Galixfera.com o portal galego de información e servicios

A Xunta alerta dun temporal de vento que afectará á zona da Mariña, con refachos que poden superar os 100 km/h

Fuente: Europa Press | Publicado: 28-01-2014
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 4 |
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia alerta dun temporal de vento en terra que afectará este martes á zona da Mariña de Lugo.

Segundo indica a Vicepresidencia da Xunta, os refachos máximos empezarán a partir da mañá deste martes e está previsto que superen os 100 quilómetros por hora.

Así mesmo, este martes continúa activa a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego, xa decretado o luns. Segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a costa das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra estará baixo os efectos dun fenómeno de mar combinado con ondas que poderán alcanzar os seis metros de altura.

Por este motivo, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias a Interior, a través do 112, informou da situación os concellos das tres provincias afectadas; as deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubes náuticos, entre outros.

Dadas as condicións meteorolóxicas adversas, a Xunta fai un chamamento á poboación para que extremen as precaucións e eviten achegarse a diques e rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia alerta dun temporal de vento en terra que afectará este martes á zona da Mariña de Lugo.
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

O BNG esixe a TVE que non emita corridas de touros en horario infantil, pois 'vulnera' a Lei de Comunicación Audiovisual
A voceiro do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, esixiu a TVE que "retroceda" na decisión de emitir corridas de touros na franxa horaria de programación infantil xa que "vulnera" a Lei de Comunicación Audiovisual.
O PPdeG esperará 'a ver cál é a actitude da nova dirección socialista' para presentar a redución de deputados
O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, sinalou este luns que o seu grupo esperará "a ver cál é, en xeral, a actitude da nova dirección socialista" antes de presentar a súa proposta de reforma electoral para acometer a redución de deputados no Pazo do Hórreo e eludiu pechar unha data para dar este paso.
Besteiro avisa de que a Deputación de Lugo non será 'home de negro' do Goberno, como pretende a reforma local
Confronta a súa xestión coa da Xunta entre críticas de Balseiro por "discriminar" ao PP e de AGE sobre a "televisión" da Deputación
Pachi Vázquez pide un pleno antes do 17 para 'recordar a España e a UE que Galicia está unida' en defensa do naval
Pide a Feijóo "que deixe de mentir sobre Pemex e o dique flotante" e reivindica que se unan "todos" para "defender un sector clave"
Mato avanza que os presupostos de 2014 manterán unha partida de 25 millóns para apoiar a constitución de autónomos
A conselleira de Traballo apela ao "sentido común e a responsabilidade" dos sindicatos para buscar "puntos de encontro"

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes