Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Un novo sistema permitirá controlar en Galicia a localización dos autobuses e se cumpren os horarios

Fuente: Europa Press | Publicado: 30-01-2014
0 comentarios | Votos: 247 | Nota: 1 |
O Goberno galego avaliou este xoves o proceso de desenvolvemento tecnolóxico dos servizos de transporte de viaxeiros, que incluirá aplicacións "novidosas" como un sistema que permitirá, por exemplo, controlar a localización, o cumprimento dos horarios ou calquera incidencia dos autobuses de transporte público na comunidade.

Anunciouno o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde explicou que o seu Executivo, a través da Consellería de Medio Ambiente e da Axencia Tecnolóxica de Galicia (Amtega), ten en marcha un plan de modernización das concesións de transporte público regular de uso xeral.

O presidente sinalou que o sector dá servizo anualmente a 25 millóns de usuarios, mediante unha flota de máis de 1.000 autobuses, que factura 44 millóns ao ano, ao tempo que anticipou que entre as actuacións programadas máis relevantes se inclúe a posta en marcha dun Sistema de Axuda á Explotación (SAE).

O devandito sistema permitirá "mellorar o control e o seguimento" da flota ao garantir o cumprimento das obrigas dos contratos de xestión que poidan ter coa comunidade.

Así mesmo, aspira a "potenciar a demanda", mellorando a prestación ao facilitar "información de calidade" ao servizo da cidadanía, á que poderá acceder a través das novas ferramentas web. Tamén posibilitará a implantación d enuevas posibilidades de mobilidade, como o transporte a demanda ou a integración de distintos servizos.

COMPLEXIDADE OROGRÁFICA E DISPERSIÓN

A Dirección Xeral de Mobilidade e a Amtega procederán a establecer os requisitos técnicos e funcionais dos sistemas de axuda á explotación dos que deberán dotarse as empresas para a súa homologación dentro do sistema integrado e único que a Xunta pretende poñer en marcha en Galicia.

Feijóo destacou que se trata dunha implantación "novidosa" e resaltou a utilidade dun sistema deste tipo nun territorio como o galego, cunha orografía complexa e significativa dispersión poboacional.

INVERSIÓN

O conxunto da inversión necesaria para dotar os vehículos con novos sistemas tecnolóxicos, así como a súa conexión permanente co Centro Operativo da Mobilidade de Galicia será asumido directamente polas propias empresas de transporte.

Especificou que se prevé un custo inicial de licitación de 715 euros por autobús e ano. Á súa vez, a Xunta acometerá a contratación dos equipos necesarios para a dotación deste centro operativo, así como os recursos necesarios para o seu funcionamento.

A inversión será de 1,8 millóns de euros por parte da Xunta e o mantemento e os aparatos tecnolóxicos que se empregarán en cada autobús correrán a cargo das empresas.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

A Xunta inverterá 1,8 millóns e as empresas terá que manter os aparatos, cun custo inicial de licitación de 715 euros por bus e ano
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

PSOE e BNG de A Coruña rexeitan que a Xunta dea axudas a dous colexios da cidade que segregan alumnos por sexos
O PSOE e o BNG de A Coruña mostraron o seu rexeitamento a que a Xunta conceda axudas a dous colexios da cidade, Montespiño e Peñarredonda, que segregan os alumnos por sexos e que "están vinculados ao Opus Dei".
Hernández defende que a posta en marcha da liña Santiago-Ourense foi 'responsable e acertada'
Ve "lamentable" que a oposición trate de "utilizar os mortos" e non considera "nin razoable nin lóxico" crear unha comisión no Parlamento
Salvamento Marítimo busca un tripulante dun buque de pasaxe que caería ao mar na zona das Sisargas
Salvamento Marítimo mantén despregado dende as 12.50 horas deste domingo un amplo operativo para buscar un tripulante dun buque de pasaxe que facía a ruta A Coruña-Cascais, que caería ao mar na zona das Islas Sisargas.
Un cazador resulta ferido ao dispararse accidentalmente a súa arma nunha perna en Xermade (Lugo)
Un cazador duns 58 anos de idade resultou ferido na tarde do domingo ao dispararse accidentalmente nunha perna cando estaba de caza no municipio de Xermade (Lugo).
Avogados financeiros reclaman a CNMV e Banco de España 'respostas contundentes' ante 'fraudes' como Bankia e Pescanova
Avogados especialistas no sector financeiro reclamaron á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), a Banco de España e ás autoridades xudiciais que dean "respostas contundentes" ante os casos "de fraude" a clientes na comercialización de participacións preferentes, a saída a Bolsa de Bankia ou a suposta falsifiación de contas en Pescanova.

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes