Galixfera.com el portal gallego de información y servicios

El mayor directorio gallego de empresas y profesionales. Direcciones, teléfonos...

Alimentación Animales Arte y cultura Artes gráficas
Asesorías y laboral Asociaciones, colegios oficiales y profesionales Automoción Comercio varios
Comercio, banca y finanzas Construcción Deportes Enología
Enseñanza Espectáculos y eventos Establecimientos hoteleros Estética y belleza
Flores y plantas Hogar y muebles Imagen y sonido Industria
Ingeniería Inmobiliaria Instalaciones y mantenimientos Joyería y relojería
Justicia y servicios legales Maquinaria Náutica y servicios navales Ocio
Publicidad, márketing y medios Religión y servicios funerarios Restaurantes y hostelería Salud
Seguridad y vigilancia Seguros y mutuas Servicios a empresas Servicios hogar
Servicios sociales Servicios y suministros Tecnología y comunicaciones Textil y complementos
Transportes y logística Turismo Viajes

Noticias publicadas:
A Cámara pide promover a "integración" da pesca deportiva en Galicia coas actividades extractivas
Fajardo (AGE) insta o PPdeG a convocar "eleccións" porque goberna "de forma ilexítima" e Balseiro reproba as súas "barbaridades"

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 (EUROPA PRESS)

O PPdeG aprobou en solitario este mércores unha iniciativa na que a Cámara insta á Xunta a "fortalecer e fomentar" o turismo mariñeiro, ademais de promover a "integración" da pesca deportiva xunto co resto das actividades extractivas, entendendo que esta xestión debe ser "común" en canto a que "comúns" son os recursos sobre os que se actúa.

Para tal fin, a proposta, defendida polo popular José Manuel Balseiro, insta a establecer un corpo normativo "específico" para esta actividade, velando pola sostenibilidade e a formulación dunha oportunidade económica "adicional" para as zonas costeiras. Ademais, incide na necesidade de potenciar as actividades deportivas náuticas como fórmula de complementariedade do aproveitamento do mar de Galicia.

Os grupos da oposición rexeitaron apoiar a iniciativa do PPdeG, que o deputado do BNG Daniel Rodas cualificou de "mera e pura propaganda". "Compórtanse vostedes como verdadeiros canallas; este país non necesita palabras e propaganda, senón que se estea a pé de obra", advertiu o parlamentario nacionalista.

Na mesma liña, o parlamentario de AGE Juan Manuel Fajardo acusou os populares de "sinvergüenzas políticos" porque, alegou, "non ten vergoña en vir aquí a dicir o contrario do que fan". Ao respecto, instou a Balseiro a aclarar "como se compaxina" a súa petición coa "contaminación" das rías, a "desprotección" do litoral ou proxectos como a mina de Corcoesto.

Tamén o socialista José Ramón Val advertiu ao PPdeG de que o PSdeG "non vai ser que lave a cara ao Goberno galego, a Feijóo e á conselleira Rosa Quintana", antes de subliñar que a iniciativa impulsada este mércores só pretende "encubrir a incapacidade e o pouco traballo" do Executivo autonómico na xestión dos fondos europeos.

Pola súa banda, Balseiro lamentou a actitude da oposición e advertiu o voceiro socialista no debate de que vai "nunha mala liña facéndoo caso" a BNG e a AGE. A Rodas, o deputado popular advertiulle de que as "gamberradas máis grandes" que houbo en Galicia "sempre tiveron ao BNG á fronte", mentres que rexeitou contestar ás "barbaridades" de Fajardo.

"GOBERNAN DE FORMA ILEXÍTIMA"

Posteriormente, os populares rexeitaron cos seus votos unha iniciativa do PSdeG para desenvolver unha campaña de promoción do mexillón e outra proposición non de lei do BNG relativa a investigar o uso "irregular" dos vehículos do Servizo de Gardacostas, nun debate marcado polo enfrontamento no que Fajardo acusou ao PPdeG de "gobernar de forma ilexítima".

Entre chamadas á cuestión do presidente da Comisión de Pesca, Javier Guerra, Fajardo insistiu en que o PPdeG goberna "de forma fraudulenta" porque no seu programa non dixo "que ía esquilmar o país nin o a poñer en venda". "Deberían convocar unhas novas eleccións porque moitos cidadáns estarían encantados de dar unha patada no cu ao Goberno", augurou.

"Vive nun mundo irreal", replicou Balseiro, quen xustificou que "non é necesario" impulsar unha campaña de promoción do mexillón galego porque xa se está a preparar "unha conxunta" entre o departamento que dirixe Rosa Quintana e o consello regulador.

O 18,5% considérase nacionalista e o 74,8% tan galego como español
A maioría nunca participou nunha manifestación, nin foi a unha folga nin tivo hábitos de consumo ambientais, políticos ou éticos

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 (EUROPA PRESS)

O 18,5 por cento dos galegos declárase nacionalista, e o 16,6 por cento considérase máis galego que español, mentres que o 1,9 por cento só se define como de Galicia. Pola súa banda, o 76 por cento responde que non é nacionalista e o 74,8 por cento séntese por igual español e galego.

Así o recolle o avance de resultados do estudio 'postelectoral de Galicia. Eleccións Autonómicas 2012', que publicou este mércores o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), e no que se realizaron 2.995 entrevistas entre poboación con dereito a voto nas eleccións autonómicas e residentes en Galicia. As preguntas realizáronse entre o 25 de outubro e o 9 de decembro en 175 municipios galegos.

Deste mesmo traballo demoscópico despréndese que o BNG é considerada a forza política máis nacionalista, cun 8,02 de media (sendo 10 o máximo); seguida da coalición AGE cun 7,08 de puntuación. O PSdeG, cun 3,96, e o PP, cun 2,76, están por debaixo do cinco na escala do nacionalismo galego.

Ademais, este estudio revela que o 50,3 por cento dos galegos enquisados elixe un modelo de Estado como o que hai actualmente, con comunidades autónomas. O 16,2 por cento prefire un Goberno central sen autonomías, e o 10,4 por cento aposta por menor autonomía que na actualidade.

Pola súa banda, o 9,8 por cento das persoas quere un Estado máis descentralizado e o 2,7 por cento un no que se recoñecese ás comunidades autónomas a posibilidade de converterse en estados independentes.

Os galegos enquisados defínense nun 15,5 por cento dos casos como conservadores; no 12,9 por cento, como liberais; e no 9,4 por cento, como socialistas. Progresista considérase o 6,6 por cento; nacionalista, o 4,9 por cento; socialdemócrata, o 4,3 por cento e demócrata cristián, o 3,9 por cento.

ACCIÓNS NAS QUE SE PARTICIPARON

A maioría dos galegos nunca participou en manifestacións autorizadas, nin nunha folga, nin ocuparon edificios ou participaron en encerros e tampouco deixaron de comprar ou compraron produtos por razóns políticas, éticas ou para favorecer o medio.

Así, o 95 por cento dos galegos nunca ocupou un edificio, nin participou nun encerro ou bloqueou o tráfico; o 69,8 por cento nunca comprou nin deixou de comprar certos produtos; o 60,8 por cento nunca participou nunha folga, e o 56,2 por cento nunca asistiu a unha manifestación autorizada.

Fronte a iso, o 30,6 por cento si participou nalgunha ocasión nunha folga; o 22,7 por cento cambiou hábitos de consumo por razóns políticas, éticas ou polo medio; e o 33,6 por cento acudiu algunha vez a unha manifestación.

Dos enquisados, por enriba do 90 por cento en todos os casos, non están afiliados a ningunha asociación de veciños, grupo ou asociación xuvenil, partido político, sindicato, asociación relixiosa ou parroquial, asociación empresarial, colexio profesional, asociación cultural, grupo ecoloxista, club deportivo, asociación de nais e pais, asociación de consumidores nin a unha ONG ou asociación de solidariedade.

No lado afirmativo, a porcentaxe máxima lévao o grupo dos que están afiliados a un club deportivo, cun 8,8 por cento; seguido da afiliación sindical (o 7,4%), do asociacionismo veciñal (un 7,1%), e a afiliación a unha ONG (6,4%).