Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Escritores galegos critican que o profesor Neira García 'chame viciosos a Branco Amor e outros intelectuais mundiais'

Fuente: Europa Press | Publicado: 02-12-2013
0 comentarios | Votos: 6 | Nota: 3 |
O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e o presidente do Pen Club, Xosé Luis González Tosar, aludiron este luns ao profesor da Universidade de Santiago García Neira para criticar as súas palabras homófobas e que, con elas, "chame homófobos a Branco Amor, Susan Sontag, Truman Capote e ao querido Federico García Lorca", segundo debullou Tosar, entre ducias de intelectuais homosexuais.

As críticas contra o profesor universitario centraron varias intervencións no cemiterio histórico de San Francisco de Ourense, onde está enterrado Eduardo Branco Amor e onde se conmemorou o 34 cabodeaño da súa morte, coa participación do conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez; a concelleira de Cultura Ana Garrido; o vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández, e alumnos de tres institutos da cidade, un deles co nome do homenaxeado.

González Tosar leu o seu discurso como unha carta a Eduardo Blanco Amor e, nela, relatoulle o que acontece nestes "adversos tempos", como que Galicia "segue e a súa lingua e literatura seguen estando contra todo e contra todos, no corazón da xente nova que será a que perpetúe a túa obra".

"OFENSA INTOLERABLE"

A simbólica carta aludiu tamén a "ofensas intolerables e perpetuas" como a de Domingo Neira García "profesor da USC, coa súa mentalidade homófoba e ideas trasnochadas en contra da diversidade e da liberdade" e dirixiuse a Branco Amor para recordarlle que o único que o movía "poucos días antes de morrer, era saír á rúa a defender o autogoberno de Galicia, os avances democráticos e a loita contra aquela Lei de perigosidade social que en época franquista serviu para perseguir homosexuais".

Así, aludiu ao profesor "homófobo" como "poeta infame" e preguntou a Branco Amor: "¿cres querido Eduardo, que un poeta e profesor da universidade pode a estas altura vir con estas ideas?".

"Este home chamou viciosos a André Guide, Hans Christian Andersen, Oscar Wilde, Rimbaud, Margeritte Yourcenar, Walt Whitman, Marcel Proust, Susan Sontag, Jean Cocteau, Passolini, Xacinto Benavente, ao querido Federico, a Truman Capote e a tí, Eduardo e como presidente do Pen Club no que militaches dende Arxentina, pido a separación deste docente, por non o chamar demente, do corpo honorable do profesorado da USC", rematou Tosar.

Posteriormente, pediu desculpas pola vehemencia das súas palabras e saudou á afillada e sobriña-neta do homenaxeado, Marita Bóveda, participante no acto do cemiterio.

"NEIRA GARCÍA NON É CULTURA"

Pola súa banda, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, interveu para recordar que Branco Amor non é un "grande das letras galegas senón da literatura universal con calquera das súas obras". Ademais, recordou a Tosar que entre os citados ofendidos por García Neira "faltou Serafín Ferro, amante de Lorca, electricista case analfabeto pero moi agudo que morreu de fame", e recordou o contexto histórico da vida de Eduardo Branco Amor.

"Para os mozos de agora, a obra deste home permitiralles levar conciencia do seu idioma e de todos os idiomas, mentres que García Neira, como Belén Esteban, non son cultura senón bandeira contra os grandes da cultura mundial", agregou.

"Viva Eduardo Branco Amor e morran todos os Neiras do mundo", rematou Alonso Montero, para engadir que o seu berro figurado de morte "é contra as súas palabras, porque ao señor Neira hai que dalo ao oportunidade de que se converta en persoa e home de ben".

"DE SABIOS É RECTIFICAR"

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura aludiu á vida de Branco Amor, do que destacou, entre outras cousas, a súa "valentía e coherencia en defender a súa condición sexual con orgullo" e por ser referente deses valores no comportamento cidadán "hai que dar oportunidade a que outros rectifiquen e refírome ao profesor Neira, ao que hai que dar tempo porque de sabios é rectificar e pode facelo", dixo.

Engadiu que a Consellería estará con todas as iniciativas que se desenvolvan no 35 cabodeaño de Eduardo Blanco Amor, despois de que Alonso Montero retomase a palabra para anunciar que a RAG celebrará unha sesión plenaria extraordinarias en Ourense a finais de novembro ou comezos de decembro de 2014.

Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación escusou a ausencia do presidente provincial, José Manuel Baltar, e anunciou que o ano 2014 será declarado Ano de Eduardo Blanco Amor, polo que reclamou que xunto coas homenaxes ao lucense Díaz Castro, o próximo ano "téñase en conta a memoria de Eduardo Blanco Amor, gloria das letras ourensanas, galegas e españolas".

A tradicional ofrenda floral de cada representante institucional ou académico, puxo fin á homenaxe no cemiterio histórico de San Francisco, no que os alumnos de tres institutos da cidade recibiron unha carpeta con unidades didácticas e leron, por quendas, textos de Branco Amor.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

A Deputación anuncia que 2014 será o Ano de Branco Amor e por iso a RAG celebrará un plenario especial en Ourense
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

Un incendio calcina un edificio abandonado na rúa Progreso de Vigo
Un incendio calcinou un edificio abandonado situado no número 23 da rúa Progreso de Vigo, de onde os bombeiros e a Policía Local retiraron un vehículo estacionado debido á proximidade das lapas, que non causaron ferido.
Besteiro avisa de que a Deputación de Lugo non será 'home de negro' do Goberno, como pretende a reforma local
Confronta a súa xestión coa da Xunta entre críticas de Balseiro por "discriminar" ao PP e de AGE sobre a "televisión" da Deputación
Arden máis de 20 hectáreas nun incendio forestal activo en Lousame (A Coruña)
Un incendio forestal activo no concello coruñés de Lousame queimou máis de 20 hectáreas na parroquia de Tállara, segundo informa a Consellería de Medio Rural e do Mar.
A implantación da Dependencia retrocede en Galicia e outras 12 CC.AA e deixa a media nacional ao nivel máis baixo
A puntuación de Galicia perde oito décimas e queda cun 5
Díaz (EU) di ao BNG que 'non é tempo de sectarismos' e lle pide unirse á fronte estatal de esquerda e nacionalistas
Cre que a súa reunión con Beiras "dará moi bos froitos" pola coincidencia en que hai "intereses son comúns" en tempos de "emerxencia social"

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes