Galixfera.com o portal galego de información e servicios

O Salón Teatro de Santiago programa os días 27 e 28 dúas funcións familiares de 'O príncipe e o parrulo'

Fuente: Europa Press | Publicado: 25-12-2013
0 comentarios | Votos: 196 | Nota: 1 |
O Salón Teatro de Santiago de Compostela programou para os próximos 27 e 28 de decembro dúas funcións familiares da montaxe 'O príncipe e o parrulo', a cargo da compañía galega Eme2 Emoción&Arte.

A Xunta, da que depende este espazo escénico, explicou nun comunicado que o espectáculo combina o teatro de obxectos coa interpretación de dúas actrices destacadas no panorama teatral e audiovisual galegos, Rocío González e Lucía Regueiro. O director é Álex Díaz e o guión é de Javier Tirado e Jokin Oregi, con tradución ao galego de Xocas López e Sandra Romarís.

A iluminación está a cargo de Javi Ulla, as marionetas e a escenografía foron deseñadas por Javier Tirado e a música é de Fran Lasuen. A produción, cunha "sinxela posta en escena", está pensada para todos os públicos (nenos a partir de tres anos) e enxalza o valor da amizade e a solidariedade.

A propia compañía sinala que se trata dunha "pequena historia, tan pequena que so necesita un castelo, unha árbore e unha casa para ser contada". "Pero esta pequena historia fálanos de cousas moi grandes. Nela, dous pequenos personaxes descobren que non hai nada tan divertido como ter alguén con quen compartir, con quen xogar", agrega.

Esta será a penúltima actuación do ano no Salón Teatro, que pecha as actividades o 29 de decembro, co concerto de blues de Adrián Costa e O Maquineto, ás 20.30 horas.

Pola súa banda, as entradas para 'O príncipe e o parrulo' pódense adquirir de forma anticipada no Teatro Principal ou no Salón Teatro dende dúas horas antes do comezo da representación. Tamén están dispoñibles a través da web entradas.novagaliciabanco.es e no teléfono 902434443.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

O Salón Teatro de Santiago de Compostela programou para os próximos 27 e 28 de decembro dúas funcións familiares da montaxe
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

O tribunal avala a xestión 'con profesionalidade' da Administración española e o afastamento do buque
Atribúe a extensión "desmesurada" da marea negra a factores que "non eran absolutamente previsibles"
Vázquez reclamalle ao PP que explique en Soutomaior 'os 2 millóns de euros do congreso e campaña' de Feijóo
Sobre os incendios, pide ao PP que "deixe de insultar os galegos dicindo que van ben" e insta a traballar por un acordo contra o lume
O corpo do mozo vigués apareceu sen signos violencia e a Policía cre que morreu aos poucos días de irse de casa
O corpo do novo Miguel González Cabaleiro, de 24 anos, que apareceu este mércores nunha zona próxima ao aeroporto de Vigo, non presentaba signos de violencia e, aínda que estaba "bastante ben conservado", a Policía sospeita que faleceu aos poucos días de irse da súa casa.
Falece un traballador en Ribadumia (Pontevedra) tras sufrir un desprendemento cando traballaba nunha gabia
Un veciño da localidade pontevedresa de Vilanova de Arousa faleceu esta tarde nun accidente laboral en Ribadumia, a causa dun desprendemento cando se atopaba traballando nunha gabia.
Fiscal pide que Mangouras non vaia a prisión e culpa do sinistro ao 'negocio fraudulento' do transporte
Nega a responsabilidade penal de Sors e di que tivo que tomar "unha decisión dramática, equivocada ou non"

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes