Galixfera.com o portal galego de información e servicios

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes

Noticias publicadas:
Remolcan a Bilbao un buque que transporta asfalto que quedou á deriva fronte á Costa da Morte por unha avaría
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

Un buque de bandeira turca que transporta asfalto está sendo remolcado ata Bilbao tras quedar á deriva fronte á Costa da Morte por un problema na máquina.

Segundo informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, ás 7.30 horas do mércores recibiuse o aviso de que o buque 'Firdes', de bandeira turca, tiña unha avaría mecánica na máquina cando se atopaba a 25 millas ao Noroeste de Cabo Vilán.

Tras intentar nun primeiro momento reparar a avaría, finalmente o armador decidiu contratar un remolque comercial, que realiza dende as 9.00 horas deste xoves o remolcador 'Ría de Vigo'.

O buque turco, que transporta asfalto, diríxese "sen problemas" cara a Bilbao, a onde se prevé que chegue nun par de días, aproximadamente, segundo indicaron as mesmas fontes.



Detidos seis mozos por 18 roubos cometidos entre abril e xuño en varios municipios ourensanos
OURENSE, 6 (EUROPA PRESS)

A Garda Civil de Ourense detivo seis mozos de 21, 23, 24 e 32 anos en relación a 18 roubos cometidos entre os meses de abril e xuño en varios municipios ourensanos.

Segundo informa o Instituto Armado, no marco da denominada 'Operación Casillas' foron detidas seis persoas. Tres de elas, U.S.M, de 23 anos e veciño de Ourense; e J.S.C., de 23 anos, e F.S.C., de 24 anos, veciños de Untes, como presuntos autores de 18 roubos cometidos entre os meses de abril e xuño.

A estes tres atribúenselles roubos en Gullfar (Coles), Garabatos (Amoeiro), Readegos, Santa Mariña (Coles), Carracedo (Coles), Pena de Readegos (Vilamartín), Pazo do Rego (Vilamartín), Formigueiro(Amoeiro), Arbor (Vilamartín), Estación Barbantes (Cenlle), Ribadavia, A Grova (Ribadavia), Astariz (Castrelo do Miño), Asociación xuvenil en Laias, Mugares (Toén) e Casardomato (Santa Cruz de Arrabaldo).

En todos os roubos se apoderaban de maquinaría agrícola, ferramentas e ferralla que, posteriormente, vendían nunha chatarrería ou intercambiaban por outros obxectos.

Ademais, foron arrestados C.S.M., de 21 anos; P.D.Q., de 23 anos de idade, e J.I.N., 32 anos, todos veciños de Santa Cruz de Arrabaldo, como presuntos autores dun delito de receptación.

A operación continua aberta e non se descartan mais detencións, segundo indica a Garda Civil.