Fuente: Europa Press | Publicado: 15-01-2014
0 comentarios
| Votos: 1 | Nota: 1 |
A Xunta abrirá no mes de xaneiro a convocatoria dunha ducia de programas para apoiar a innovación, a expansión e a internacionalización de empresas, cun presuposto conxunto que supera os 40 millóns de euros e co que esperan mobilizar 120 millóns.
As medidas foron presentadas en rolda de prensa polo director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Javier Aguilera; o responsable da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey; e o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, quen sinalou que o obxectivo é que as empresas galegas empecen o ano "cun importante músculo financeiro" e que "ningún proxecto viable quede sen executar por falta de apoio".
A intención do Goberno galego, abundou Conde, é "consolidar" o tecido empresarial xa existente en Galicia para que poida superar esta "situación de dificultade" e "acompañar as empresas nos seus esforzos de innovación, internacionalización e emprendimiento".
A este respecto engadiu que a Xunta pretende incentivar "o cambio cultural que se está a producir no ámbito empresarial" e que supón orientarse cara á innovación para gañar competitividade e saír a outros mercados. Os mercados globais, dixo, son o obxectivo de "calquera empresa" actualmente.
O conselleiro reivindicou o "esforzo adicional" da Xunta para poñer en marcha "dende o primeiro momento" os programas de apoio ás empresas e para a axilización administrativa. En calquera caso, tanto o Igape como a Axencia de Innovación abrirán máis adiante outras liñas.
Respecto a se algunha das axudas ten algunha cláusula que condicione a súa concesión á creación de emprego, Aguilera precisou que os apoios a grandes investimentos están vinculados co mantemento e a creación de postos de traballo.
AS LIÑAS DE AXUDA
Aguilera encargouse de debullar as liñas de axuda dependentes do Igape que xa están en marcha e asegurou que a intención é promover que "a senda da recuperación" sexa "o máis rápida posible".
Así, explicou que o programa Galicia Inviste, dotado con 10 millóns para mobilizar 40, diríxese a apoiar investimentos empresariais; o Galicia Emprende enfócase a proxectos emprendedores, para os que reserva 3 millóns de euros, co obxectivo de mobilizar 10. O fondo de capital risco Galicia Emprende, que intervén mediante empréstitos participativos ou participacións no capital, disporá de 2,5 millóns para tratar de mobilizar máis de 6.
No ámbito da internacionalización, o programa Primex, que promove a unión de tres ou máis empresas para saír ao exterior, terá un presuposto de 4,1 millóns para tratar de mobilizar outros 6 millóns; e a liña dos xestores de exportación estará dotada con 1 millón de euros.
AXENCIA DE INNOVACIÓN
Pola súa banda, Manuel Varela Rey concretou que a Axencia da Innovación abriu as convocatorias do Conecta Peme --que promove os proxectos de varias pequenas e medianas empresas en consorcio e está dotado con 8 millóns para tratar de mobilizar 15--; dos bonos de innovación, que contan con 1,5 millóns de presuposto; e do Fondo I2C, que avala investimentos de entre 500.000 euros e 1 millón e disporá de 9 millóns para tratar de mobilizar 30.
Ademais, abrirá este mesmo mes os programas para inversión tecnolóxica e para os proxectos de xestión e protección da propiedade intelectual das empresas.
Comentarios:
Queres comentar a noticia?
En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis
Regístrarme
Derechos: Europa Press
O MÁIS LEIDO
Prosegue a busca da octoxenaria desaparecida dende o martes na Estrada (Pontevedra)
O dispositivo de busca da octoxenaria que padece alzheimer que permanece desaparecida dende a tarde do martes no municipio da Estrada (Pontevedra) prosegue este xoves sen novidade.
BNG pide explicacións ao Ministerio de Economía por non declarar 'sistémico' a Novagalicia e pregunta qué criterios usou
A voceiro do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha pregunta por escrito dirixido ao Goberno para pedir explicacións por non declarar a Novagalicia Banco como "sistémica" e para coñecer "qué criterios se seguiron" para tomar esta decisión.
Emerxencias avisa dun temporal marítimo que manterá en alerta laranxa a todo o litoral galego
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta informa de que durante este venres, día 3, se manterá activado o nivel de alerta laranxa por un temporal costeiro en todo o litoral galego, no que espera mar combinado, con ondas de entre cinco e seis metros.
A CHMS somete a información pública o proxecto de acondicionamento da canle e marxes do río Badella en Bande (Ourense)
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama), somete a información pública o proxecto de acondicionamento da canle e marxes do río Badella, ao seu paso polo Concello de Bande (Ourense).
A Deputación Permanente debaterá o venres se Feijóo comparece en pleno para abordar o financiamento do PP e o naval
O mandatario galego defendeu a semana pasada que respondería "con gusto" á oposición "a partir do primeiro pleno de setembro"