Galixfera.com el portal gallego de información y servicios

El mayor directorio gallego de empresas y profesionales. Direcciones, teléfonos...

Alimentación Animales Arte y cultura Artes gráficas
Asesorías y laboral Asociaciones, colegios oficiales y profesionales Automoción Comercio varios
Comercio, banca y finanzas Construcción Deportes Enología
Enseñanza Espectáculos y eventos Establecimientos hoteleros Estética y belleza
Flores y plantas Hogar y muebles Imagen y sonido Industria
Ingeniería Inmobiliaria Instalaciones y mantenimientos Joyería y relojería
Justicia y servicios legales Maquinaria Náutica y servicios navales Ocio
Publicidad, márketing y medios Religión y servicios funerarios Restaurantes y hostelería Salud
Seguridad y vigilancia Seguros y mutuas Servicios a empresas Servicios hogar
Servicios sociales Servicios y suministros Tecnología y comunicaciones Textil y complementos
Transportes y logística Turismo Viajes

Noticias publicadas:
NCG Banco negocia con tres investidores interesados a venda da UGAS
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 (EUROPA PRESS)

NCG Banco está a negociar con tres investidores interesados a venda da súa Unidade de Xestión de Activos Singulares (UGAS), na que se aglutinan activos non traspasados á Sareb, o grupo inmobiliario e as oficinas fóra da área tradicional que non forman parte da estrutura de EVO Banco -- tamén en venda--.

A entidade galega trasladou aos sindicatos que, de entre os "varios" interesados en facerse coa UGAS, foron seleccionados tres, cos que negociará ao longo de xuño e xullo unha oferta vinculante para a venda deste departamento, que NCG xa anunciara que externalizaría.

Así, concluída a primeira parte do proceso para desprenderse desta especie de banco malo creado por Novagalicia, son tres os interesados. Aínda que a entidade non concreta quen se interesaron por facerse coa UGAS, o xornal económico 'Expansión' citan á empresa norueguesa Lindorff e á xestora estadounidense Fortress. Ademais, apunta que entre as propostas que se descartaron están as de EOS, GFLK, Deutsche Bank, IBM, WLRoss e Centerbridge.

Máis de 10.000 persoas se matriculan nas probas de selectividade de Galicia, que comezan o 12 de xuño
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 (EUROPA PRESS)

Un total de 10.408 persoas matriculáronse nas probas de acceso á universidade da comunidade galega, que se celebrarán entre os días 12 e o 14 deste mes de xuño.

Así se desprende dos datos facilitados por ao Comisión interuniversitaria de Galicia (CIUG), que o ano pasado rexistrara unha participación similar.

Os exames comezarán o mércores 12 con Lingua Castelá e Literatura, Historia de España, Historia da Filosofía, Lingua Galega e Literatura, e Lingua Estranxeira.

Ao día seguinte serán as probas de Matemáticas II, Grego II, Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica, Ciencias da Terra e ambientais, Literatura Universal, Deseño, Química, Latín II, Debuxo Artístico II, Bioloxía, Historia da Arte, Electrotecnica, Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais e Artes escénicas.

Finalmente, a última xornada acollerá os exames de Física, Xeografía, Análise Musical II, Tecnoloxía Industrial II, Economía da Empresa, Debuxo Técnico II e Historia da Música e da Danza.