Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Os concelleiros do PSOE de Ourense díscolos reclaman un encontro con Besteiro e o seu número dous

Fuente: Europa Press | Publicado: 28-01-2014
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 4 |
Os cinco concelleiros socialistas críticos co alcalde e coa agrupación local do PSdeG de Ourense reclaman un encontro co secretario xeral do partido, José Ramón Gómez Besteiro, e coa secretaria de Organización, Pilar Cancela, despois de coñecer o anuncio do dirixente galego da apertura de senllos expedientes disciplinarios.

En declaracións a Europa Press, Susana Bayo dixo falar en nome dos cinco críticos porque este conflito está a facer moito dano aos socialistas" e recriminou aos dirixentes galegos non os convocar para "falar máis" dende que se comprometeron a facelo na reunión que Cancela mantivo o 26 de decembro, primeiro cos díscolos e logo cos afíns ao alcalde.

Nese sentido, segundo a versión de Susana Bayó, dende entón non foron invitados a máis reunións, pero si reciben cartas "para dicir o que hai que facer". Igual que en ocasións anteriores, os díscolos consideran que non incumpriron ningún estatuto.

"Todo comezou cun pleno no que cinco concelleiros nos fomos para non incorrer en delito. Logo retiráronselle as competencias a Antonio Rodríguez Penín por romper a disciplina de voto e preguntámonos se teriamos que incorrer en delito, quedando, para que as consecuencias fosen outras e non a retirada de competencias," argumentou Bayo.

Detallou ademais que todos recibiron a última hora da noite do luns unha misiva da secretaria de Organización do PSdeG para conminarles a "volver á normalidade" e, segundo Bayo, a primeira hora deste martes, o quinteto crítico enviou unha petición á Comisión Executiva Nacional Galega para pedir unha reunión con Besteiro e Cancela. Engadiu que os cinco cumpren os estatutos e as súas obrigas como concelleiros cada día, traballando e danto conta ao alcalde.

EXPEDIENTE Á SECRETARIA XERAL LOCAL

Por outra banda, a secretaria xeral da agrupación local do PSOE na cidade de Ourense, Carmen Rodríguez, respondeu a preguntas dos xornalistas tras participar na reunión habitual dos martes do Grupo Municipal Socialista, á que asiches en calidade de directora xeral de Persoal e á que non foron os cinco díscolos, tal como dixeran o día anterior e como levan facendo dende hai semanas.

No cruzamento de actuacións das executivas local, provincial e galega do PSOE, Rodríguez confirmou que xa recibiu a notificación da apertura dun "expediente disciplinario por falta grave ou moi grave acordado pola comsión executiva provincial do PSOE" na súa reunión do luns día 21. Ademais, os cinco díscolos declararon hai dúas semanas ante o instrutor do partido por senllos expedientes informativos reservados abertos pola agrupación local liderada por Carmen Rodríguez.

Este mesmo martes Gómez Besteiro deu a coñecer a intención da dirección autonómica de abrir expedientes disciplinarios aos cinco díscolos de Ourense, que son próximos ao seu predecesor na secretaría xeral do PSdeG, Pachi Vázquez.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

Din que este conflito "está a facer moito dano aos socialistas de Ourense" e manteñen que non incumpriron os estatutos do seu partido
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

Compromiso por Galicia pide á Fiscalía que investigue o suposta financiamento ilegal do PP
Compromiso por Galicia (CxG) pediu este venres á Fiscalía que investigue a suposta contabilidade B do PP galego dende 2006, ano en que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, alcanzou a dirección dos populares galegos.
O funeral polo home de 72 anos apuñalado no seu piso en Ourense celebrarase este domingo na igrexa de Maceda
A igrexa de Maceda celebrará na tarde deste domingo unha misa funeral para despedir a T.M., o home de 72 anos que foi apuñalado na madrugada do sábado no seu piso, nunha céntrica rúa de Ourense.
Rueda pide que se escoiten as alegacións galegas á reforma local e rexeita 'baleirar de competencias' os municipios
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, valorou o impulso dunha proposta de reforma da administración local, ao considerar que era "necesaria", pero lembrou que tanto o Goberno autonómico como a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) realizaron unha serie de alegacións que, manifestou, espera que se teñan en conta".
Feijóo subliña que o gasto social suporá o 80% dos orzamentos de Galicia de 2014
Chama a traballar pola "unidade" coa oposición para que "a recuperación se acelere", aínda que "non é doada" con quen "só insulta"
Rogelio Martínez recorrerá o auto que dita o seu procesamento polo caso das subvencións europeas
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, recorrerá o auto do Xulgado de Instrución número 1 de Ribadavia, que ditou procesamento contra el polo caso das subvencións europeas, segundo informaron a Europa Press fontes do seu ámbito. O auto non é firme e as partes poden presentar un recurso de apelación no prazo de cinco días ante a Audiencia.

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes