Galixfera.com o portal galego de información e servicios

O maior directorio galego de empresas e profesionais. Direccións, teléfonos...

Alimentación Animais Arte e cultura Artes gráficas
Asesorías e laboral Asociacións, colexios oficiais e profesionais Automoción Comercio varios
Comercio, banca e finanzas Construción Deportes Enoloxía
Ensino Espectáculos e eventos Establecementos hoteleiros Estética e beleza
Flores e plantas Fogar e mobles Imaxe e son Industria
Enxeñaría Inmobiliaria Instalacións e mantenimientos Xoiaría e reloxaría
Xustiza e servizos legais Maquinaria Náutica e servizos navais Ocio
Publicidade, mercadotecnia e medios Relixión e servizos funerarios Restaurantes e hostalaría Saúde
Seguridade e vixilancia Seguros e mutuas Servizos a empresas Servizos fogar
Servizos sociais Servizos e subministracións Tecnoloxía e comunicacións Téxtil e complementos
Transportes e loxística Turismo Viaxes

Noticias publicadas:
A Xunta pon a disposición do Parlamento a documentación solicitada pola comisión de estudio das antigas caixas
Os datos refírense á actividade das entidades durante os últimos dez anos e unha parte ten carácter confidencial

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

A Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias entregou na mañá deste xoves ao Parlamento de Galicia un total 34 caixas con case 30.000 folios referentes á actividade desenvolvida polas antigas caixas galegas.

Nun comunicado, a Consellería de Facenda explicou que a información foi solicitada pola comisión de investigación que se constituíu na Cámara galega para analizar a evolución económico-financeira das antigas entidades de aforro galegas e as causas e responsabilidades da súa situación actual, incluídas as indemnizacións millonarias dos seus directivos.

En concreto, unha parte desta entrega, 20 das 34 caixas, ten carácter non confidencial, mentres que as restantes 14 caixas están catalogadas como información confidencial.

CUSTODIA

O conxunto da documentación refírese á actividade das antigas caixas dende 2004, polo que aborda o funcionamento destas entidades financeiras durante os últimos dez anos.

Segundo indicou o Goberno galego, a documentación foi custodiada en todo momento no seu traslado dende as dependencias da Administración autonómica ata as instalacións da Cámara galega, seguindo o procedemento habitual neste tipo de entregas.

A Xunta contrata 125 brigadas contra incendios de Seaga, co que suma 500 efectivos máis ao operativo
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

O Goberno galego aprobou este xoves a contratación de 125 brigadas da empresa pública Seaga para a prevención e defensa contra os incendios forestais. O presuposto de licitación da encomenda é de 5,1 millóns de euros, segundo informou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

Conforme ao acordo autorizado na reunión semanal do Goberno autonómico, durante a época de alto risco serán 125 as brigadas contratadas de Seaga, que actuarán de reforzo ao dispositivo do servizo contra incendios, o que supón que 500 efectivos máis se sumarán ao operativo.

Estas brigadas, formadas por catro persoas, realizarán labores de prevención e defensa do medio rural durante os meses de xullo, agosto e setembro. Tamén se ocuparán, de ser necesario, de protección de bens e persoas no medio rural.

OITO AVIÓNS

Ademais, o Goberno contratará tamén oito avións durante os anos 2013, 2014 e 2015, dos que sete son de carga en terra para tarefas de extinción, e un de vixilancia e coordinación de medios aéreos. O presuposto de licitación desta contratación supera os 3 millóns de euros.