Galixfera.com o portal galego de información e servicios

O paro sobe en 7.492 persoas en outubro en Galicia, un 2,87%, ata as 268.225

Fuente: Europa Press | Publicado: 05-11-2013
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 4 |
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) incrementouse en 7.492 persoas en Galicia en outubro, o que representa un aumento do 2,87% en relación ao mes anterior e deixa o total de desempregados en 268.225, de acordo cos datos publicados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social

Deste modo, a taxa de incremento rexistrada pola Comunidade galega en outubro sitúase por enriba da media estatal, posto que o paro rexistrado creceu un 1,84% no conxunto de España. En termos interanuais, o número de desempregados aumentou en Galicia en 413 persoas, un 0,15% máis.

En toda España, o número de parados rexistrados subiu en 87.028 desempregados en outubro, rexistrando o seu mellor dato nun mes de outubro dende 2010. Con este repunte, o segundo consecutivo tras o de setembro, o número de parados sobe ata os 4.811.383 desempregados.

No caso de Galicia, outubro é tamén o segundo mes consecutivo no que aumenta o paro, tras o de setembro. A provincia na que máis subiu en outubro é Pontevedra, cun 4,14%, o que supón que están anotadas 4.262 persoas máis que no mes anterior e o total é de 107.180.

En Lugo o desemprego aumentou en 746 persoas, un 2,89% máis, ata as 26.593; mentres que en Ourense o incremento foi do 2,54% (715 persoas máis), ata as 26.593. Por último, na Coruña incrementouse en 1.769, un 1,7% máis, ata as 105.593 persoas.

O aumento do paro é maior entre os homes, entre os que crece un 3,2%, ata os 128.748; que entre as mulleres, entre as que sobe un 2,6%, ata as 139.477. Os menores de 25 anos sen emprego son 17.004, un 6,3% máis que o mes anterior.

Pola súa banda, o número de estranxeiros rexistrados nas listas do paro aumentou un 0,56% entre setembro e outubro, ao sumar 71 persoas e deixar o total en 12.758. En termos interanuais, son embargo a cifra cae un 8,71% (1.218 persoas).

OS SERVIZOS ACUMULAN A MAIOR PARTE DA SUBA

A maior parte da suba do paro rexistrada en Galicia en outubro débese ao comportamento do sector servizos, no que o número de desempregados se incrementou en 6.022 persoas (un 3,87% máis) e o total se situou en 161.447. Non obstante, en termos relativos o maior aumento corresponde á agricultura, que alcanza os 8.717 parados, un 14,7% máis que en setembro.

Pola súa banda, o desemprego creceu un 1,6% na industria, ata os 37.520 desempregados; e aumentou un 0,17% no colectivo sen emprego anterior, que acumula 21.692 parados. So na construción rexistrouse un pequeno descenso, de 289 persoas (un 0,7% menos), que sitúa o total en 38.849.

CONTRATOS E PRESTACIÓNS

Os contratos asinados en outubro en Galicia alcanzaron os 73.423, o que supón un aumento do 6,25% en relación ao mes anterior e do 5,58% respecto a outubro de 2012.

Os datos do ministerio mostran, ademais, que só o 7,68% dos contratos son indefinidos, fronte ao 92,32% que son temporais.

En canto ás prestacións, rexistráronse 45.459 solicitudes de alta, de acordo cos datos de setembro, e déronse de alta 27.625 prestacións contributivas; 14.980 subsidios; e 2.090 rendas activas de inserción. En total son 44.695 altas. O prazo de recoñecemento situouse en 1,03 días.

En total son 143.797 as persoas que perciben algún tipo de prestación en Galicia, fronte ás 268.225 que figuran como paradas. Trátase de 70.623 prestacións contributivas, 60.969 subsidios e 12.205 rendas activas de inserción.

Deste modo, o gasto en prestacións ascende a 124,4 millóns de euros, dos que 89,1 corresponden a prestacións contributivas; 30,1, a subsidios; e 5,2 a rendas activas de inserción. A contía media das prestacións contributivas é de 789,8 euros.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

Un total de 143.797 persoas perciben algún tipo de prestación
Derechos: Europa Press



O MÁIS LEIDO

O presidente da xestora de Oza-Cesuras rebáixase o soldo tras as denuncias do PSOE sobre un aumento do 257%
Será o mesmo que percibía como alcalde de Oza dos Ríos e implicará unha redución de 500 euros
Rubalcaba, 'consternado' polo descarrilamento en Santiago, traslada a súa solidariedade ás familias das vítimas
O secretario xeral de PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, declarouse "consternado" este mércores tras o descarrilamento dun tren en Santiago de Compostela e trasladou a súa solidariedade coas familias das vítimas. Polo menos 15 persoas perderon a vida no sinistro.
O Rei chama por teléfono ao presidente da Xunta e á ministra de Fomento para interesarse polo descarrilamento
O Rei don Juan Carlos falou por teléfono co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e coa ministra de Fomento, Ana Pastor, para interesarse polo descarrilamento dun tren nas proximidades de Santiago, segundo informaron a Europa Press fontes de Zarzuela.
AGE denuncia a supresión de 83 escolas e 1.200 profesores no rural galego durante os 5 anos de goberno do PPdeG
O Valedor do Pobo "asegura" no seu informe anual que "non se está a garantir en condicións de igualdade o dereito á educación"
Reanudada por terra e aire a busca do percebeiro desaparecido en Ribadeo (Lugo)
Salvamento Marítimo continuou a primeira hora deste luns a busca por terra e aire dun percebeiro de 34 anos que desapareceu o domingo en Ribadeo (Lugo) despois de saír a faenar, unha actividade para a que carecía de licenza.

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes