Galixfera.com o portal galego de información e servicios

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes
O MÁIS LEIDO

Buscan restos óseos en A Cañiza (Pontevedra) tras aparecer un cranio humano
A Garda Civil atópase peiteando unha zona da localidade pontevedresa de A Cañiza onde apareceu un cranio supostamente humano, co obxectivo de intentar localizar novos restos óseos.
Entregan máis de 2.500 sinaturas na Xunta para reclamar unha política forestal que evite os incendios
Esixen levar a cabo unha ordenación do territorio acorde coas "características reais" de Galicia
A Asociación Fonte da Virxe reivindica a través do teatro melloras á atención no Día da Saúde Mental
O grupo de teatro afeccionado 'Os Papachangos', creado no seo da Asociación Fonte da Virxe, leva a cabo este xoves unha xornada de teatro en Santiago de Compostela, con motivo do Día Mundial da Saúde Mental --que se celebra este 10 de outubro--, para reivindicar unha mellora na atención aos pacientes.
Adif di que no punto do accidente o ASFA é suficiente, ao ser un tramo de integración urbana
O tramo de liña ferroviaria das proximidades de Santiago de Compostela onde o mércores se rexistrou o descarrilamento do tren Alvia non require o sistema de seguridade ERTMS (European Rail Traffic Management System), dado que é un tramo de integración urbana nos que os trens reducen a velocidade porque van entrar na estación e para o que o sistema ASFA é suficiente.
Catedral de Santiago reúne fondos para restaurar a súa fachada a través de 'crowdfunding' e busca mecenas para financiar
Segundo a contía da doazón anual, os socios poderán facerse amigos, colaboradores ou benfeitores da basílica

Noticias publicadas:
O ministro de Agricultura, preguntado por se hai crise no Goberno: "Eu non teño ningunha sensación de nada"
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

O ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, negou a existencia de crise no seo do Goberno central ao reivindicar que o Executivo "traballa constantemente en solucionar os problemas dos españois". De feito, previu que as reformas estruturais que se están a adoptar "darán o seu froito na creación de emprego e o crecemento económico".

"Cada ministro está dedicado á súa actividade e eu non teño ningunha sensación de nada", respondeu o titular do departamento a cuestións dos xornalistas sobre a percepción de crise no equipo de Mariano Rajoy, antes de clausurar un congreso sobre pesca na capital galega.

Cañete defendeu ter "muchísimo traballo" e estar a afrontar "moitas reformas estruturais". Ademais, referiuse a "un punto de partida moi complicado" para describir "un país que estaba nunha bancarrota financeira, con comunidades autónomas que non podían financiar os seus propios presupostos e cun sistema financeiro en moi malas condicións".

"Tivemos que afrontar redución do déficit público, saneamento do sistema financeiro, das entidades locais e comunidades pagando aos provedores que non estaban pagados", enumerou.

Deste modo, o ministro resolveu que "o Goberno está a facer reformas estruturais que darán o seu froito na creación de emprego e o crecemento económico" e apuntou que el, durante o último semestre, se centrou nas reformas das políticas agraria e pesqueira da Unión Europea por considerar que "foron as fundamentais" neste período.

(AMP) O PSOE de Lugo defende que o alcalde pida a xuíza da 'Pokémon' que declare como testemuña por filtracións
O rexedor asegura que ten "plena confianza" nos seus avogados, igual que eles a teñen na súa "inocencia"

LUGO, 6 (EUROPA PRESS)

O número dous do PSOE lucense, Juan Carlos González Santín, defendeu este xoves que o alcalde de Lugo, José López Orozco, pedira, a través dos seus avogados, que declare como testemuña a xuíza do Xulgado de Instrución Número 1, Pilar de Lara, por filtracións do sumario da 'Operación Pokémon'.

Os avogados de Orozco trasladaron a petición á xuíza do Xulgado de Instrución Número 3 de Lugo, que leva a 'Operación Campeón', Estela San José, que é a mesma que instrúe as dilixencias por revelación de segredos denunciada en días pasados tras algunhas informacións sobre un auto xudicial que apuntaba posible cobramento de subornos da empresa da grúa municipal.

Santín dixo que "chama poderosamente a atención en que nun sumario que Piar de Lara declara secreto, estea case todos os días" nos medios de comunicación". "Eu non sei se Pilar de Lara terá que ir ao xulgado, non coñezo como funciona neste caso a Xustiza, pero, en calquera caso ten que haber un responsable desas filtracións e ten que responder ante a Xustiza", sostivo.

O secretario de Organización dos socialistas de Lugo manifestou que non dubida da "inocencia" do alcalde ante a imputación na causa. "Iso está fóra de toda dúbida e creo que en Lugo non hai ninguén que dubide da inocencia do noso alcalde", apostilou.

Ademais, Santín manifestou que Orozco "está a pasar por un momento persoal malo, porque cando a un se lle acusa de cousas tan graves sen tan siquiera saber de que se che acusa, e te decatas polos medios de comunicación, é unha situación de indefensión grandísima". "Eu estou seguro que cando a Xustiza se pronuncie o alcalde quedará fóra de toda dúbida, como xa pasou en ocasións anteriores," concluíu.

"TEÑO PLENA CONFIANZA"

Pola súa banda, Orozco manifestou a súa "plena confianza" nos avogados e na "acción que fixeron". "Teño plena confianza nos meus avogados como eles teñen plena confianza na miña inocencia", sinalou.

Deste xeito, e en declaracións este xoves, o alcalde de Lugo sinalou que "agora só queda esperar que a Xustiza actúe, e nada máis".