Galixfera.com o portal galego de información e servicios

O PSdeG acusa á Xunta de redactar un decreto de servizos para dependentes que 'trae máis sufrimento' ás familias

Fuente: Europa Press | Publicado: 06-08-2013
0 comentarios | Votos: 1 | Nota: 5 |
A vicevoceira do Grupo Parlamentario Socialista, Carmen Gallego, esixiu este luns a retirada do proxecto de decreto que regula os servizos para dependentes porque leva consigo "máis sufrimento" para as familias ao "consagrar" a política de recortes do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Neste sentido, en rolda de prensa, fixo fincapé en que este decreto segue "o modelo económico" de Feijóo, que pasa por centrar os recursos na redución do déficit a custa de introducir "máis dificultades" ás familias. "Fai aumentar o risco de pobreza e de exclusión", denunciou a deputada socialista.

De feito, recordou que esta modificación xa recibiu o informe desfavorable do Consello Consultivo porque pretende aplicar un "copagamento lineal" de 20 euros por persoa, con independencia dos seus ingresos, e porque "xera inseguridade xurídica".

Ademais, como referiu, este proxecto de decreto "incumpre" os preceptos da Lei de autonomía persoal e a Lei galega de servizos sociais, que garanten que "ningún cidadán quedará excluído" da cobertura do sistema por cuestións económicas.

RECORTES ANTERIORES

Outro aspecto que criticou é que establece un mínimo de convivencia cos dependentes de 183 días para as persoas encargadas dos seus coidados, de modo que dificulta a atención daqueles a dependencia dos cales acontecera de forma "repentina", como por exemplo, tras un accidente.

A iso engadiu a exconselleira socialista que Feijóo xa "baixou" as horas de atención a dependentes "entre 20 e 25 horas ao mes" e que instaurou "copagamentos máis altos, de ata o 50 por cento de incremento". E é que, segundo as súas propias palabras, a actual Xunta é "dura cos débiles e compracente cos poderosos".

RETIRADA DO DECRETO

Por todo, Carmen Gallego demandou a retirada deste proxecto de decreto, que sería a terceira modificación "en pouco máis dun ano". "Hai que volver ás prestacións recollidas na Lei de servizos sociais de Galicia", defendeu.

Como relatou na súa comparecencia ante os medios, a "orixe" desta reforma é o Real Decreto de 2012 polo que o Goberno central "recortou 1.800 millóns de euros" aos servizos sociais municipais, de modo que "xa non se atende dependentes moderados, xa non se financia a teleasistencia e xa non se poden contratar coidadores".

Así mesmo, a tamén voceiro socialista de Servizos Sociais na Cámara denunciou que o Goberno central, dende a chegada de Mariano Rajoy ao cargo, modificou as estatísticas de dependencia, polo que agora "resulta imposible saber" cál é a situación actual en comparación con anos anteriores.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

Sostén que este proxecto normativo "incumpre" o precepto legal de que ninguén quede excluído de cobertura por razón económica
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

Falece un home nun accidente laboral nas Neves (Pontevedra)
Un home duns 53 anos de idade faleceu este venres nun accidente laboral rexistrado ao levar un golpe no termo municipal das Neves (Pontevedra).
A cifra de negocios do sector industrial descendeu un 0,8% en 2012 en Galicia e o persoal ocupado caeu un 7,7%
A cifra de negocios do sector industrial galego alcanzou en 2012 os 33.978 millóns de euros, o que representa un descenso do 0,8% en relación ao ano anterior, mentres que o persoal ocupado se reduciu un 7,7%, ata un total de 128.076 persoas de media, de acordo coa Enquisa Industrial de Empresas que publicou este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).
Conclúe o rexistro na casa da nai de Asunta e comezan as pescudas no piso do pai
O rexistro na casa na que vive a nai de Asunta, a nena achada morta nun municipio próximo a Santiago de Compostela, concluíu tras unhas tres horas nas que a garda civil solicitou información relativa ao caso. A continuación comezaron as dilixencias na vivenda do pai.
Case 80.000 alumnos de Eso de Galicia participarán nunha enquisa sobre o uso de Internet para detectar 'riscos'
O valedor do Pobo o vai un proxecto "ambicioso" e "pioneiro" que só se puxo en marcha en zonas de California, Alemaña e Tokyo
Méndez (PSdeG) di que agora arranca a recollida de avais para 'primarias' e rexeita comprometerse cun candidato
O deputado do PSdeG José Luis Méndez Romeu sinalou que a recollida de avais dos candidatos para presentarse ás primarias consultivas da formación arranca o próximo luns e que será entón cando se concreten os nomes de aspirantes.

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes