Galixfera.com o portal galego de información e servicios

Fomento constitúe unha oficina de atención ás vítimas do accidente ferroviario de Santiago

Fuente: Europa Press | Publicado: 29-07-2013
0 comentarios | Votos: 5 | Nota: 2 |
O Ministerio de Fomento decidiu constituír unha oficina de atención ás vítimas do accidente ferroviario rexistrado o pasado mércores en Santiago de Compostela co fin de garantir "a súa plena atención", segundo informou o Departamento.

A constitución da oficina decidiuse na reunión que a responsable do Ministerio, Ana Pastor, mantivo este luns cos equipos técnicos de Renfe, Adif e os altos cargos do Ministerio de Fomento.

Na reunión estiveron presentes o secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Rafael Catalá; o subsecretario do Minsiterio, Mario Garcés, e os secretarios xerais de Infraestruturas e Transportes, Manuel Niño e Carmen Librero, respectivamente.

Segundo informou Fomento nun comunicado, no encontro analizáronse as actuacións do Ministerio tras o "tráxico accidente ferroviario" acontecido o pasado mércores. Ademais, decidiuse crear a Oficina de Atención ás Vítimas.

RECUPERACIÓN DA ZONA DO SINISTRO.

Así mesmo, o Ministerio avanzou que representantes de Adif se reunirán "nas próximas horas" co Concello de Santiago e os veciños do barrio de Angrois para comezar as obras de recuperación da zona.

Fomento asegura que está a colaborar coas investigacións, tanto a xudicial como a da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF), para coñecer "o antes posible" as causas do accidente.
Comentarios:

Queres comentar a noticia?

En breve poderá darse de alta como usuario para poder comentar as noticias. Unha vez rexistrado poderás comentar e moito máis

Regístrarme

O Ministerio colabora coa investigación para coñecer "o antes posible" as causas
Derechos: Europa Press


O MÁIS LEIDO

O inicio do xuízo contra unha rede que roubaba coches de luxo aprázase ata febreiro
O inicio do xuízo contra unha rede que roubaba coches de luxo, a coñecida como 'Operación Bocarte', quedou este mércores aprazada ata previsiblemente, o próximo mes de febreiro. Os motivos, a incomparecencia de varios dos citados a declarar e a presenza dun dos que fora considerado en paradoiro descoñecido.
Un xulgado condena a NCG a cesar a colocación de preferentes sen información 'axeitada' e 'comprensible'
O xulgado de Primeira Instancia número 11 de A Coruña, tras admitir a trámite unha demanda colectiva presentada pola Fiscalía contra NCG Banco e dúas sociedades mercantís (que xestionan a emisión de participacións preferentes) vinculadas á entidade, ditou sentenza na que condena á entidade a que "cese e, ademais comprométase no futuro a evitar calquera actuación que non responda a unha axeitada información suficiente, comprensible e adaptada ás circunstancias do investidor, en materia de participacións preferentes".
Arias Mosquera avisa de que non haberá novo modelo produtivo sen cambiar o educativo e pide un pacto pola educación
Espera "en prazo breve" elevar "substancialmente" a acción da Barrié grazas ao "aumento da rendibilidade" da participación no Popular Calcula "un máximo de dous anos" para concluír a restauración do Pórtico da Gloria, eliminando antes "as humedades da fachada"
A cúpula de Pescanova ideou e executou prácticas para ocultar a súa débeda, segundo o informe 'forensic'
O informe 'forensic' realizado por KPMG para determinar a situación de Pescanova revela que nos últimos exercicios se deseñaron e executaron prácticas contables para ocultar débeda, e que estas prácticas eran "instruídas, executadas, levadas a cabo ou coñecidas, en maior ou menor medida", por membros da cúpula directiva.
O Banco de España cuestionou en 2009 a viabilidade de Caixa Galicia e alertou do risco inmobiliario en Caixanova
Un informe indica que os primeiros "síntomas de deterioración" na caixa de A Coruña manifestáronse a inicios de 2007

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes