Galixfera.com o portal galego de información e servicios

A Xunta admite 'movemento migratorio' entre os mozos, pero nega que sexa maior que 'outros anos' e pide 'non alarmar'

Fuente: Europa Press | Publicado: 21-01-2014
0 comentarios | Votos: 4 | Nota: 1 |
A cosnelleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, admitiu este martes que en Galicia hai "movemento migratorio" entre os mozos, pero negou que sexa maior que "noutros anos" tras a denuncia de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) de que o Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo condena a este colectivo "ao desterro".

En concreto, baseándose en datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) dende 2009 ata o primeiro semestre de 2013, AGE alertou este luns de que "a hemorraxia demográfica" de Galicia ascendeu a 73.791 mozos menores de 35 anos, que forman parte "da xeración mellor formada" da comunidade.

Preguntada ao respecto trala sesión constitutiva do Comité Galego de Políticas de Xuventude, que presidiu Feijóo este martes, a conselleira de Traballo replicou que, "como todo na vida", se pode facer "a lectura" das estatísticas e dos datos do INE "como a un lle interesa".

"Pódese falar dos que se van e dos que se volven. E pódese falar da xente que se vai por razóns de emprego ou por razóns familiares. Hai unha mobilidade, pero cando se contempla hai que ter en conta aos que marchan e aos que regresan", exemplificou.

De feito, recorreu ás "mesmas estatísticas do INE" utilizadas por AGE para subliñar que "Galicia conta con 7.000 mozos máis" dende 2009 e que "viñeron máis dos que se foron".

CIFRAS "DESVIRTUADAS"

"Como membro do Gobierno galego, asegurou que non vai negar que haxa "movementos migratorios", pero engadiu que "os houbo sempre, toda a vida" posto que "a xente se move". A xeito de exemplo, destacou que foi en 2007, cando o bipartito dirixía a Xunta e as situacións "económica e laboral" eran mellores, cando marcharon de Galicia 14.000 mozos".

Nunha conxuntura na que "o emprego lle importa a todo o mundo", remarcou que as cifras "se poden dar" pero chamou a "non intentar alarmar" con cifras "absolutamente desvirtuadas" que, ao seu entender, "pretenden botar unha realidade que non é a que acompaña a Galicia".

"¿Hai movementos migratorios? Si. ¿Hai xente que marcha? Si. ¿Hai xente que vén á comunidade? Si. ¿Hai máis que noutros anos? Non", resolveu.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

A cosnelleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, admitiu este martes que en Galicia hai "movemento migratorio" entre os mozos, pero negou que sexa maior que "noutros anos" tras a denuncia de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) de que o Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo condena a este colectivo "ao desterro".
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

A Xunta di que Pemex 'ten que cumprir' prazos e reitera que traballa para iniciar os floteis 'canto antes'
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, asegurou que Pemex "ten que cumprir unha serie de prazos" antes de iniciar a construción dos dous floteis en Galicia, unhas obras nas que o Goberno galego "traballa", xunto aos estaleiros e á petroleira, para que poidan iniciarse "canto antes".
O PSdeG acusa á Xunta de redactar un decreto de servizos para dependentes que 'trae máis sufrimento' ás familias
Sostén que este proxecto normativo "incumpre" o precepto legal de que ninguén quede excluído de cobertura por razón económica
Autoridades e afectados perfilan a estratexia da fronte común contra o actual acordo pesqueiro con Mauritania
As citas clave, o 17 de setembro, coa comisión mixta e o 9 de outubro, na eurocámara
O alcalde de Carnota di que 'falta pouco' para que ardera todo o monte Pindo, protexido por Rede Natura
Esixirá "responsabilidades políticas" e sospeita unha "dobre intencionalidade" para evitar que se declare parque natural
A oposición pide aumentar ingresos con modificacións fiscais e a Xunta risca os seus cálculos de pouco realistas
Os tres grupos da oposición (PSdeG, AGE e BNG) coincidiron en propoñer aumentos dos ingresos da Xunta para 2014 mediante modificacións fiscais, como incrementar o tipo autonómico do IRPF para rendas altas ou establecendo un imposto propio sobre os depósitos da banca, mentres que a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, considerou que as medidas formuladas "non se corresponden pola realidade" e non xerarían os ingresos que calculan.

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes