Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Méndez nega recibir unha chamada de Blanco sobre a investigación na Cámara e mantén a súa postura

Fuente: Europa Press | Publicado: 23-01-2014
0 comentarios | Votos: 3 | Nota: 2 |
O voceiro parlamentario do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, negou este xoves recibir ningunha chamada do exministro de Fomento socialista José Blanco para ordenar que non se apoiase a petición de AGE e BNG de abrir unha comisión de investigación na Cámara galega sobre o descarrilamento do Alvia o pasado 24 de xullo.

"Eu non fun chamado", sostivo, ao ser preguntado nos corredores da Cámara sobre unha información, publicada polo diario 'El Mundo', que revela que Blanco telefonou persoalmente a varios deputados galegos para transmitir esa orde advertindo de que podería "volverse en contra" do propio partido.

Ante iso, Méndez recordou que a posición do seu grupo non variou "dende o pasado mes de setembro", e que foi a abstención cada vez que se someteu a votación no Pazo do Hórreo.

"Aínda hoxe, a falta de que exista nova documentación ou actuacións que motiven un cambio de postura, cremos que é a postura correcta", manifestou, poucos días despois de que se coñecese un informe do xefe de maquinistas remitido a Renfe sobre a perigosidade da curva de A Grandeira, onde se produciu o descarrilamento.

E é que, como sinalou, xa existe unha investigación xudicial que dirimirá as posibles responsabilidades penais, unha subcomisión no Congreso sobre a seguridade ferroviaria e unha comisión técnica no Ministerio de Fomento "para analizar as causas do accidente". Porque, proseguiu, a competencia sobre a política ferroviaria é estatal.

"UNHA POSICIÓN DISTINTA"

Dito isto, o deputado coruñés anticipou que "se esas canles fracasasen", se podería pensar que o PSdeG mantivese "unha posición distinta" no Parlamento galego. "Pero é evidente que a competencia sobre a política ferroviaria reside no Goberno de España e a comisión de investigación só se pode levar adiante e a bo termo nas Cortes, insistiu.

Preguntada sobre a súa postura en caso de que se demostrase que se retiraron medidas de seguridade d trazado do AVE a Galicia durante a época de Blanco, optou por "non falar sobre hipótese que non se produciron". "Hai tres niveis de investigación distintos e haberá que estar ao que decidan", sinalou, antes de apostilar que "sobre todo, ao que decida a investigación xudicial".
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

O voceiro parlamentario do PSdeG, José Luis Méndez Romeu, negou este xoves recibir ningunha chamada do exministro de Fomento socialista José Blanco para ordenar que non se apoiase a petición de AGE e BNG de abrir unha comisión de investigación na Cámara galega sobre o descarrilamento do Alvia o pasado 24 de xullo.
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

O Centro Dramático Galego celebrará os seu 30 aniversario en 2014 con obras da dramaturxia norteamericana e lusófona
Recuperará a obra 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas', de Carlos Casares, e, nestes días, entregará o premio Vidal Bolaño
Caballero invita alcaldes a participar na asemblea do domingo en contra da reforma local
O alcalde de Vigo e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, destacou que a asemblea de rexedores convocada en Madrid para o próximo domingo en rexeitamento á reforma local do Goberno está aberta a "tódolos alcaldes que queiran asistir".
Hernández valora o 'compromiso' de Ana Pastor por que se coñezan 'tódalas causas'
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, valorou da comparecencia da ministra de Fomento, Ana Pastor, sobre o accidente ferroviario acontecido o 24 de xullo en Santiago, o seu "compromiso" por que se coñezan "tódalas causas".
O fiscal de Galicia pide que se aclare 'cál sería a liquidez' das accións para os preferentistas
O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, reclamou que se "aclare cál sería a liquidez" que terían os preferentistas para o caso de que cambien as accións recibidas no troco destes produtos por accións --e que implica unha quita--, xa que os afectados terían que saber "como están valoradas no mercado".
O PPdeG rexeita presentar unha queixa formal ante o Estado porque a sinalización na AP-9 'xa está resolta'
O PPdeG rexeita presentar unha queixa formal ante o Goberno central, como pedía o BNG, "pola agresión perpetrada contra a lingua galega ao multar a concesionarias de autoestradas pola presenza de sinais en galego", ao destacar, en palabras do popular Alejandro Gómez Alonso, que "esta é unha cuestión que xa está resolta".

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes