Galixfera.com el portal gallego de información y servicios

El mayor directorio gallego de empresas y profesionales. Direcciones, teléfonos...

Alimentación Animales Arte y cultura Artes gráficas
Asesorías y laboral Asociaciones, colegios oficiales y profesionales Automoción Comercio varios
Comercio, banca y finanzas Construcción Deportes Enología
Enseñanza Espectáculos y eventos Establecimientos hoteleros Estética y belleza
Flores y plantas Hogar y muebles Imagen y sonido Industria
Ingeniería Inmobiliaria Instalaciones y mantenimientos Joyería y relojería
Justicia y servicios legales Maquinaria Náutica y servicios navales Ocio
Publicidad, márketing y medios Religión y servicios funerarios Restaurantes y hostelería Salud
Seguridad y vigilancia Seguros y mutuas Servicios a empresas Servicios hogar
Servicios sociales Servicios y suministros Tecnología y comunicaciones Textil y complementos
Transportes y logística Turismo Viajes

Noticias publicadas:
Luz verde á fusión de Oza e Cesuras, que deixa o mapa municipal galego con 314 concellos
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

O Goberno galego aprobou este xoves a fusión legal dos concellos coruñeses de Oza dos Ríos e Cesuras, que dará lugar ao nacemento de Oza-Cesuras e deixará o mapa territorial da comunidade cun total de 314 municipios. Tras superar o trámite do Consello Consultivo, a Xunta comunicará a decisión ao Executivo central e a unión farase efectiva tras a súa publicación no boletíns oficiais provincial, autonómico e estatal.

"A fusión de Oza e Cesuras é unha medida histórica", proclamou o presidente Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que manifestou que o paso "valente" dado por ambos os dous municipios permitirá que Galicia se sitúe "á cabeza" dun camiño que, ao seu entender, debe marcar a reforma local. Non en van, entende que esta debe ir pola "fusión legal" de municipios e a "cooperación necesaria" dos que non opten por esta vía.

A xeito de argumento, Feijóo esgrimiu que tanto en España coma en Galicia hai "un número excesivo" de concellos e remarcou que o seu Goberno proporcionará "apoio político" a todos os que decidan unirse e cooperar, ademais de darlles "prioridade" en investimentos e subvencións públicas. Ademais, admitiu que en Galicia se está "traballando" en novos proxectos de fusión, aínda que evitou concretar en qué concellos posto que facelo "corresponde aos alcaldes".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

O BNG ve en Caballero "un alumno avantaxado" do ministro De Guindos polo seu plan de amortización de débeda
VIGO, 6 (EUROPA PRESS)

O Grupo Municipal do BNG confirmou este xoves en rolda de prensa que votará negativamente a amortización de débeda prevista polo goberno municipal cando se someta a aprobación definitiva, e criticou o alcalde, Abel Caballero, por "aplicar as políticas do PP" como "un alumno avantaxado" do ministro De Guindos.

Así afirmouno a voceira nacionalista, Iolanda Veloso, quen volveu criticar o acordo nacional entre PSOE e PP sobre o teito de gasto, o que impide que os remanentes de tesouraría se poidan dedicar a outra cousa que non sexa amortización de créditos. "Parece que queren que as administracións públicas non teñan diñeiro, e que se lle dea liquidez aos bancos", lamentou.

Veloso tamén criticou o alcalde porque, segundo sinalou, "aproba uns presupostos que logo non lle valen, e asina créditos que pouco despois quere amortizar". O PP tamén foi obxecto de crítica pola súa parte, xa que condicionan o seu apoio á rebaixa de impostos, é dicir, "pon condicións para aplicar as súas propias leis" e pide "o contrario" do que aplica no Goberno e na Xunta.

Por outra parte, a voceiro do BNG instou a Caballero a que "convoque canto antes" as axudas previstas no presuposto para as familias sen recursos, en lugar de "facer concentracións amenizadas con orquestras", "dar bandazos" nos seus posicionamentos, e de insultar "como lle dá a gana".

Veloso recordou que o goberno de Caballero "está en minoría", aínda que tamén precisou que o seu grupo non permitirá que o PP goberne a cidade. "Temos claro que imos seguir na oposición", apuntou, a preguntas dos medios sobre un posible cambio na liña de actuación do BNG, aínda que recoñeceu que "ao alcalde, cada vez lle gustan menos os acordos e os consensos".