Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Os sindicatos riscan a Feijóo de 'mentireiro' e esixen que restitúa 'o 100%' das pagas extra a funcionarios en 2014

Fuente: Europa Press | Publicado: 13-09-2013
0 comentarios | Votos: 10 | Nota: 2 |
Os sindicatos maioritarios na Función Pública de Galicia --UGT, CC.OO., CIG e CSIF-- coincidiron este venres en esixir ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que restitúa en 2014 "o cen por cento" das pagas extra os funcionarios galegos despois de que anunciara que o próximo ano se lles manterá o recorte do 40 por cento nesta remuneración levada a cabo en 2013. Desta forma, táchano de "mentireiro" tras anunciar hai uns meses que non ía pedir "máis esforzos" a estes traballadores.

Así, a Área Pública de CC.OO. en Galicia acusa a Feijóo de "mentireiro compulsivo" tras "cinco anos interminables atentando" contra a dignidade dos funcionarios e "chuspindo directamente dende o Parlamento na súa cara", así como "roubando dos seus salarios" no que critica como "unha burla infinita".

Unha das cuestións na que coinciden todos os sindicatos á hora de criticar a Feijóo é que fixera este anuncio o xoves sen consensualo ou informado previamente aos representantes dos traballadores.

Sobre este extremo, en declaracións a Europa Press, a coordinadora da área pública da CIG, Carme López, censurou "a saída de ton que non procede" de Feijóo por "lanzar este globo sonda" tras o Consello da Xunta sen "consensualo" cos representantes dos traballadores. Unha forma de actuar que "non sorprende" a este sindicato, o cal o define como "unha nova mostra de propaganda a través dos medios".

Pola súa banda, CSIF Galicia reclama "a convocatoria urxente" da Mesa Xeral de Empregados Públicos para coñecer "de primeira man" o proxecto de lei de presupostos de 2014 e "evitar solucións distintas que eviten un novo castigo".

"RESPOSTA CONTUNDENTE"

Por todo iso, Comisións Obreiras advertiu que haberá "unha resposta contundente" ante esta "decisión despótica" tomada polos populares galegos.

"Se as regras son rotas unilateralmente por quen debe ser o seu máximo defensor, ábrense todas as posibilidades e CC.OO. esgotaraas se é preciso", avisou o sindicato a través dun comunicado.

Nesta liña, a coordinadora da área pública da CIG, Carme López, avisou que, "de confirmarse", este recorte aos traballadores "terá contestación" e será acorde "coa gravidade" deste axuste, que identificou principalmente "co rexeitamento nas rúas" a través de concentracións e protestas.

Sobre a posibilidade de medidas a tomar por parte de UGT como resposta, o responsable da área pública, José Vázquez, dixo que o sindicato debe estudar entre os seus afiliados vías a seguir, pero non se descartan diferentes tipos de protesta. "Ou isto cambia ou mal imos", avisa.

REPOSICIÓN DO 4% DO SALARIO

Así, a CIG lamenta que o descenso do 40 por cento das pagas extra "é desproporcionado" e supón unha discriminación respecto a funcionarios doutras comunidades.

Ao respecto, reprochou a Feijóo que manter o recorte a funcionarios en 2014 "non é acorde co seu programa" nin co que "viña dicindo ultimamente". Ademais á CIG sorpréndelle que o presidente da Xunta faga de "voceiro" de Rajoy ao dicir que a Administración Xeral do Estado tamén ten pensado "unha conxelación salarial".

Por iso, a CIG esixe a resposición "ao cen por cen" das pagas extraodinarias para 2014 e do catro por cento do salario perdido de media.

UGT: "XA NIN ENFADA QUE FEIJÓO INCUMPRA A SÚA PALABRA"

En declaracións a Europa Press, o responsable da Federación Galega de Servizos Públicos de UGT, José Vázquez, dixo "non entender" que se Galicia "vai tan ben como di Feijóo" que se sigan realizando axustes aos funcionarios mentres "no resto de comunidades, quitando Cataluña, non tiveron este tipo de recortes".

A liña seguido, dixo que "xa nin enfada" que Feijóo "incumpra a súa palabra", porque "o leva facendo sempre" e "dá igual o que diga", tras criticar que "siga a técnica equivocada" de non negociar cos sindicatos antes de facer o anuncio.

Ademais, considera que o mantemento no tempo do descenso da paga extra non axuda a reactivar a economía galega, cunha perda de poder adquisitivo que "é case do 30 por cento" respecto a hai cinco anos.

E é que UGT fai fincapé "na sobrecarga" de traballo adicional que supón para os traballadores as últimas medidas no seu contra, con "máis de 4.200 postos de traballo" na Función Pública de Galicia que "non foron repostos nos últimos tres anos".

CSIF CRITICA A "DESIGUALDADE" CON OUTRAS CC.AA.

Pola súa banda, CSIF Galicia reclama ao líder do Executivo autonómico que "cumpra a súa promesa e dea marcha atrás no seu anuncio de recortar aínda máis o poder adquisitivo" dos 88.000 empregados públicos galegos, tras anunciar en campaña electoral e nos últimos meses que non será así.

Tras lamentar a "desigualdade" dos empregados públicos galegos respecto a outras comunidades, pois dende 2009 "perderon máis do 30 por cento do poder adquisitivo".

"É significativo que Galicia, unha das comunidades máis solventes economicamente, en palabras do seu presidente, fose a primeira en aplicar os recortes aos empregados públicos e será a última en deixar de aplicalos", recrimina o sindicato CSIF Galicia.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme



O MÁIS LEIDO

Vázquez reclamalle ao PP que explique en Soutomaior 'os 2 millóns de euros do congreso e campaña' de Feijóo
Sobre os incendios, pide ao PP que "deixe de insultar os galegos dicindo que van ben" e insta a traballar por un acordo contra o lume
O corpo do mozo vigués apareceu sen signos violencia e a Policía cre que morreu aos poucos días de irse de casa
O corpo do novo Miguel González Cabaleiro, de 24 anos, que apareceu este mércores nunha zona próxima ao aeroporto de Vigo, non presentaba signos de violencia e, aínda que estaba "bastante ben conservado", a Policía sospeita que faleceu aos poucos días de irse da súa casa.
Fiscal pide que Mangouras non vaia a prisión e culpa do sinistro ao 'negocio fraudulento' do transporte
Nega a responsabilidade penal de Sors e di que tivo que tomar "unha decisión dramática, equivocada ou non"
O tribunal avala a xestión 'con profesionalidade' da Administración española e o afastamento do buque
Atribúe a extensión "desmesurada" da marea negra a factores que "non eran absolutamente previsibles"
Caixas. - O xerente da Obra Social de Novacaixagalicia di que hai fondos para seguir sete anos
Cre que aínda que haxa unha venda de Novagalicia hai que buscar que o comprador "manteña" unha entidade "sistémica" en Galicia

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes