Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Emerxencias avisa dun temporal marítimo que manterá en alerta laranxa a todo o litoral galego

Fuente: Europa Press | Publicado: 03-01-2014
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 1 |
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta informa de que durante este venres, día 3, se manterá activado o nivel de alerta laranxa por un temporal costeiro en todo o litoral galego, no que espera mar combinado, con ondas de entre cinco e seis metros.

A Xunta sinala que, segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o temporal se iniciará ás 6.00 horas da madrugada no noroeste e Oeste da provincia da Coruña e se irá estendendo ao resto da provincia, Lugo e a zona das Rías Baixas, cara ás 12.00 horas.

Sobre as 15.00 horas o temporal estenderase ao resto de zonas da provincia de Pontevedra, segundo concreta a Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Dada a alerta laranxa na costa, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112, informou da situación os concellos das tres provincias afectadas; ás deputacións, clubs náuticos, así como aos servizos e agrupacións de Protección Civil, entre outros.

Ademais, a Xunta recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar a aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme



O MÁIS LEIDO

As vítimas mortais do descarrilamento dun tren en Santiago superan as 56
O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, confirmou que as vítimas mortais do descarrilamento do tren acontecido en Santiago este mércores se elevan a máis de 56 e que "a previsión non é optimista" porque a cifra "posiblemente sexa superior" ao haber "feridos de gravidade que non sabe a súa evolución".
Permanece activo un incendio en Chandrexa de Queixa (Ourense) cunhas 50 hectáreas afectadas
O incendio forestal iniciado na tarde do martes no municipio de Chadrexa de Queixa (Ourense), que afecta a zona de Rede Natura, permanece activo este mércores tras queimar unhas 50 hectáreas. Mentres, foi controlado outro lume en Padrenda, cunhas 20 hectáreas calcinadas, e extinguido o que queimou unhas 250 hectáreas en Vilamarín.
Medio Ambiente envía a Ribeira (A Coruña) dous avións anfibios, un de comunicacións, unha BRIF e un helicóptero
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio enviou a primeira hora da mañá do mércores "un importante continxente de medios aéreos e terrestres" para combater o incendio forestal declarado na localidade de Ribeira (A Coruña), co obxectivo de "evitar dende o primeiro momento que o lume adquira maior magnitude".
O Concello de A Coruña tamén suspende todos os actos programados para o 25 de xullo
O Concello de A Coruña decidiu suspender tamén todos os actos que tiña programados para o 25 de xullo tras coñecer o accidente de tren acontecido en Santiago e que deixa máis de 56 vítimas mortais.
Rescatan un matrimonio de anciáns que caeu ao mar na praia de Patos en Nigrán (Pontevedra)
Un matrimonio de anciáns veciños de Nigrán foi rescatado tras caer á auga este xoves na praia de Patos, situada nesta localidade pontevedresa.

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes