Galixfera.com o portal galego de información e servicios

A Xunta reitera a súa 'plena colaboración' coa investigación xudicial aberta polo accidente

Fuente: Europa Press | Publicado: 22-01-2014
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 4 |
A Xunta de Galicia reiterou este mércores a súa "plena colaboración" coa investigación xudicial aberta polo descarrilamento dun tren Alvia o pasado 24 de xullo en Angrois, nas proximidades da capital galega, un accidente con 79 vítimas mortais e máis dun centenar de feridos.

Así o expresou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, en declaracións aos xornalistas, nas que recalcou que a Xunta está a colaborar "con todos aqueles que teñen encomendada a misión investigadora" e "con todo aquilo que dende a instancia xudicial se requira".

Ao ser preguntado pola posibilidade de abrir unha comisión de investigación no Parlamento galego a raíz dos novos documentos que saíron á luz e nos que se constata un aviso previo ao accidente dos riscos da curva, Rueda insistiu en que xa responderon ao respecto, aludindo así ao rexeitamento reiterado do PP galego.

Dito isto, matizou que a Xunta "dende o principio" está a dotar de medios ao xulgado que está a instruír esta causa, e subliñou que "o que lle corresponde é apoiar esas investigacións".

Así mesmo, recordou que á parte da investigación xudicial, hai unha investigación impulsada dende o propio Ministerio --no seo da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF)-- e tamén no Congreso dos Deputados.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

A Xunta de Galicia reiterou este mércores a súa "plena colaboración" coa investigación xudicial aberta polo descarrilamento dun tren Alvia o pasado 24 de xullo en Angrois, nas proximidades da capital galega, un accidente con 79 vítimas mortais e máis dun centenar de feridos.
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

Antonio Fontenla pide considerar o Banco Etcheverría porque 'pode ser importante' no proceso de venda de NCG
Fernández Alvariño volve avalar o plan de Castellano e sostén que o proceso xudicial contra exdirectivos non ten que influír
Galicia rexistra unha 'crecente' violencia machista por Whatsapp entre os menores
O Valedor do Pobo estudará esta problemática entre os menores e incluirá recomendacións no seu próximo informe
Detida unha muller que circulaba en moto por Vigo cuadriplicando a taxa de alcohol permitida
Axentes do Corpo Nacional de Policía de Vigo detiveron unha muller de 34 anos de idade como presunta autora dun delito contra a seguridade vial, ao circular nun ciclomotor cunha taxa de alcohol en sangue catro veces superior á permitida.
Máis de 130 familiares alóxanse en casas particulares, residencias ou prazas hoteleiras en Santiago
Un total de 137 familiares das vítimas da traxedia ferroviaria acontecida o mércores en Santiago de Compostela permanecen aloxadas en casas particulares, residencias ou o banco de cuartos ofrecido polos hostaleiros da capital galega.
O PP defende a presunción de inocencia de Faraldo e esgrime que se investiga un contrato previo a que fose deputada
Puy sinala que está en cuestión "un contrato administrativo" pero non se apunta a accións "de enriquecemento nin politicamente reprobables"

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes