Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Vázquez advirte que se non se 'reformulan' os graos universitarios, as decisións serán 'máis graves' no futuro

Fuente: Europa Press | Publicado: 11-12-2013
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 1 |
O conselleiro de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, chamou á "coherencia" e pediu a implicación das universidades galegas para lograr a "reformulación" dos graos universitarios actuais, ao tempo que advertiu que, de non facelo, "en cinco ou seis anos" se terán que tomar decisións que, ao seu xuízo, "serán máis graves para a sociedade".

En declaracións aos medios, durante a súa visita ao CIFP Someso, o titular de Educación sinalou que o documento que a Xunta enviou ás universidades propón "solucións alternativas" para a "reformulación" do mapa actual de graos, o que, segundo defendeu, "suporía un aforro para as universidades e un mapa de títulos moito máis coherente e adaptado á realidade".

Jesús Vázquez recordou que nos últimos 10 anos se produciu un descenso de máis do 30 por cento no número de alumnos universitarios. "Un novo mapa de titulacións suporía ter unha maior oferta, non quitar ningunha das que existe e mesmo poder dar pasos para incrementar oferta con novas titulacións", explicou.

"MAPA MÁIS FAVORABLE"

"Estamos abertos a que sexan as universidades as que poñan enriba da mesa alternativas e, en todo caso, o dialogo, pero creo que neste caso a Secretaría Xeral de Universidades está a facer un bo traballo", defendeu o conselleiro, quen indicou que a reformulación de títulos "nos permitiría ter un mapa de titulacións moito máis favorable".

"Está claro que hai unha serie de titulacións que teñen unha serie de déficit. Está claro que as grandes prexudicadas poden ser os campus periféricos", sinalou Vázquez, que indicou que, da "man das universidades", a Xunta, co seu documento de proposta, "busca solucións en positivo".

O conselleiro advertiu que se non se "reformulan" os graos universitarios "dentro de cinco ou seis anos, quen estea na consellería vai ter que adoptar outras decisións que eu entendo que serán moito máis graves para a sociedade".
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme



O MÁIS LEIDO

Leopoldo Rubido presenta a súa renuncia como alcalde de Cedeira tras ocupar o cargo 32 anos
O alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido (PP), de 71 anos de idade, e que ocupou o cargo durante 32 anos en distintos períodos non continuados, presentou no pleno municipal a súa renuncia ao posto e á acta de concelleiro para "dar paso a unha nova xeración".
Hernández cre o PP 'non ten nada que ocultar' e colaborará coa Xustiza para que 'saia á luz toda a verdade'
Durante tres días a Escola de Verán Miguel Ángel Blanco desenvolveu charlas e mesas redondas sobre temas como o inicio do autogoberno
Achan o corpo dun mozo no interior dun pozo nunha leira de Lalín (Pontevedra)
O corpo dun mozo de 26 anos foi atopado este sábado no interior dun pozo dunha leira de Lalín, en Pontevedra, segundo informan fontes da Policía Local a Europa Press.
A Coruña, Lugo e Pontevedra, en alerta por fenómenos costeiros, chuvia e vento
Un total de doce provincias españolas estarán este xoves en alerta por diferentes fenómenos costeiros, especialmente en A Coruña, Lugo e Asturias, así como por chuvias, concretamente en Toledo, Ávila, Salamanca e Cáceres, e por vento, en Valencia, con refachos de ata 70 quilómetros por hora, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).
Extinguidos os incendios rexistrados en O Xurés (Ourense) e O Incio (Lugo) tras queimar preto de 340 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informou da extinción dos incendios forestais que afectaban a O Xurés (Ourense) e a O Incio (Lugo), tras queimar preto de 340 hectáreas en total.

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes