Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Agustín Hernández (PPdeG) pide que o proceso 'remate o máis rápido posible' e que 'quen a fixo, a pague'

Fuente: Europa Press | Publicado: 01-02-2014
Derechos: Europa Press
O vicesecretario xeral do PPdeG e conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mostrou o seu desexo de que o proceso xudicial que investiga a Operación Pokémon "remate o máis rápido posible" e de que "por suposto""quen a fixo a pague".

Preguntado polos medios de comunicación sobre o levantamento parcial do sumario deste caso que investiga o Xulgado número 1 de Lugo, Hernández considerou que, "polo ben da sociedade, da clase política e da propia Xustiza", é "necesario" que este proceso "teña unha resolución o máis rápida posible".

Así mesmo "mentres non se produce esa resolución" o dirixente popular se mostrou partidario de "facer un esforzo por non facer xuízos paralelos, por non condenar persoas que non están procesadas nin condenadas".

"En todo caso, insisto, que o proceso remate o máis rápido posible e que polo seu posto, que quen a fixo, a pegue,", apostilou o vicesecretario xeral dos populares galegos.
Galixfera s.l. - Versión para imprimir. - Licencia