Galixfera.com o portal galego de información e servicios

A Xunta di que Pemex 'ten que cumprir' prazos e reitera que traballa para iniciar os floteis 'canto antes'

Fuente: Europa Press | Publicado: 15-11-2013
0 comentarios | Votos: 2 | Nota: 1 |
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, asegurou que Pemex "ten que cumprir unha serie de prazos" antes de iniciar a construción dos dous floteis en Galicia, unhas obras nas que o Goberno galego "traballa", xunto aos estaleiros e á petroleira, para que poidan iniciarse "canto antes".

"Os procesos da adxudicación desta licitación teñen os seus tempos, non temos nada que dicir salvo que, loxicamente, eles teñen que garantir dende un punto de vista xurídico e técnico a viabilidade do proceso", explicou ao ser preguntado polos xornalistas sobre a decisión de Pemex de atrasar de novo a adxudicación os buques, á que concorren os estaleiros galegos de Navantia e Barreras.

A este respecto, o conselleiro de Economía e Industria insistiu en que o Goberno galego "segue traballando" con Pemex e os estaleiros Navantia e Barreras para que "este proceso de inicio dos floteles sexa canto antes".

Ademais, sobre a preocupación dos traballadores de Navantia ante este novo atraso asegurou que a Xunta "é consciente" de que o sector naval galego "necesita carga de traballo", tanto "a través deste contrato puntual con Pemex" coma "a través doutras iniciativas" que o Goberno galego "desenvolve en colaboración cos diferentes estaleiros".

Neste sentido, o titular de Economía e Industria avanzou que "a propia posta en marcha do novo tax lease permitirá incrementar a competitividade dos estaleiros e a concreción de contratos". "Estamos a traballar no liña de Pemex e noutras iniciativas comerciais co obxectivo común de conquerir carga de traballo tanto para Navantia coma para os estaleiros privados de Galicia", destacou o conselleiro.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, asegurou que Pemex "ten que cumprir unha serie de prazos" antes de iniciar a construción dos dous floteis en Galicia, unhas obras nas que o Goberno galego "traballa", xunto aos estaleiros e á petroleira, para que poidan iniciarse "canto antes".
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

Falece un home nun accidente laboral nas Neves (Pontevedra)
Un home duns 53 anos de idade faleceu este venres nun accidente laboral rexistrado ao levar un golpe no termo municipal das Neves (Pontevedra).
O alcalde de Baltar nega coaccións a candidatos do PSOE aínda que recoñece que quería que 'non houbese outra candidatura
A Fiscalía impútalle catro delitos de coaccións, a acusación elévao a ameazas e a defensa pide a absolución
Os encoros da cunca Galicia Costa están ao 60,9%, dous puntos máis que o ano anterior
O estado dos encoros da cunca Galicia-Costa atópanse ao 60,95 por cento da súa ocupación, o que significa que están dous puntos por enriba da situación que se rexistrou no mesmo período do ano pasado.
O mexillón galego busca aumentar as vendas en fresco certificadas mediante a súa presenza en 700 supermercados
A denominación de orixe protexida do mexillón de Galicia ten por obxectivo aumentar as vendas de produto en fresco certificado, para o que inicia dende este venres unha campaña que se verá avalada pola súa presenza en máis de 700 supermercados.
Os centros fixarán a lingua predominante en cada grupo de infantil en función da pregunta aos pais e o contorno
Os alumnos usarán na aula, con carácter xeral, a lingua de impartición de cada área, materia ou módulo

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes