Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Dúas persoas resultan feridas tras envorcar un coche en Vigo

Fuente: Europa Press | Publicado: 25-06-2013
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 1 |
Dúas persoas de idade avanzada resultaron feridas de diversa consideración nun accidente de tráfico rexistrado na noite do luns ao envorcar un coche no municipio de Vigo.

O sinistro tivo lugar sobre as 21.50 horas á altura do número 352 da Avenida Castrelos de Vigo, segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press.

Foron mobilizados o 061, Policía Local, Protección Civil e os Bombeiros de Vigo, que finalmente non tiveron que excarcerar ningún ocupante e unicamente axudaron a sacar un dos feridos de dentro do coche.

O 061, segundo sinalaron fontes sanitarias, evacuou os feridos ao Hospital Povisa. Tratouse dunha muller de 69 anos, U.A.B., levada en ambulancia medicalizada, e o varón J.F.M., de 72 anos, en ambulancia asistencial.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme



O MÁIS LEIDO

Besteiro avisa de que a Deputación de Lugo non será 'home de negro' do Goberno, como pretende a reforma local
Confronta a súa xestión coa da Xunta entre críticas de Balseiro por "discriminar" ao PP e de AGE sobre a "televisión" da Deputación
Conde Roa espera sentenza tras ser xulgado por suposto fraude fiscal e recorrerá se a resolución non é 'favorable'
O exacalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, atópase á espera de sentenza tras celebrarse o pasado venres na capital galega o seu xuízo por suposto fraude fiscal ao non aboar 291.000 euros do IVE pola venda de 61 vivendas en 2010 que fixo a promotora da que era administrador.
O BNG esixe a TVE que non emita corridas de touros en horario infantil, pois 'vulnera' a Lei de Comunicación Audiovisual
A voceiro do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, esixiu a TVE que "retroceda" na decisión de emitir corridas de touros na franxa horaria de programación infantil xa que "vulnera" a Lei de Comunicación Audiovisual.
O BNG di que a actitude do PP 'causa vergoña allea' e que 'a única saída' é derrogar o decreto do galego
A deputada do BNG Ana Pontón afirmou que a actitude do Partido Popular á fronte da Xunta de Galicia en relación coas sentenzas que anulan parte de dous artigos do decreto o plurilingüismo no ensino "causa vergoña allea".
Os prezos industriais caen un 0,4% en Galicia en setembro
Os prezos industriais caeron un 0,4% en Galicia en setembro, en relación co mes anterior, e rexistran unha baixada do 1,5% na comparación interanual, de acordo cos datos difundidos este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes