Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Pachi Vázquez pide un pleno antes do 17 para 'recordar a España e a UE que Galicia está unida' en defensa do naval

Fuente: Europa Press | Publicado: 01-07-2013
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 1 |
O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, propuxo este luns na Executiva Federal do PSOE transmitir unha petición unánime aos gobernos central e autonómico para que "preman" o colexio de comisarios da UE ante a proposta de Almunia sobre o naval "que traizoa claramente a Galicia, Euskadi, Asturias e España". Por iso, reclama un pleno extraordinario autonómico antes do día 17 para "recordar a España e a UE que Galicia está unida na defensa dun sector clave".

A proposta dos socialistas galegos, vascos e asturianos, que foi aprobada pola executiva socialista, insta a lograr a unidade fronte ao informe presentado polo comisario da Competencia que obrigaría a pagar as axudas do tax lease e que suporía, segundo Vázquez, a "puntilla" para un sector "agonizante".

O líder dos socialistas galegos reclamou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, un pleno extraordinario no Parlamento de Galicia antes do día 17 para "falar do sector naval, darlle voz a un sector clave estratéxico para Galicia e recordalo a España e á UE que Galicia está unida na defensa dun sector estratéxico para a economía".

Ademais, instou ao PP a aceptar este pleno polo que os deputados non cobrarían, segundo dixo o líder dos socialistas galegos, para "defender a un sector clave e dicirlle a UE que non se pode construír Europa destruíndo Galicia e España".

Vázquez advertiu de que "hai tempo" para lograr unha resposta que permite a subsistencia do sector naval galego e dixo que "os informes xurídicos se combaten con informes xurídicos", e reclamou unha resolución "como a de Francia". Así, instou a transmitir aos comisarios comunitarios que "teñan información e saiban que retirarlle 3.000 millóns de euros a un sector xa agonizante supón que o naval non ten ningunha posibilidade".

"QUE DEIXE DE MENTIR"

Pachi Vázquez manifestou, ademais, que "do mesmo xeito" que lle pide a Almunia "que dimita" antes de presentar o informe lle reclama ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que "deixe de mentir sobre Pemex, sobre o dique flotante e sobre a carga de traballo dos estaleiros". "E que nos unamos todos para defender a un sector clave ara Galicia", reiterou.

Deste modo, advertiu que tanto Almunia como Feijóo son "dúas persoas clave" para o futuro do naval galego", o primeiro "co seu informe sobre o tax lease" e o presidente da Xunta "cos enganos de Pemex, a mentira do dique flotante e coa completa ausencia de carga de traballo para Navantia".
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

Pide a Feijóo "que deixe de mentir sobre Pemex e o dique flotante" e reivindica que se unan "todos" para "defender un sector clave"
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

O alcalde de Baltar nega coaccións a candidatos do PSOE aínda que recoñece que quería que 'non houbese outra candidatura
A Fiscalía impútalle catro delitos de coaccións, a acusación elévao a ameazas e a defensa pide a absolución
Queda en liberdade con medidas preventivas a detida por ameazar mediante cartas o exalcalde de Manzaneda (Ourense)
A muller detida en Pobra de Trives (Ourense) como presunta autora de cartas amenazantes recibidas polo concelleiro do PSOE en Manzaneda e exalcalde do municipio, Herminio Cereijo, quedou en liberdade con medidas preventivas, segundo informou este mércores a Garda Civil.
Veciños do maquinista do tren sinistrado descríbeno como unha 'moi boa persoa'
Mostran todo o seu "apoio" a Francisco José e á súa nai porque "non merecen isto"
Feijóo advirte que os socios de AGE mostran 'as súas miserias' ao 'pelexar' por un escano
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considerou que os principais socios de Alternativa Galega de Esquerda --Anova e Esquerda Unida-- están a "descubrir cáles son as súas miserias", xa que, despois de estar "centrados en desculpar a actividade de Resistencia Galega", agora "están ocupados nunha pelexa entre eles mesmos por un escano".
Ferido un home nun accidente en Coirós (A Coruña) e outros dous en choque en Vigo
Un varón duns 31 anos resultou ferido un accidente rexistrado este luns no termo municipal de Coirós (A Coruña) e outros dous en colisión en tarde de domingo en Vigo.

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes