Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Nace o bono de Teatro galego e portugués, que permitirá por 35 euros ver cinco representacións en Santiago

Fuente: Europa Press | Publicado: 13-01-2014
0 comentarios | Votos: 242 | Nota: 1 |
O Concello de Santiago de Compostela e a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) puxeron en marcha o bono de Teatro Galego (e portugués), que permite, por 35 euros, acudir a cinco representacións nos teatros da capital galega. Esta iniciativa permite un aforro do 30 por cento sobre o custo individual (duns 10 euros) das entradas para este tipo de espectáculos.

Na rolda de prensa de presentación deste bono cultural, que servirá para cinco das 80 representacións que se programarán en 2014 (galegas, portuguesas e unha italiana), o alcalde de Santiago, Ángel Currás destacou que esta proposta busca ser un "impulso ao teatro galego", así como servir de "intercambio cultural con outros países".

No acto, no que tamén estiveron o director Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; o director do Centro Dramático Galego, Manuel Guede; e o director do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, os responsables da iniciativa detallaron a programación da tempada.

Concretamente, arrancará coa compañía galega Excéntricas, que estreará no Teatro Principal 'Dá Vinci tiña razón', dirixida por Quico Cadaval, e que ofrecerá catro funcións entre os días 16 e 19 de xaneiro.

"VARIADA E DE CALIDADE"

O director de Agadic destacou a "relevancia destas iniciativas" e que o obxectivo radica en que o "público teña unha programación variada e de calidade incentivando o achegamento ao teatro galego".

Pola súa banda, Manuel Guede incidiu en que esta campaña busca "neutralizar" a situación da dramática galega, xa que os "consumidores de cultura fan axustes económicos que afectan ao teatro, e máis ao galego". Así mesmo, recordou a suba do IVE cultural, ata o 21 por cento, e incidiu en que é unha medida "inxusta".

Por último, o director do Auditorio de Galicia indicou que a remuneración para algunhas das compañías será a recadación da taquilla pola súa proposta escénica.

PROGRAMACIÓN

Tras a estrea de 'Dá vinci tiña razón', no Teatro Principal tamén acollerá 'As do peixe', unha historia de Cándido Pazó, o venres 31 de xaneiro; e 'Sede de mal', a partir do 13 de febreiro.

Así mesmo, no Salón Teatro presentarase 'Bye, Bye, Honey,', do 23 ao 26 de xaneiro; 'Matanza', o domingo 2 de febreiro; e 'Pegadas, unha obra na que destacan textos de Suso de Toro, os días 6 e 7 de febreiro, entre outras.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

A iniciativa, impulsada polo Concello compostelano e a Agadic, permite un aforro do 30% sobre o prezo individual das entradas
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

Un total de 18 provincias, entre elas Ourense, estarán este xoves en alerta por chuvias e tormentas
Un total de dezaoito provincias, entre elas Ourense, manterán este xoves aviso amarelo (risco) e laranxa (risco importante) por chuvias e tormentas, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).
Galicia experimentou en 2013 o mes de maio máis frío e o xullo máis cálido dos últimos 30 anos
Agosto, setembro e outubro presentaron temperaturas máis altas das esperadas
A Fiscalía mostra a súa 'absoluta discrepancia' coa sentenza e sopesa a posibilidade de recorrer
O fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres-Dulce, mostrou este martes no Congreso a súa "absoluta discrepancia" coa sentenza ditada en relación co caso 'Prestige', que absolveu ao capitán, ao xefe de máquinas e ao exdirector xeral da Mariña Mercante dos delitos ambientais.
Dez detidos en España por explotación de mulleres e unha menor liberada dun club preto de Santiago
Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron dez persoas en varios puntos de España, varias delas en Galicia, por explotación de mulleres e liberaron unha menor que obrigaban a traballar nun prostíbulo preto de Santiago de Compostela.
A Policía localiza en Lugo un octoxenario tras dous días desaparecido
A Policía Nacional localizou este xoves en Lugo un home de 88 anos que levaba dous días desaparecido do seu domicilio, situado no barrio de A Milagrosa.

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes