Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Besteiro esixe que Feijóo actúe con Mosquera 'conforme ao suposto código ético que di aplicar', que 'parece morno'

Fuente: Europa Press | Publicado: 01-02-2014
Derechos: Europa Press
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este sábado á situación da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, para esixir que "que é responsabilidade de quen está a gobernar, de Núñez Feijóo, actuar conforme a ese suposto código ético que di aplicar con contundencia e que, ás veces, parece máis ben morno na súa aplicación".

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) decidiu "deixar sen efecto" o ascenso a xefe do servizo de cirurxía xeneral e aparato dixestivo de Manuel Bustamante, marido da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, a raíz da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que cuestionou este nomeamento por "desviación de poder" e "falta de motivación clamorosa".

Preguntado polos medios este sábado en Santiago antes de participar nunha xornada con diversos cargos socialistas sobre política municipal, Besteiro advertiu de que "non sería bo que a Xunta de Galicia utilizase unha vía huidiza de escapismo ante esta situación".

Sobre este extremo, Besteiro avisou que "cando hai desviación de poder hai desviación de poder", polo tanto "implica que alguén que exercía o poder o desviou de forma torticera".
Galixfera s.l. - Versión para imprimir. - Licencia