Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Os prezos industriais caen un 0,4% en Galicia en decembro

Fuente: Europa Press | Publicado: 24-01-2014
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 4 |
Os prezos industriais caeron un 0,4% en Galicia en decembro en termos interanuais, mentres que se mantiveron sen variación en relación a novembro, de acordo cos datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

En toda España, os prezos industriais subiron un 1,1% o pasado mes de decembro respecto ao mes anterior e incrementáronse un 0,6% en taxa interanual debido ao repunte do sector enerxético.

Con este avance interanual no último mes do ano pasado, os prezos industriais retornaron a taxas positiva despois de rexistrar en outubro e novembro caídas interanuais do 0,2% e do 0,5%, respectivamente.

No caso de Galicia, o descenso máis acusado deuse nos bens intermedios, cun descenso interanual do 2,9%; mentres que os bens de consumo retrocederon un 0,6%. Dentro destes, os de consumo duradeiro experimentaron un aumento do 1,2% pero os de consumo non duradeiro caeron un 0,7%. Os bens de equipo non rexistraron variacións e a enerxía creceu un 3,2.

No conxunto de España, os prezos industriais arrancaron 2013 en positivo e en marzo e abril entraron en taxas interanuais negativas, situación que non se daba dende 2009. Volveron crecer entre maio e xullo, caeron levemente en agosto, subiron lixeiramente en setembro e en outubro e novembro entraron de novo en negativo.

O repunte interanual que experimentaron os prezos industriais en decembro debeuse principalmente á enerxía, que situou a súa taxa anual no 4,9%, cifra que supera en máis de 4,5 puntos a taxa interanual de novembro.

Este comportamento do sector enerxético é consecuencia do encarecemento dos prezos da produción, transporte e distribución de enerxía eléctrica e, en menor medida, da suba dos prezos do refino de petróleo, en contraste coa baixada que experimentaron en decembro de 2012.

No lado dos descensos, destacou o dos bens de consumo non duradeiro, cunha variación interanual do 0,0%, cinco décimas por debaixo da taxa de novembro e a menor dende marzo de 2010. O INE atribúe a caída dos prezos deste sector ao abaratamento da fabricación de aceites e graxas vexetais e animais, que experimentou a súa taxa anual máis baixa dende agosto de 2009.

SUBA MENSUAL DO 1,1%

En termos mensuais, os prezos industriais aumentaron en decembro pasado un 1,1% tamén a causa da enerxía, que rexistrou un crecemento mensual do 4,4% polo encarecemento da produción enerxética e do refino de petróleo.

No outro extremo, o dos descensos, sobresae a caída mensual do 0,3% experimentada polos bens de consumo non duradeiro e que estivo motivada pola baixada dos prezos da fabricación de aceites e graxas vexetais e animais.

Tamén os bens intermedios reduciron a súa taxa mensual o pasado mes de decembro, neste caso un 0,1%, pola diminución dos prezos da fabricación de produtos básicos de ferro.

CATRO COMUNIDADES EN NEGATIVO

En decembro, a taxa anual dos prezos industriais aumentou na maior parte das comunidades autónomas, especialmente en Baleares e Canarias, que rexistraron as taxas anuais máis elevadas (15,8% e 9,5%, respectivamente) tras repuntar estas en decembro 14,9 e 12,3 puntos, respectivamente.

As únicas comunidades que recortaron o mes pasado a súa taxa anual foron La Rioja e Madrid, con descensos dun e medio punto, ata o 1,7% e o 1,1%, respectivamente.

A peche de 2013, catro comunidades presentaban taxas anuais negativas deste indicador: Andalucía (-1,1%), Galicia e Comunidade Valenciana (-0,4% en ambos os dous casos) e País Vasco (-0,2%).
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

Os prezos industriais caeron un 0,4% en Galicia en decembro en termos interanuais, mentres que se mantiveron sen variación en relación a novembro, de acordo cos datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

Falece un home nun accidente laboral nas Neves (Pontevedra)
Un home duns 53 anos de idade faleceu este venres nun accidente laboral rexistrado ao levar un golpe no termo municipal das Neves (Pontevedra).
Case 80.000 alumnos de Eso de Galicia participarán nunha enquisa sobre o uso de Internet para detectar 'riscos'
O valedor do Pobo o vai un proxecto "ambicioso" e "pioneiro" que só se puxo en marcha en zonas de California, Alemaña e Tokyo
A cifra de negocios do sector industrial descendeu un 0,8% en 2012 en Galicia e o persoal ocupado caeu un 7,7%
A cifra de negocios do sector industrial galego alcanzou en 2012 os 33.978 millóns de euros, o que representa un descenso do 0,8% en relación ao ano anterior, mentres que o persoal ocupado se reduciu un 7,7%, ata un total de 128.076 persoas de media, de acordo coa Enquisa Industrial de Empresas que publicou este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Conclúe o rexistro na casa da nai de Asunta e comezan as pescudas no piso do pai
O rexistro na casa na que vive a nai de Asunta, a nena achada morta nun municipio próximo a Santiago de Compostela, concluíu tras unhas tres horas nas que a garda civil solicitou información relativa ao caso. A continuación comezaron as dilixencias na vivenda do pai.
Méndez (PSdeG) di que agora arranca a recollida de avais para 'primarias' e rexeita comprometerse cun candidato
O deputado do PSdeG José Luis Méndez Romeu sinalou que a recollida de avais dos candidatos para presentarse ás primarias consultivas da formación arranca o próximo luns e que será entón cando se concreten os nomes de aspirantes.

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes