Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Controlado o incendio forestal de Nogueira de Ramuín tras calcinar máis de 60 hectáreas

Fuente: Europa Press | Publicado: 26-08-2013
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 4 |
Equipos de loita contra os incendios controlaron o incendio rexistrado no municipio ourensano de Nogueira de Ramuín 23.34 horas deste domingo, e no que xa se calcinaron, segundo as primeiras estimacións, unhas 60 hectáreas.

Segundo informou a Consellería de Medio Rural, este lume, declarado na parroquia de Vilar de Cerreda, quedou controlado na mañá deste luns despois de calcinar 48 hectáreas de monte raso e 15 de superficie arbolada, segundo as primeiras estimacións provisionais.

No control do lume de Nogueira traballan un técnico, seis axentes forestais, once brigadas, sete motobombas e unha pa.

RODEIRO

Por outro lado, a Consellería de Medio Rural elevou a 100 as hectáreas calcinadas, segundo estimacións provisionais, no incendio forestal de Rodeiro (Pontevedra), que permanece controlado, dende as 7.50 horas deste luns.

No control deste lume, orixinado na parroquia de San Paio de Senra, traballaron un técnico, dous axentes forestais, once brigadas, dez motobombas e dúas pas.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme



O MÁIS LEIDO

Arias Mosquera avisa de que non haberá novo modelo produtivo sen cambiar o educativo e pide un pacto pola educación
Espera "en prazo breve" elevar "substancialmente" a acción da Barrié grazas ao "aumento da rendibilidade" da participación no Popular Calcula "un máximo de dous anos" para concluír a restauración do Pórtico da Gloria, eliminando antes "as humedades da fachada"
A cúpula de Pescanova ideou e executou prácticas para ocultar a súa débeda, segundo o informe 'forensic'
O informe 'forensic' realizado por KPMG para determinar a situación de Pescanova revela que nos últimos exercicios se deseñaron e executaron prácticas contables para ocultar débeda, e que estas prácticas eran "instruídas, executadas, levadas a cabo ou coñecidas, en maior ou menor medida", por membros da cúpula directiva.
O inicio do xuízo contra unha rede que roubaba coches de luxo aprázase ata febreiro
O inicio do xuízo contra unha rede que roubaba coches de luxo, a coñecida como 'Operación Bocarte', quedou este mércores aprazada ata previsiblemente, o próximo mes de febreiro. Os motivos, a incomparecencia de varios dos citados a declarar e a presenza dun dos que fora considerado en paradoiro descoñecido.
Un xulgado condena a NCG a cesar a colocación de preferentes sen información 'axeitada' e 'comprensible'
O xulgado de Primeira Instancia número 11 de A Coruña, tras admitir a trámite unha demanda colectiva presentada pola Fiscalía contra NCG Banco e dúas sociedades mercantís (que xestionan a emisión de participacións preferentes) vinculadas á entidade, ditou sentenza na que condena á entidade a que "cese e, ademais comprométase no futuro a evitar calquera actuación que non responda a unha axeitada información suficiente, comprensible e adaptada ás circunstancias do investidor, en materia de participacións preferentes".
O paro sobe en 7.492 persoas en outubro en Galicia, un 2,87%, ata as 268.225
Un total de 143.797 persoas perciben algún tipo de prestación

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes