Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Un novo sistema permitirá controlar en Galicia a localización dos autobuses e se cumpren os horarios

Fuente: Europa Press | Publicado: 30-01-2014
0 comentarios | Votos: 199 | Nota: 1 |
O Goberno galego avaliou este xoves o proceso de desenvolvemento tecnolóxico dos servizos de transporte de viaxeiros, que incluirá aplicacións "novidosas" como un sistema que permitirá, por exemplo, controlar a localización, o cumprimento dos horarios ou calquera incidencia dos autobuses de transporte público na comunidade.

Anunciouno o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, onde explicou que o seu Executivo, a través da Consellería de Medio Ambiente e da Axencia Tecnolóxica de Galicia (Amtega), ten en marcha un plan de modernización das concesións de transporte público regular de uso xeral.

O presidente sinalou que o sector dá servizo anualmente a 25 millóns de usuarios, mediante unha flota de máis de 1.000 autobuses, que factura 44 millóns ao ano, ao tempo que anticipou que entre as actuacións programadas máis relevantes se inclúe a posta en marcha dun Sistema de Axuda á Explotación (SAE).

O devandito sistema permitirá "mellorar o control e o seguimento" da flota ao garantir o cumprimento das obrigas dos contratos de xestión que poidan ter coa comunidade.

Así mesmo, aspira a "potenciar a demanda", mellorando a prestación ao facilitar "información de calidade" ao servizo da cidadanía, á que poderá acceder a través das novas ferramentas web. Tamén posibilitará a implantación d enuevas posibilidades de mobilidade, como o transporte a demanda ou a integración de distintos servizos.

COMPLEXIDADE OROGRÁFICA E DISPERSIÓN

A Dirección Xeral de Mobilidade e a Amtega procederán a establecer os requisitos técnicos e funcionais dos sistemas de axuda á explotación dos que deberán dotarse as empresas para a súa homologación dentro do sistema integrado e único que a Xunta pretende poñer en marcha en Galicia.

Feijóo destacou que se trata dunha implantación "novidosa" e resaltou a utilidade dun sistema deste tipo nun territorio como o galego, cunha orografía complexa e significativa dispersión poboacional.

INVERSIÓN

O conxunto da inversión necesaria para dotar os vehículos con novos sistemas tecnolóxicos, así como a súa conexión permanente co Centro Operativo da Mobilidade de Galicia será asumido directamente polas propias empresas de transporte.

Especificou que se prevé un custo inicial de licitación de 715 euros por autobús e ano. Á súa vez, a Xunta acometerá a contratación dos equipos necesarios para a dotación deste centro operativo, así como os recursos necesarios para o seu funcionamento.

A inversión será de 1,8 millóns de euros por parte da Xunta e o mantemento e os aparatos tecnolóxicos que se empregarán en cada autobús correrán a cargo das empresas.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

A Xunta inverterá 1,8 millóns e as empresas terá que manter os aparatos, cun custo inicial de licitación de 715 euros por bus e ano
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

Galicia perde 15.558 habitantes nun ano e sitúase entre as comunidades con maior caída poboacional
O padrón reflicte que a poboación cae nas catro provincias con Santiago, Lugo e Pontevedra como únicas urbes que gañan habitantes
A Garda Civil detén 'in fraganti' ao autor do incendio forestal de Lalín (Pontevedra)
A Garda Civil informou da detención este mércores dun home acusado de provocar o incendio forestal iniciado esta madrugada na localidade pontevedresa de Lalín, e que calcinou máis de 20 hectáreas.
Cañete: 'Ninguén concibe que Pescanova pase da noite á mañá de ser un valor en Bolsa a estar en quebra'
O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, mostrouse "sorprendido" e "preocupado" pola situación económica da multinacional española Pescanova, en concurso de acredores e que, segundo o informe forense realizado por KPMG, ten unha débeda financeira de 3.281 millóns de euros, máis do dobre do declarado pola compañía (1.522 millóns).
Unha trintena de camioneiros protestan cunha marcha lenta contra a suba do imposto de hidrocarburos
Piden á Xunta que rectifique a medida, que terá un impacto de entre 100 e 300 euros mensuais por camión
O venezolano Banesco, favorito para facerse con Novagalicia Banco
A entidade venezolana Banesco posiciónase como a oferta máis atractiva para facerse con Novagalicia Banco, nunha decisión que o Fondo de Reestruturación ordenada Bancaria (FROB) podería comunicar esta mesma tarde, segundo explicaron a Europa Press en fontes financeiras.

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes