Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Leiro (Ourense) e Ferreira de Pantón (Lugo) superan os 40 graos nun día de ceos totalmente despexados en Galicia

Fuente: Europa Press | Publicado: 10-08-2013
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 1 |
Os municipios de Leiro, en Ourense, e Ferrerira de Pantón, no sur de Lugo, rexistraron temperaturas por enriba dos 40 graos este sábado, nunha xornada de ceos totalmente despexados na Comunidade galega salvo en A Mariña Occidental, onde houbo nubes de estancamento.

Segundo a información de MeteoGalicia, para mañá domingo espera outra xornada de moita calor, polo que se manteñen os avisos de alertas amarelas por temperaturas máximas.

ÁS 18.00 horas, as estacións agrometeorológicas de Leiro e Ferreira de Pantón rexistraran temperaturas superiores aos 40 graos. Nas Rías Baixas, pola súa parte, ata as 17.30 horas, as temperaturas máis altas alcanzáronse nos concellos de Redondela (35,5), Pontevedra (34,2) e Vigo (33,7).

Ata as 17.00 horas, segundo a conta de Twitter de MeteoGalicia, en Ourense os termómetros chegaron a 39,2 graos en Arnois; 38,9 en Leiro; 37,9 en Ourense e 36,8 en Castrelo do Miño. As temperaturas máis altas ata as 17.00 horas en Pontevedra déronse en Arbo (38,4), Mondariz (37,6), Tui (37,2) e Salvaterra (36,8).

MeteoGalicia prevé que a semana que vén sexa anticiclónica, con nubes de evolución que polas tardes poden deixar algunha actividade tormentosa. As temperaturas, finalmente, serán máis suaves.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

Os municipios de Leiro, en Ourense, e Ferrerira de Pantón, no sur de Lugo, rexistraron temperaturas por enriba dos 40 graos este sábado, nunha xornada de ceos totalmente despexados na Comunidade galega salvo en A Mariña Occidental, onde houbo nubes de estancamento.
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

Salvamento mobiliza un helicóptero e unha embarcación para seguir a busca dos dous desaparecidos en Valdoviño
O operativo que coordina Salvamento Marítimo para buscar as dúas persoas desaparecidas, un pai e a súa filla, tras ser arrastradas polo mar o día de Reis na localidade de Valdoviño (A Coruña) retomouse este mércores cun helicóptero por aire e unha embarcación por mar.
O Xulgado de Instrución de Lugo decreta prisión para dúas persoas dunha organización dedicada a distribuír cocaína
A Garda Civil incáutase de 1.900 pastillas dunha nova substancia no interior dun remolque frigorífico nun cámping de caravanas
'Costa da Morte' obtén o Premio do Público e unha mención especial do xurado no Festival dei Popoli de Florenc
O filme 'Costa da Morte', do galego Lois Patiño, obtivo o Premio do Público e unha mención especial do xurado na 54ª edición do Festival dei Popoli de Florencia.
As peticións de comida ás cociñas económicas crecen en Galicia, en paralelo á 'xenerosidade' das achegas
A de A Coruña, a máis antiga na comunidade autónoma, subministra unha media de 1.250 porcións ao día
Beiras, 'acostumado' a que as súas palabras 'se deturpen', insiste en que Resistencia Galega é 'un chibo expiatorio
Cre que hai novos que conclúen "que só unha acción heroica pode cambiar as cousas" pero condena a utilización de artefactos explosivos

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes