Galixfera.com o portal galego de información e servicios

O BNG e a plataforma SOS Sanidade Pública chaman á cidadanía para que a unha á manifestación do 13 de febreiro

Fuente: Europa Press | Publicado: 30-01-2014
0 comentarios | Votos: 195 | Nota: 1 |
O BNG e a Plataforma SOS Sanidade Pública chaman á cidadanía de Vigo e a súa área metropolitana a que "saia á rúa" a "defender a sanidade pública para todos, universal e de calidade" e a "parar os pés a esta política privatizadora" do PP que pon "en risco a calidade da asistencia" e "poder ter unha sanidade pública" no futuro".

Así o trasladaron integrantes do Bloque e da plataforma tras a reunión que mantiveron este xoves en Vigo, na que compartiron a súa "preocupación" común "polo proceso paulatino de privatización" do sistema público sanitario que se está a levar a cabo en toda Galicia.

Neste sentido, a voceiro do BNG en Vigo, Iolanda Veloso, sinalou que "a situación é especialmente preocupante" na súa cidade, xa que hai "problemas constantemente nos servizos existentes", se está a construír "un novo hospital privatizado" e hai "unha reforma das áreas sanitarias" que supón "perda de referencias" para esta urbe.

Así mesmo, o líder da formación frentista, Xavier Vence, manifestou que o PP está a "aprender do fracaso de intentar facer unha privatización á bruta, como fixeron en Madrid", e incidiu en que, en Galicia, "vai pola vía de facelo pouco a pouco, pero o obxectivo é exactamente o mesmo: a privatización".

TRASLADAR A OPINIÓN DA SOCIEDADE

Por todo iso, o Bloque agradeceu á plataforma todo o traballo de reivindicación da sanidade pública e de concienciación da cidadanía que está a realizar, e mostrou o seu apoio á mobilización do próximo 13 de febreiro.

"Porque é importante facer chegar ao Goberno galego a opinión de toda a cidadanía, para que non continúe con este proceso de privatización que prexudicaría a unha parte importantísima da poboación".

Pola súa parte, o voceiro da plataforma, Manuel González, engadiu que, coas medidas que se están a levar a cabo, se "está a hipotecar o futuro da área sanitaria de Vigo", posto que van deixar a cidade "sen a posibilidade de que haxa infraestruturas sanitarias para dar resposta ás necesidades do 100% da cidadanía".

"A solución non é derivar poboación a outras áreas, senón dotalas de recursos sanitarios contando cos profesionais", finalizou Manuel González.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

O BNG e a Plataforma SOS Sanidade Pública chaman á cidadanía de Vigo e a súa área metropolitana a que "saia á rúa" a "defender a sanidade pública para todos, universal e de calidade" e a "parar os pés a esta política privatizadora" do PP que pon "en risco a calidade da asistencia" e "poder ter unha sanidade pública" no futuro".
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

Cañete: 'Ninguén concibe que Pescanova pase da noite á mañá de ser un valor en Bolsa a estar en quebra'
O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, mostrouse "sorprendido" e "preocupado" pola situación económica da multinacional española Pescanova, en concurso de acredores e que, segundo o informe forense realizado por KPMG, ten unha débeda financeira de 3.281 millóns de euros, máis do dobre do declarado pola compañía (1.522 millóns).
O BNG chama a reclamar este domingo a soberanía de Galicia e a denunciar as políticas 'corruptas' do PP
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) convoca para este domingo unha manifestación para reclamar a soberanía de Galicia e para "dicir abonda xa" ás políticas do Partido Popular, ao que acusan de "corrupto" por "cobrar sobresueldos e gobernar entregado aos grupos empresariais de Madrid que o financiaron de forma ilegal".
Almunia di que os investidores deben devolver as axudas dende 2005 e que Hacienda é quen deberá pedilas
O vicepresidente da Comisión Europea e comisario da Competencia, Joaquín Almunia, afirmou que a devolución de axudas do sistema de 'tax lease' empezará a contar dende abril de 2005, pero quixo lanzar unha mensaxe de tranquilidade porque na proposta sobre a decisión da CE queda "clara e taxativamente" exposta que nin os estaleiros nin os armadores terán que devolver "nin un so euro" e que correspondería aos investidores.
Veciños que oíron a explosión aseguran que houbo un forte estrondo que se escoitou en todo Beade e a varios quilómetros
Veciños da localidade ourensana de Beade, onde na madrugada deste luns estalou un artefacto explosivo no exterior do edificio do Concello, onde houbo importantes danos, aseguraron escoitar un forte ruído "seco" que se puido oír en todo o municipio e a varios quilómetros.
Os administradores de Pescanova destacan que as vendas nos sete primeiros meses alcanzan os 700 millóns de euros
A administración concursal de Pescanova (Deloitte) reiterou este xoves, durante a Xunta de Accionistas da compañía na que se elixiu un novo Consello de Administración, que aposta pola vía do convenio de acredores para saír da situación de concurso, ao tempo que informou de que as vendas nos primeiros 7 meses do ano ascenden os 700 millóns de euros.

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes