Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Decretado o nivel 1 polo incendio que afecta a unhas 120 hectáreas en Lousame e Boiro (A Coruña)

Fuente: Europa Press | Publicado: 30-08-2013
0 comentarios | Votos: 2 | Nota: 3 |
A Xunta decretou o Nivel 1 como medida preventiva polo incendio forestal que permanece activo este xoves na parroquia de Tállara no municipio coruñés de Lousame, que afecta a unha superficie provisional que queimou unhas 120 hectáreas neste municipio e o limítrofe de Boiro. Ademais, este lume obrigou a cortar a estrada provincial que vai a Noia.

Segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural a Europa Press este lume comezou ás 16.15 horas deste xoves na parroquia de Tállara en Lousame e decretouse o Nivel 1 pola proximidade do lume ao lugar de Moimenta, no municipio limítrofe de Boiro, o máis afectado por este incendio.

Nos labores de extinción deste incendio traballan tres axentes forestais, 11 brigadas, catro motobombas, dúas pas, catro helicópteros e dous avións.

Debido a este incendio pasadas as 17.00 horas foi cortada a estrada provincial DP-1105 --de Boiro a Noia--, entre os quilómetros 5 e 8, e tamén afecta en ocasións ao quilómetro 12, polo lume e o fume do incendio, que estivo próximo a algunhas vivendas, segundo explicou a Europa Press a Garda Civil de Tráfico.

Ademais, Medio Rural indicou que este xoves tamén se rexistrou un conato de incendio na mesma parroquia de Lousame, que foi extinguido tras queimar 0,1 hectáreas.

OUTROS LUMES

Ademais, este xoves rexistrouse outro incendio na parroquia de Romai, no municipio pontevedrés de Portas, limítrofe con Meis, que comezou ás 15.02 horas e quedou controlado ás 15.45 horas.

Este lume afecta a unhas 0,7 hectáreas arboladas e nos labores de extinción traballan dous axentes, tres brigadas, dous motobomasb, catro avións e un helicóptero.

Mentres, ás 13.55 horas declarouse un lume en parroquia de Lobaces en municipio ourensano de Trasmiras, que quedou extinguido ás 17.09 horas tras queimar 0,01 hectáreas rasas. Na súa extinción traballaron dous axentes, catro brigadas, dúas motobombas e dous avións --estes despregados polo Ministerio de Medio--, segundo datos de Medio Rural.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme



O MÁIS LEIDO

Sanidade aplicará o novo copagamento antes do 1 de xaneiro e reitera que non se pagará por fármacos 'dentro do hospital'
A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, explicou que Galicia estará preparada para aplicar o copagamento en medicamentos de dispensa hospitalaria antes do día 1 de xaneiro de 2013, a "data límite" dada polo Ministerio de Sanidade e deixou "claro" que os fármacos que se utilizan "dentro do hospital non van ter achega".
Animalistas piden un fondo de recuperación de fauna en Galicia para actuar durante e despois dos incendios
A Fondation Franz Weber (FFW) e a Asociación Animalista Libera reclaman crear en Galicia un Fondo de Resposta Rápida (RRF, nas súas siglas en inglés) para actuar no territorio galego antes e despois dos incendios forestais.
Rosario Porto exercerá a súa autodefensa como avogada na causa na que está imputada pola morte da súa filla
Rosario Porto exercerá a súa autodefensa como avogada na causa na que está imputada polo asasinato pola morte da súa filla, Asunta Basterra, xunto ao letrado que a asiste ata a data, José Luis Gutiérrez Aranguren.
Caballero di que falou con Pachi Vázquez e Besteiro, pero que as primarias son un tema ao que non dedica 'atención'
O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, apuntou que falou co secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez --quen anunciou este venres que non optará á reelección nas primarias do partido--, e co aspirante José Manuel Gómez Besteiro; pero que o asunto das primarias é un tema ao que non dedica "atención".
AGE expresa a súa 'solidariedade' cos empregados de Povisa, que 'loitan contra o neoesclavismo' que pretende a empresa
Alternativa Galega de Esquerda expresou a súa "solidariedade" cos empregados de Povisa, en folga indefinida dende este mesmo luns, toda vez que "están a loitar contra o neoesclavismo que quere impoñer a empresa".

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes