Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Prisión sen fianza para o home que prendeu lume á súa vivenda coa súa muller dentro en Malpica

Fuente: Europa Press | Publicado: 19-01-2014
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 2 |
O xulgado de instrución número 1 de Carballo decretou este domingo prisión provisional comunicada sen fianza para o home de 43 anos que prendeu lume á súa vivenda de Malpica (A Coruña) na madrugada do sábado na que se atopaba durmindo a súa muller, acusado dun delito de incendio e outro de violencia de xénero, segundo informaron a Europa Press fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Esta decisión da xuíza chega a petición do fiscal despois de que J.B.M.V, veciño de Malpica, pase a disposición xudicial esta mañá en Carballo.

Na madrugada do venres ao sábado ao redor das 1.30 horas produciuse unha forte discusión entre o detido e a súa parella, na que este varón malpicano ameazou con prender lume á súa casa do barrio de Atalaia, motivo polo cal o fillo alertó á Garda Civil. Minutos máis tarde a casa atopábase en chamas e os bombeiros de Carballo conseguiron apagar o lume cara ás 4.00 horas da madrugada, tras rexistrarse cuantiosos danos na vivenda.

Segundo explicaron fontes próxima á investigación a Europa Press, o home intentou sufocar o lume unha vez provocado á vez que alertó á súa parella de que provocara un incendio. A muller conseguiu abandonar a vivenda polo seu propio pé, mentres que o agora detido quedou en estado semiinconsciente e foi rescatado por un veciño e un axente da Garda Civil.

Así, o presunto autor do incendio da vivenda, J.B.M.V, foi evacuado por intoxicación ao PAC de Carballo e tras iso trasladado ao Hospital Universitario da Coruña, antes de ser levado aos calabozos, para pasar a disposición xudicial este domingo, onde se decretou prisión sen fianza comunicada.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme



O MÁIS LEIDO

O Centro Dramático Galego celebrará os seu 30 aniversario en 2014 con obras da dramaturxia norteamericana e lusófona
Recuperará a obra 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas', de Carlos Casares, e, nestes días, entregará o premio Vidal Bolaño
Caballero invita alcaldes a participar na asemblea do domingo en contra da reforma local
O alcalde de Vigo e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, destacou que a asemblea de rexedores convocada en Madrid para o próximo domingo en rexeitamento á reforma local do Goberno está aberta a "tódolos alcaldes que queiran asistir".
Hernández valora o 'compromiso' de Ana Pastor por que se coñezan 'tódalas causas'
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, valorou da comparecencia da ministra de Fomento, Ana Pastor, sobre o accidente ferroviario acontecido o 24 de xullo en Santiago, o seu "compromiso" por que se coñezan "tódalas causas".
A costa galega permanecerá este luns en alerta vermella por ondas que poderán alcanzar os nove metros
Durante a xornada deste luns, día 6 de decembro, a costa galega permanecerá en alerta vermella por un temporal que poderá deixar ondas de ata nove metros, segundo informou a Dirección de xeral de Emerxencias e Interior.
O fiscal de Galicia pide que se aclare 'cál sería a liquidez' das accións para os preferentistas
O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, reclamou que se "aclare cál sería a liquidez" que terían os preferentistas para o caso de que cambien as accións recibidas no troco destes produtos por accións --e que implica unha quita--, xa que os afectados terían que saber "como están valoradas no mercado".

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes