Galixfera.com o portal galego de información e servicios

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes
O MÁIS LEIDO

O Xulgado de Instrución de Lugo decreta prisión para dúas persoas dunha organización dedicada a distribuír cocaína
A Garda Civil incáutase de 1.900 pastillas dunha nova substancia no interior dun remolque frigorífico nun cámping de caravanas
Xunta, técnicos e sector trasladan unha mensaxe de 'certo optimismo' ante a estabilización da marea vermella
O sector bateeiro destaca que "non se pode falar de perdas económicas porque non hai mortaldade e o mexillón segue nas cordas"
AGE pide unha comisión de investigación no Parlamento de Galicia para aclarar as causas do sinistro
O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) rexistrou este mesmo luns a petición dunha comisión de investigación na Cámara galega para esclarecer as "causas" do accidente de tren de Angrois, así como "as condicións de seguridade" na rede ferroviaria de alta velocidade en Galicia.
Os sindicatos riscan a Feijóo de 'mentireiro' e esixen que restitúa 'o 100%' das pagas extra a funcionarios en 2014
Advirten que haberá resposta "contundente" e CC.OO. denuncia que o presidente da Xunta "chuspe dende o Parlamento aos traballadores
O BNG cre que o novo atraso na adxudicación dos floteis demostra que Feijóo 'mentiu'
O voceiro do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, asegurou que o novo atraso na adxudicación dos floteis de Pemex demostra que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "mentiu" sobre este asunto.

Noticias publicadas:
A oposición pide á Xunta que constrúa o dique flotante e o PP rexéitao alegando que corresponde a Navantia
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

O PPdeG rexeitou este xoves unha iniciativa, presentada polo PSdeG e avalada polo resto dos grupos da oposición, que reclamaba á Xunta "construír de forma inmediata" o dique flotante na ría de Ferrol. "A Xunta non pode facer o dique flotante, teno que facer Navantia, a Sepi", argumentou o deputado popular Miguel Tellado para xustificar a súa postura en contra.

A proposición non de lei debateuse na Comisión 6ª do Parlamento, na que a autora desta, a socialista Beatriz Sestayo, advertiu sobre a "situación terrible de Ferrolterra". A cidade cabeceira da bisbarra, dixo, é "a máis castigada" e a que soporta "a maior caída de actividade industrial do Estado español".

Así, indicou que as cifras apuntan a que os despedimentos alcanzan xa os 2.315 no naval ferrolano e destacou que se prepara unha folga comarcal para o próximo 12 de xuño en protesta pola situación dos estaleiros. As cifras de desemprego, apuntou Sestayo, "chaman a atención", posto que é a primeira vez que se dá nunha cidade industrial unha taxa de paro "case igual" á taxa de ocupación.

Por iso, a deputada criticou os "compromisos que quedan incumpridos de forma fraudulenta unha e outra vez" e defendeu a súa proposta, que pide ao Goberno galego construír o dique flotante e o centro de reparacións en Ferrol, así como dar carga de traballo aos estaleiros e "asumir responsabilidades políticas ante os incumprimentos reiterados" da Xunta.

En fronte, o deputado do PPdeG Miguel Tellado trasladou o "apoio" do Goberno galego aos traballadores do naval e admitiu que viven "unha situación de incerteza" pola falta de carga de traballo, unha cuestión que se produciu nos "últimos seis anos".

Tellado rexeitou a "iniciativa imposible de aprobar" presentada polo PSdeG, ao que acusou de buscar "un titular doado". Non obstante, obxectou que "a Xunta non é a titular do estaleiro", polo que corresponde a Navantia levar a cabo o proxecto do dique flotante, para o que ademais é necesaria unha autorización da Unión Europea, destacou.

"Polos mesmos motivos a Xunta non pode construír o centro de reparacións", agregou e dixo que "non é competencia da Xunta buscar carga de traballo para Navantia, pero o fixo". Así, indicou que urxen a Navantia "a que se inicie canto antes a construción do dique" e que logre carga de traballo para Ferrol.

Polo seu lado, tanto a voceiro de Alternativa Galega de Esqueda (AGE) no debate, como a do BNG, Consuelo Martínez e Carme Adán, respectivamente, trasladaron o seu respaldo á proposta socialista.

A xuízo de Martínez é "vergonzoso como se está a tratar os traballadores do naval, como se intenta enganalos mes tras mes". "Dáme a impresión de que isto se vai alongar tanto que non vai haber estaleiros que sexan capaces de resistir", engadiu.

Adán, pola súa banda, manifestou a súa "perplexidade" por ter que seguir debatendo este asunto e pola actitude da Xunta e, en concreto, do director xeral de Industria, Enerxía e Minas, que previamente contestara outra pregunta sobre o naval na comisión. Déixanos máis preocupados", dixo a nacionalista e criticou a "autocompracencia do Goberno de Feijóo" respecto ao naval e a "dúas bisbarras nunha situación límite".

Casares Long cre que a redución salarial do persoal de USC "vai en contra de valorar a eficiencia"
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Casares Long, considerou que a redución do 5 por cento da masa salarial da universidade "vai en contra de valorar a eficiencia e a produtividade" e asegurou que "foi moi custosa" e que "non quedou máis remedio que a facer".

Deste xeito pronunciouse o reitor da USC tras ser preguntado sobre a esixencia da Xunta de reducir o salario do persoal da universidade para conseguir unha baixada do 5 por cento da masa salarial total da USC.

A este respecto, Casares Long criticou que mentres que ao resto de empregados públicos da Comunidade autónoma, "esta redución foi automática", ás universidades galegas "lles tocou levar a cabo esta tarefa imposta de minorización salarial".

"Tivemos que facelo internamente e como entenderedes, non compartimos a visión esa visión de que nós sexamos os responsables do déficit" manifestou o reitor antes de incidir en que a decisión "foi tomada polos representantes da sociedade a través da Lei de Presupostos de Galicia para 2013".

Neste sentido, destacou que as universidades levaron a cabo a redución "adaptándose cada unha" á súa situación e "seguindo as pautas marcadas pola Xunta sobre a interpretación do que estipulado na Lei de presupuestos.

"Fixémolo claramente en contra do que creemos que corresponde", insistiu antes de sinalar que algúns dos criterios recollidos na lei "van claramente en sentido contrario a valorar a produtividade e a eficiencia no exercicio do traballo".