Galixfera.com o portal galego de información e servicios
Predicción del tiempo en el municipio de Mesía
Provincia de A Coruña.

Data: Sabado 19 Domingo 20 Lunes 21 Martes 22 Miercoles 23 Jueves 24 Viernes 25
Hora: 12-24 00-06 06-12 12-18 18-24 12-24 00-06 06-12 12-18 18-24 12-24 12-24
Precipitaciones: 100% % 100% 100% 100% 100% 100% 100% 90% 40% 80% 45% 75% 90% 35%
Estado del cielo: tiempo tiempo tiempo tiempo tiempo tiempo tiempo tiempo tiempo tiempo tiempo tiempo tiempo tiempo tiempo
Velocidade do vento: 10 0 0 10 5 10 5 10 0 10 10 10 20 10 5
Dirección vento: 10 0 0 10 5 10 5 10 0 10 10 10 20 10 5
Temp. min.: 8 7 6 6 7 5 7
Temp. max.: 13 13 13 16 15 16 18
O MÁIS LEIDO

O inicio do xuízo contra unha rede que roubaba coches de luxo aprázase ata febreiro
O inicio do xuízo contra unha rede que roubaba coches de luxo, a coñecida como 'Operación Bocarte', quedou este mércores aprazada ata previsiblemente, o próximo mes de febreiro. Os motivos, a incomparecencia de varios dos citados a declarar e a presenza dun dos que fora considerado en paradoiro descoñecido.
Un xulgado condena a NCG a cesar a colocación de preferentes sen información 'axeitada' e 'comprensible'
O xulgado de Primeira Instancia número 11 de A Coruña, tras admitir a trámite unha demanda colectiva presentada pola Fiscalía contra NCG Banco e dúas sociedades mercantís (que xestionan a emisión de participacións preferentes) vinculadas á entidade, ditou sentenza na que condena á entidade a que "cese e, ademais comprométase no futuro a evitar calquera actuación que non responda a unha axeitada información suficiente, comprensible e adaptada ás circunstancias do investidor, en materia de participacións preferentes".
Arias Mosquera avisa de que non haberá novo modelo produtivo sen cambiar o educativo e pide un pacto pola educación
Espera "en prazo breve" elevar "substancialmente" a acción da Barrié grazas ao "aumento da rendibilidade" da participación no Popular Calcula "un máximo de dous anos" para concluír a restauración do Pórtico da Gloria, eliminando antes "as humedades da fachada"
A cúpula de Pescanova ideou e executou prácticas para ocultar a súa débeda, segundo o informe 'forensic'
O informe 'forensic' realizado por KPMG para determinar a situación de Pescanova revela que nos últimos exercicios se deseñaron e executaron prácticas contables para ocultar débeda, e que estas prácticas eran "instruídas, executadas, levadas a cabo ou coñecidas, en maior ou menor medida", por membros da cúpula directiva.
O Banco de España cuestionou en 2009 a viabilidade de Caixa Galicia e alertou do risco inmobiliario en Caixanova
Un informe indica que os primeiros "síntomas de deterioración" na caixa de A Coruña manifestáronse a inicios de 2007
Noticias publicadas:
Medio confirma a redución da cota de visitas ás Cíes, pero non entrará en vigor este verán
Advirte as navieiras de que "hai que cumprir" a lexislación e promete a "máxima vixilancia" cos recursos dispoñibles

VIGO, 5 (EUROPA PRESS)

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta, confirmou este mércores que hai unha proposta (no borrador do Plan Reitor de Usos e Xestión, PRUG, do Parque Nacional Illas Atlánticas) para reducir a cota de visitantes.

Así o sinalou o director xeral, Ricardo García Borregón, nunha rolda de prensa na que deu a coñecer as actividades da sede do parque. A preguntas dos xornalistas, García Borregón confirmou que existe unha proposta para reducir a cota, que actualmente está en 2.200 visitantes (máis os campistas), aínda que a devandita proposta "non é definitiva", toda vez que o PRUG aínda non foi aprobado, e haberá que facer "un estudio da capacidade de carga".

"Non se reduce nada por reducir", apostilou o director xeral, quen recordou que o obxectivo da administración é "conxugar" os usos públicos do Parque Nacional coa conservación do medio. Así mesmo, referiuse tamén ao "equilibrio" entre esa conservación e a práctica de actividades como a pesca tradicional, fronte á cal, a Xunta está a ser "tolerante".

O responsable de Conservación da Natureza tamén mencionou o "control" ás empresas navieiras que transportan aos visitantes ás illas. A ese respecto, apuntou que "hai unha lexislación vixente que hai que facer cumprir" e "para os que cometan unha irregularidade hai procedemento sancionador". "Teremos a máxima vixilancia cos medios cos que contamos", matizou.

APROBACIÓN DO PRUG

Con respecto ao PRUG, Ricardo García Borregón recordou que o Parque Nacional "ten moitas figuras de protección" e que, antes de que se aprobe este documento, deberá ver a luz o Plan Director de Rede Natura. "É certo que hai atraso", recoñeceu, aínda que matizou que ese plan director está na "súa última fase" e poderá ser aprobado "nun ou dous meses".

"O PRUG aprobarase posteriormente", apuntou, e engadiu que, unha vez cubertas estas fases, "se abre outro escenario", posto que o Goberno está a preparar unha nova normativa sobre Parques Nacionais, que inclúe directrices para a elaboración dos plans reitores de usos e xestión.

Por outra banda, a preguntas dos xornalistas, referiuse ás críticas polas novas explotacións mineiras en Galicia, e limitouse a recordar que os permisos para actividades industriais como estas son "procedementos regulados". "Temos unha normativa ambiental moi estrita, coa que hai que ser respectuosos", engadiu.

ACTIVIDADES

García Borregón, que estivo acompañado na rolda de prensa polo director do parque, José Antonio Fernández Bouzas, e pola delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, repasou as actividades realizadas e as previstas na sede do Parque Nacional Illas Atlánticas, no edificio Cambón del Casco Vello de Vigo.

Dende a súa apertura, hai case seis meses, a sede recibiu máis de 9.000 visitas, e desenvolveu numerosas actividades de carácter educativo-divulgativo e lúdico: visitas guiadas, actividades de voluntariado, cursos e charlas formativas, concursos, cuentacuentos, documentais, actividades subacuáticas, xornadas técnicas, etc.

Na tempada de verán, este parque nacional acollerá numerosas actividades, entre elas, excursións guiadas, paseos fotográficos, un curso de 'snorkel', actividades de kaiak, ou cursos para guías.

En liberdade con cargos os 8 detidos do 'clan dos Piturros' por branqueo de capitais procedentes do narcotráfico
VILAGARCÍA DE AROUSA (PONTEVEDRA), 5 (EUROPA PRESS)

As oito persoas detidas polo Servizo de Vixilancia Aduaneira no marco da 'Operación Cisne' contra o branqueo de capitais procedentes do narcotráfico quedaron en liberdade con cargos tras prestar declaración ante o titular do Xulgado de Instrución Número 2 de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

As detencións producíronse o martes en varias localidades da bisbarra de Arousa. Segundo sinalou o fiscal do caso, ademais de deter oito persoas no marco desta operación realizáronse diversas incautacións en varias vivendas e negocios que, de momento, asegurou non poder revelar por estar aínda suxeitas ao segredo de sumario.

Entre os detidos que este mércores prestaron declaración figura o patriarca do 'clan dos Piturros', Manuel Vázquez Vázquez, de 69 anos, e o seu fillo Juan Carlos Vázquez. Foi este último, precisamente, quen no momento no que abandonaba o xulgado vilagarciano e sen retirarse da cabeza a chaqueta coa que cubría o seu rostro, se dirixiu aos xornalistas para asegurar a berros que toda a operación era unha montaxe e que con ela se estaba a arruinar a toda unha familia que traballaba legalmente, con contratos e afiliación á Seguridade Social.

O 'clan dos Piturros' é un dos máis activos do narcotráfico galego e dos que conta cun maior historial de causas relacionadas co tráfico de drogas. Varios dos seus membros víronse envolvidos en diversas causas relacionadas co transporte de cocaína por vía marítima.

Información elaborada por la Agencia Estatal de Meteorología. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

Predicciones en 315 municipios de Galicia.

Deben interpretarse como la tendencia más probable de la evolución meteorológica en los próximos 7 días.

La "Predicción por horas" presenta la información de hora en hora hasta 48 horas después de la hora nominal de actualización de los modelos numéricos (00, 06, 12 y 18 UTC), mientras que la "Predicción 7 días" abarca el período completo.

Se generan de forma automática mediante el tratamiento estadístico de los resultados de modelos numéricos de predicción. Esto puede dar lugar a que, ocasionalmente, haya diferencias entre la "Predicción por horas" y la "Predicción 7 días", pues son elaboradas con modelos diferentes, o entre ellas y otras predicciones realizadas por la Agencia, que son elaboradas por predictores que interpretan y adecuan los resultados de los modelos.

La selección se hace por municipios y la información que se presenta son predicciones para la capital del municipio, dado que algunos términos municipales tienen una amplia extensión geográfica, así como diferencias de altura sensibles, algunos de los datos previstos pueden variar de un lugar a otro del mismo.