Galixfera.com o portal galego de información e servicios

UU.AA. augura que as adegas non pagarán a uva en 60 días malia financiarse este ano 'con diñeiro público'

Fuente: Europa Press | Publicado: 06-10-2013
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 5 |
O secretario xeral do sindicato Unións Agrarias (UU.AA.), Roberto García, está convencido de que os produtores seguirán sin cobrar a uva en 60 días, como establece a lei, a pesar de que este ano a Xunta de Galicia comprometera unha liña de avais para ata 20 millóns de euros.

"Non quero ser pesimista, pero as adegas vanse financiar con diñeiro público a cambio de ningún tipo de compromiso de pagar as uvas aos viticultores", lamenta García nunha entrevista a Radio Nacional de España (RNE) recollida por Europa Press.

Ademais, o responsable da organización sindical critica que "chega tarde o anuncio" do presidente galego --comunicouno este xoves tras a reunión do conselo-- e mostra preocupación pola "falta de compromiso" das empresas.

De feito, advirte de que as adegas están a "provocar artificialmente, de forma ilegal, o abaratamento das uvas,", ao asegurar que sobra produto, algo que nega tallante. "Xeran a sensación de que sobra uva", segundo afirma, para poder pagala a prezos "de miseria".

Xunto a esta práctica, o feito de que a uva se pague un ano despois da venda é "inmoral", en opinión de Roberto García, posto que os viticultores si "pagan os seus gastos ao contado".

"ASALARIADOS SEN SOLDO NIN SEGURIDADE SOCIAL"

O sector produtor está "ameazado", ao seu xuízo, "por unha decisión" política vinculada coa relación co PP dos responsables das adegas. E é que, segundo censura, nos últimos anos se aprobaron normativas que "favoreceron sempre o modelo empresarial de adega e prexudicaron sempre o modelo agricultor- traballador".

A este respecto, reproba as subvencións que se concederon a adegas para o aluguer de terreos e o establecemento de plantacións propias. "Estamos a recoller agora froitos desa política. Agora esas adegas son as que din que xa non necesitan uvas. Non é que non as necesiten: é para comprar máis baratas. Somos asalariados das adegas pero sen soldo nin seguridade social", subliña o voceiro de UU.AA.

Como neste ámbito e no da produción láctea, o secretario xeral da central denuncia o desequilibrio na negociación dos prezos do polo e reprocha ás cadeas de distribución vender o quilo por 2,20 euros, cando é "imposible" para os avicultores producilo "por debaixo de 2,46 euros".

SECTOR AVÍCOLA E INCENDIOS FORESTAIS

Sobre outra problemática que sofre o mundo rural, o dos danos ocasionados por fauna salvaxe, García defende "sen lugar a dúbidas" a posibilidade de autorizar batidas de xabaril durante todo o ano, para "reducir de forma significativa o número de exemplares". No caso do lobo, está "disposto a colaborar dende un punto de vista ambiental" pero pide cubrir "de forma inmediata" os danos que sufra un gandeiro.

Por outra banda, reitera que, para combater os incendios forestais nos montes galegos, "ou se aposta pola actividade agroaganadera" ou, de xeito contrario, Galicia seguirá "gastando diñeiro" en "contratar bombeiros".

ARQUIVO DA 'TRAMA AGRARIA'

Por ultimo, sobre o arquivo da causa da coñecida como 'trama agraria'', o secretario xeral de Unións Agrarias subliña que como cidadán lle preocuparía ter "un conselleiro de Xustiza --Alfonso Roda -- que fabrica unha acusación falsa solo por móbiles ideolóxicos de calar un sindicato".

Así, para rematar, insistiu en que o sindicato actuará "con todas as ferramentas legais contra os que fabrican acusacións falsas", para o que apelou a esperar o que resultade o recurso presentado polo PP.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

Ve ao sector produtor "ameazado" por medidas que "favoreceron sempre o modelo empresarial e prexudicaron o de agricultor-traballador"
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

O BNG esixe a TVE que non emita corridas de touros en horario infantil, pois 'vulnera' a Lei de Comunicación Audiovisual
A voceiro do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, esixiu a TVE que "retroceda" na decisión de emitir corridas de touros na franxa horaria de programación infantil xa que "vulnera" a Lei de Comunicación Audiovisual.
Pachi Vázquez pide un pleno antes do 17 para 'recordar a España e a UE que Galicia está unida' en defensa do naval
Pide a Feijóo "que deixe de mentir sobre Pemex e o dique flotante" e reivindica que se unan "todos" para "defender un sector clave"
A Xunta di que Pemex 'ten que cumprir' prazos e reitera que traballa para iniciar os floteis 'canto antes'
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, asegurou que Pemex "ten que cumprir unha serie de prazos" antes de iniciar a construción dos dous floteis en Galicia, unhas obras nas que o Goberno galego "traballa", xunto aos estaleiros e á petroleira, para que poidan iniciarse "canto antes".
O PSdeG acusa á Xunta de redactar un decreto de servizos para dependentes que 'trae máis sufrimento' ás familias
Sostén que este proxecto normativo "incumpre" o precepto legal de que ninguén quede excluído de cobertura por razón económica
Autoridades e afectados perfilan a estratexia da fronte común contra o actual acordo pesqueiro con Mauritania
As citas clave, o 17 de setembro, coa comisión mixta e o 9 de outubro, na eurocámara

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes