Galixfera.com o portal galego de información e servicios

O PSdeG esixe 'responsabilidades políticas' polas '101 mentiras' de Feijóo ao sector naval

Fuente: Europa Press | Publicado: 28-01-2014
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 1 |
A deputada do PSdeG Beatriz Sestayo esixiu este martes "responsabilidades políticas" polas "101 mentiras" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en relación co sector naval, ao tempo que evidenciou que a súa "chuvia de incumprimentos" está convertendo Ferrol nunha "cidade fantasma".

De feito, en rolda de prensa, a socialista ferrolana censurou a "pasividade" e a "absoluta incompetencia" do mandatario autonómico e lamentou que "parece estar de sesta" mentres a súa cidade vive "un pesadelo". "Nin sequera ten tempo para recibir ao comité de empresa de Navantia, que lle pediu unha reunión hai un ano", criticou.

Referiuse así, utilizando datos da última Enquisa de Poboación Activa (EPA), a que a cidade departamental ten unha taxa de paro do 32 por cento, a máis alta de Galicia, e a que o 90 por cento do emprego da industria auxiliar ao naval "desapareceu".

É por iso que cargou con dureza contra os "incumprimentos" de Feijóo dos seus compromisos co sector naval de Ferrolterra "en sucesivas citas electorais". Entre eles, citou a construción dun centro de reparacións; a contratación de quimiqueros, remolcadores, gaseros; e a consulta a Bruxelas sobre a creación dun dique flotante.

SEN CONSULTA

Neste punto, Sestayo recordou que tanto dende a Xunta coma dende o Estado se asegurou que se enviara unha "consulta oficial" sobre o dique, se ben a propia Comisión Europea rebaixou o seu carácter a "informal". "Dúas veces", resaltou, antes de remarcar que "non hai nin consulta formal nin proxecto do dique flotante" en Bruxelas".

En todo caso, defendeu que "non é necesario" realizar a consulta, posto que Galicia ten acceso fondos estruturais para designarse a "zonas de subemprego", como sería o caso de Ferrol. "Pero o PP non solicitou nin un solo euro para políticas do naval a pesar do infinito desmantelamento do sector", reprobou.

"TÓDALAS MENTIRAS"

Neste escenario, Sestayo insistiu en que Feijóo debe comparecer na Cámara galega para "explicar todas as mentiras" relacionadas co sector naval a "unha terra xa enormemente castigada", a bisbarra de Ferrolterra.

"Que explique por que mentiu sobre a consulta, por que mentiu sobre a construción do dique e por que mentiu en cada un dos compromisos que fixo en Ferrol", demandou, ao tempo que urxiu ao Parlamento a responder á súa petición de que a Comisión de Industria realice unha visita oficial a Ferrol para coñecer in situ "a realidade" do seu tecido industrial.

CONTRATOS DE PEMEX

Outra das "mentiras" de Feijóo que denunciou publicamente é a "dos contratos inmediatos" de Pemex, á vista de que este mesmo martes será "o quinto episodio da telenovela" da resolución do concurso internacional para a construción de dous floteis.

E, de lograr Navantia estes contratos, sinalou, non se crearán 3.000 postos de traballo, como prometeu o presidente, senón 400, segundo admitiu o director xeral de Industria, Ángel Bernardo Tahoces. "Feijóo está moi acostumado ás trampas", observou.

Así as cousas, aínda que expresou o seu desexo que esas adxudicacións recaian en Ferrol, chamou a atención sobre que a carga de traballo que requirirían "non serve para despegar a subactividade duns estaleiros que perderon 4.217 postos de traballo".

Volvendo sobre as "mentiras", remarcou que é "seguro" que non existían "contratos pechados" con Pemex nin "como se anunciaba hai máis dun ano con risas e abrazos corte inmediato de chapa".

Iso si, preguntada polos xornalistas, rexeitou "pensar" que os floteles "non se "van adxudicar" ao naval ferrolano. "Resultaría insólito que, tras celebralo con champaña, agora non se conseguise", apostilou a socialista.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

Sestayo espera que Pemex confirme a adxudicación dos floteis a Navantia pero ve "seguro" que non existía "un contrato pechado"
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

O fiscal pide dez anos de inhabilitación para José Luis Baltar por 'prevaricación continuada' en 104 contratacións
Cre que o "silencio" da comisión de control "contribuíu" a que se producise unha situación de "ilícita contratación"
Pachi Vázquez anuncia que despexará o venres se se presenta ou non e eríxese en garante da 'igualdade' no proceso
O líder do PSdeG, Pachi Vázquez, asegurou que, ata que conclúa a presentación das primarias consultivas ante as agrupacións, el é "o secretario xeral e o home que administra a igualdade en proceso", antes de anunciar que, unha vez concluída esta rolda, o venres convocará unha rolda de prensa na que anunciará se opta ou non á reelección.
O PPdeG espera que as investigacións sirvan para 'mellorar os sistemas de seguridade, que son mellorables'
O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, apelou á "prudencia" para pronunciarse sobre as causas do sinistro e apostou por "esperar a que avancen as investigacións". Delas, como dixo, espera que "ademais de botar luz sobre o que aconteceu, permitan mellorar os sistemas de seguridade que o propio accidente evidencia que son mellorables".
Controlado un incendio que afectou a unhas 40 hectáreas en Caldas de Reis (Pontevedra)
Un incendio forestal rexistrado no termo municipal de Caldas de Reis (Pontevedra) quedou controlado na mañá deste martes tras afectar a unhas 40 hectáreas.
A Xunta defende que 'non cambiou' o seu obxectivo de que Novagalicia permaneza 'vinculada a Galicia'
A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, defendeu este martes en Vigo que a Xunta "non cambiou" o seu discurso sobre Novagalicia Banco e que o seu obxectivo segue sendo que a entidade permaneza "vinculada a Galicia" e ás necesidades das familias e as empresas da comunidade. Así mesmo, reivindicou a importancia de que se "manteña a obra social".

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes