Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Vence (BNG) esixe a dimisión da conselleira de Sanidade e pide explicacións a Feijóo

Fuente: Europa Press | Publicado: 30-01-2014
0 comentarios | Votos: 201 | Nota: 1 |
O voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego, Xavier Vence, esixiu que a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, "asuma a súa responsabilidade" e dimita, despois do fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula a adxudicación dunha xefatura de servizo ao seu marido, á que accedeu cando ela era entón xerente do Sergas.

Así o trasladou este xoves en declaracións aos medios, tras a reunión que mantivo o Bloque con representantes da plataforma SOS Sanidade Pública en Vigo. "Debe dimitir porque está claro e contrastado que houbo desvío de poder nesa promoción do seu marido", trasladou Vence.

Así mesmo, engadiu que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, debe explicar tamén "como está a facer a xestión da sanidade pública para facer promoción dos seus de forma irregular".

Neste sentido, o voceiro nacionalista indicou que, con esta sentenza xudicial, "se demostra a forma de funcionar do Partido Popular" nos servizos públicos", e que "o PP usa o poder para promover os seus comisarios políticos dentro da sanidade pública, porque son os que lle permiten dende dentro ir minando a calidade da sanidade", concluíu.

Estas declaracións súmanse ás da voceiro en materia sanitaria do Bloque, Montse Prado, que o pasado mércores manifestara a Europa Press que un profesional "pode ser bo á marxe das relacións afectivas ou persoais que teña", polo que o BNG "non pon en cuestión a capacidade dos profesionais", senón o sistema de nomeamento, para o que pide uns criterios "obxectivos".

En relación a iso, indicou que "se os criterios non son obxectivos, permiten que non sempre sexan designadas as mellores persoas, senón coas que se ten máis afinidade política".
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

O voceiro nacional do Bloque Nacionalista Galego, Xavier Vence, esixiu que a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, "asuma a súa responsabilidade" e dimita, despois do fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anula a adxudicación dunha xefatura de servizo ao seu marido, á que accedeu cando ela era entón xerente do Sergas.
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

Un Jaguar de Camilo José Cela pasa a formar parte dos fondos do Museo da Automoción de Salamanca
Un vehículo Jaguar S-Type, de cor verde e tapizaría en coiro branco, que foi propiedade do escritor galego Camilo José Cela durante os últimos anos da súa vida, pasou a formar parte da colección permanente do Museo de Historia da Automoción de Salamanca.
Antonio Fontenla pide considerar o Banco Etcheverría porque 'pode ser importante' no proceso de venda de NCG
Fernández Alvariño volve avalar o plan de Castellano e sostén que o proceso xudicial contra exdirectivos non ten que influír
Hernández ve 'positiva' a inversión en Galicia, que permitirá 'cumprir prazos' en infraestruturas como o AVE
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, cualificou este martes de "positiva" a inversión prevista polo Estado en Galicia nos Presupostos Xerais para 2014, ao tempo que sinalou que permitirá "o cumprimento dos prazos" de infraestruturas pendentes, como a conexión do AVE á meseta.
Arranca o dispositivo invernal da Xunta para manter operativas as estradas de Ourense e Lugo con 31 quitaneves
A Xunta de Galicia puxo en marcha o operativo do Plan de Vialidade Invernal nas provincia de Ourense e Lugo, que servirá para reforzar a seguridade viaria ata o mes de maio na rede de estradas de titularidad autonómica.
O 44% do importe facturado á Xunta este ano realizouse en formato electrónico
O 44 por cento do importe facturado á Xunta no que vai de ano realizouse mediante o formato electrónico, unha fórmula utilizada por 3.738 empresas e 1.369 usuarios que "contribúe a diminuír ou evitar problemas de liquidez" ás compañías, segundo afirmou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes