Galixfera.com o portal galego de información e servicios

A Xunta alerta dun temporal de vento que afectará á zona da Mariña, con refachos que poden superar os 100 km/h

Fuente: Europa Press | Publicado: 28-01-2014
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 4 |
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia alerta dun temporal de vento en terra que afectará este martes á zona da Mariña de Lugo.

Segundo indica a Vicepresidencia da Xunta, os refachos máximos empezarán a partir da mañá deste martes e está previsto que superen os 100 quilómetros por hora.

Así mesmo, este martes continúa activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego, xa decretado o luns. Segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a costa das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra estará baixo os efectos dun fenómeno de mar combinado con ondas que poderán alcanzar os seis metros de altura.

Por este motivo, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias a Interior, a través do 112, informou da situación os concellos das tres provincias afectadas; as deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubes náuticos, entre outros.

Dadas as condicións meteorolóxicas adversas, a Xunta fai un chamamento á poboación para que extremen as precaucións e eviten achegarse a diques e rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia alerta dun temporal de vento en terra que afectará este martes á zona da Mariña de Lugo.
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

Pescanova cederá mañá o control do leme á candidatura de Damm e Luxempart ou á de Cartesian
Urgoiti pugnará con Falcones, Otero-Novas ou o expresidente do Tribunal Constitucional Alvaro Rodríguez Bereijo pola presidencia
Rueda (PPdeG) nega un suposto financiamento irregular no seu partido e pide 'celeridade' á Xustiza
O vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, negou que esta formación recibira donativos anónimos de empresas construtoras e sumouse aos "desmentidos" respecto de que existise un suposta financiamento irregular no partido, un asunto que, recordou, "está en mans da xustiza".
Patterson, absolvido de contrabando de arte ao quedar excluída a colección do 'patrimonio histórico español'
A sentenza ve "incompatible" o fin de restituír as obras aos países "espoliados" coa súa "adxudicación en propiedade" a España
A Garda Civil detén 'in fraganti' ao autor do incendio forestal de Lalín (Pontevedra)
A Garda Civil informou da detención este mércores dun home acusado de provocar o incendio forestal iniciado esta madrugada na localidade pontevedresa de Lalín, e que calcinou máis de 20 hectáreas.
Cañete: 'Ninguén concibe que Pescanova pase da noite á mañá de ser un valor en Bolsa a estar en quebra'
O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, mostrouse "sorprendido" e "preocupado" pola situación económica da multinacional española Pescanova, en concurso de acredores e que, segundo o informe forense realizado por KPMG, ten unha débeda financeira de 3.281 millóns de euros, máis do dobre do declarado pola compañía (1.522 millóns).

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes