Galixfera.com el portal gallego de información y servicios

El mayor directorio gallego de empresas y profesionales. Direcciones, teléfonos...

Alimentación Animales Arte y cultura Artes gráficas
Asesorías y laboral Asociaciones, colegios oficiales y profesionales Automoción Comercio varios
Comercio, banca y finanzas Construcción Deportes Enología
Enseñanza Espectáculos y eventos Establecimientos hoteleros Estética y belleza
Flores y plantas Hogar y muebles Imagen y sonido Industria
Ingeniería Inmobiliaria Instalaciones y mantenimientos Joyería y relojería
Justicia y servicios legales Maquinaria Náutica y servicios navales Ocio
Publicidad, márketing y medios Religión y servicios funerarios Restaurantes y hostelería Salud
Seguridad y vigilancia Seguros y mutuas Servicios a empresas Servicios hogar
Servicios sociales Servicios y suministros Tecnología y comunicaciones Textil y complementos
Transportes y logística Turismo Viajes
LO MÁS LEIDO

Arias Mosquera avisa de que no habrá nuevo modelo productivo sin cambiar el educativo y pide un pacto por la educación
Espera "en plazo breve" elevar "sustancialmente" la acción de la Barrié gracias al "aumento de la rentabilidad" de la participación en el Popular Calcula "un máximo de dos años" para concluir la restauración del Pórtico de la Gloria, eliminando antes "las humedades de la fachada"
El Ayuntamiento de A Coruña insiste en ser 'prudentes' tras la imputación del primer teniente de alcalde
El concejal de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras en el Ayuntamiento de A Coruña, Martín Fernández Prado, ha vuelto a insistir en la necesidad de ser "prudentes" ante las últimas imputaciones que se han conocido de la 'Operación Pokémon' en la ciudad herculina, entre los que se encuentra el primer teniente de alcalde del Ayuntamiento y portavoz local, Julio Flores.
Seis de los diez modelos más vendidos en 2013 en el mercado nacional son 'made in Spain', uno de ellos fabricado en Vigo
Seis de los diez modelos más vendidos en el mercado nacional durante el pasado ejercicio se fabrican en plantas de producción instaladas en España, uno de ellos en Vigo, según datos de las asociaciones de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) y vendedores (Ganvam).
El grupo Primal Scream cerrará el 31 de julio en Santiago las Fiestas del Apóstol
El grupo escocés Primal Scream actuará el próximo 31 de julio en Santiago de Compostela después de ofrecer sus conciertos en festivales de gran relevancia internacional como Glastonbury y el FIB (Benicassim). Cerrarán así el calendario de eventos relacionados con las Fiestas del Apóstol de la capital gallega.
Detenido un individuo e incautadas 362 plantas de marihuana en una vivienda en Vilanova de Arousa (Pontevedra)
La Guardia Civil se ha incautado de 362 plantas de marihuana en una vivienda en la localidad pontevedresa de Arousa y ha detenido al cuidador y único ocupante del domicilio donde han sido halladas.

Noticias publicadas:
A Universidade de Santiago de Compostela ofertará 48 graos e 75 másteres para o próximo curso
Casares Long destaca que a oferta da USC para o curso 2013-2014 "é completa e equilibrada"

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) ofrece para o próximo curso un total de 48 títulos de grao --33 en Santiago e 15 en Lugo--, 75 másteres oficiais e 49 programas de doutorado. Ademais, nela poderanse cursar dúas titulacións propias, os Diplomas Superiores en Criminoloxía e en Xestión Hoteleira. A maiores haberá 20 curso ponte para nove graos na capital galega e 11 en Lugo.

"A oferta da USC para o próximo curso é completa e equilibrada", asegurou o reitor da universidade compostelana, Juan Casares Long, nunha rolda de prensa na que detallou que, por áreas de coñecemento, a universidade conta para o próximo curso con nove graos en ciencias da saúde, catro en ciencias experimentais, 17 en ciencias sociais e xurídicas, oito en enxeñaría e arquitectura e 10 en artes e humanidades.

A implantación de graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior comezou na USC no curso 2008-2009 con Ciencias Políticas e da Administración e Matemáticas e "foise realizando de xeito progresivo ata o 2010-2011, no que xa se ofertó a totalidade", recordou o reitor.

Pola súa banda, a oferta de másteres oficiais da USC será de 75 -- tres menos que no curso 2012-2013--, que abranguen todas as áreas do coñecemento con perfís académico, profesional ou investigador. Así, os 15 son títulos de ciencias; 13 de ciencias da saúde; 27 de ciencias sociais e xurídica; 10 de enxeñaría e arquitectura; e 10 de artes e humanidades.

A este respecto, Casares Long explicou os nomes de moitas destas titulacións cambiáronse como consecuencia da modificación de másteres existentes previamente para adaptalos ás "necesidades dos alumnos e aos novos plans de estudio". Así mesmo, destacou a oferta do máster en Psicoloxía da Saúde, despois de que o Consello de Ministros aprobase establecer esta titulación con competencias profesionais de psicólogo xeral sanitario.

DOUTORADO

Ademais, na súa intervención, o reitor explicou que no próximo curso a USC ofertará 49 programas de doctoramiento. "Hai unha redución sensible nestes programas, como consecuencia do tremendo esforzo realizado pola comunidade universitaria para adecuar a oferta ás titulacións de grao que ata agora se adecuaba ás licenciaturas e ás enxeñarías", sinalou.

En concreto, para organizar os seus 49 programas de doctoramiento adaptados á nova normativa, a USC creou a Escola de Doutoramento internacional, que na actualidade se estrutura en tres ámbitos temáticos: ciencias biomédicas e tecnoloxías da saúde --13 programas--, ciencias experimentais e tecnolóxicas --18--, e ciencias sociais, xurídicas e humanidades --18--. Destes, 33 son exclusivos da USC e os restantes 16 impártense en colaboración con outras universidades.

ALUMNADO MATRICULADO

Segundo apuntou Casares Long, no curso que remata a USC contou con 27.344 estudantes, a maioría deles --16.724-- en graos e outros 8.147 en licenciaturas e enxeñarías. En másteres contabilizáronse 1.705 e 737 en titulacións propia. En porcentaxes totais, o 63,5 por cento son mulleres, proporción que aumenta en Santiago con respecto a Lugo.

O curso 2013-2014 arrancará o día 6 de setembro e o primeiro trimestre estenderase ata o 20 de decembro. O segundo abranguerá do 28 de xaneiro o 13 de maio de 2014. Os exames desenvolveranse do 8 ao 24 de xaneiro e do 14 ao 31 de maio. Ademais, haberá unha segunda oportunidade avaliadora do 24 de xuño ao 12 de xullo.

Vence incide nos argumentos de BNG e PP en Ourense son diferentes e insiste ao PSOE que resolva o "desgoberno"
Afirma que "de ningunha das maneiras" o BNG "vai contribuír ao control total e absoluto do PP" na provincia

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, incidiu en que os argumentos dos nacionalistas para a reprobación do alcalde de Ourense, Agustín Hernández, non son os mesmos que inspiran aos populares, e insistiu, así mesmo, en que o PSOE debe resolver o "desgoberno" interno.

Preguntado en rolda de prensa polo debate da reprobación ao rexedor ourensano que terá lugar este venres, o líder nacionalista avisou de que o BNG "non vai ser cómplice en absoluto do desgoberno" na capital ourensana, pero tampouco iso pasa por "ningún apoio ao PP, que sería sen dúbida moito peor que o desgoberno que hai".

Neste sentido, advertiu de que "de ningunha das maneiras" o BNG "vai contribuír ao control total e absoluto do PP" na provincia, na que puxo de exemplo a Deputación de Ourense como xestión que desaproba.

Xavier Vence fixo fincapé en que o BNG non está no goberno municipal, que precisamente abandonou cando saltou a 'Operación Pokémon' e o anterior alcalde, Francisco Rodríguez, foi detido. Así, sinalou que o goberno da cidade "depende única e exclusivamente do Partido Socialista, que ten que resolver o problema de desgoberno polas dificultades de coordinación interna e (cumprir) cos compromisos adquiridos cos demais grupos e a cidadanía".

Deste xeito, expresou que o BNG "non vai apoiar ningunha iniciativa do Partido Popular", senón que argumentou que o que fará esta formación é "posicionarse e falar de como está a ir o goberno ou o desgoberno de Ourense". Con todo, os nacionalistas si anunciaron que votarán a favor da reprobación do alcalde, ao respecto de Vénce incidiu na diferenciación das razóns que motivan a un e outro grupo municipal subliñando que o BNG se posicionará "cos seus argumentos".

ESPERA QUE O PSOE RECONDUCA A SITUACIÓN

Xavier Vence tamén manifestou que espera que o PSOE "sexa capaz de reconducir a situación e faga todos os cambios que a cidade merecer para volver a un bo ton de goberno". "Pero en ningún caso pasa por ningún tipo de apoio ao PP, que sería sen dúbida moito peor que o desgoberno que hai na actualidade", resolveu.

Así as cousas, o voceiro nacional do BNG concluíu que "a responsabilidade está única e exclusivamente nas mans do Partido Socialista" e indicou que o BNG explicará este venres a súa postura ante a marcha do goberno, ao respecto do que ten "muchísimas críticas pola mala xestión dos últimos tempos".