Galixfera.com el portal gallego de información y servicios

Directorio de empresas de galicia

ALFOMBRAS: ESTABLECEMIENTOS
ARREGLOS DE ROPA
ARTÍCULOS PARA BEBÉS
AUTOMÓVILES, TAPICERÍAS
BOLSOS: ESTABLECEMIENTOS
BOLSOS: FABRICANTES Y ALMACENISTAS
BORDADOS
BOTONES
BOUTIQUES DE MUJER
BOUTIQUES
BOUTIQUES DE ROPA JUVENIL
BOUTIQUES INFANTÍS
CALZADO: ARTÍCULOS, FABRICANTES Y ALMACENISTAS
CALZADO ESTABLECIEMIENTOS
CALZADO: FABRICANTES Y ALMACENISTAS
CALZADO INFANTIL, ESTABLECIMIENTOS
CALZADO ORTOPÉDICO
CALZADO: REPARACIÓN Y LIMPIEZA
CAMISERÍAS
CESTERÍAS
COMPLEMENTOS DE VESTIR: ESTABLECIMIENTOS
CONFECCIÓN: TALLERES DE COSTURA
CREMALLERAS
DECORACIÓN TEXTIL
DEPORTES: ARTÍCULOS, FABRICANTES Y ALMACENISTAS
DISFRACES: VENTA Y ALQUILER
EDREDONES
ENCAJES
ESTAMPACIONES TEXTILES
FIBRAS TEXTILES
HILOS E HILADOS TEXTILES
LANAS PARA LABORES: ESTABLECIMIENTOS
GUANTES: ESTABLECIMIENTOS
MALETAS Y ARTÍCULOS DE VIAJE. ESTABLECEMIENTOS
MÁQUINAS DE COSER
MARROQUINERÍA
MERCERÍA: ALMACENISTAS
MERCERÍAS
PARAUGUAS Y BASTONES
PIELES Y CURTIDOS
PELETERÍAS
PELUCAS Y POSTIZOS
RETALES O JIRONES
ROPA DIVERSA: ESTABLECIMIENTOS
ROPA Y ARTÍCULOS PARA PREMAMÁ Y BEBÉS: ESTABLECIMIENTOS
ROPA INFANTIL: ESTABLECIMIENTOS
ROPA PARA HOMBRE: ESTABLECIMIENTOS
ROPA PARA MUJER Y HOMBRE: ESTABLECIMIENTOS
ROPA PARA MUJER: ESTABLECIMIENTOS
ROPA PARA MUJER: FABRICANTES Y ALMACENISTAS
ROPA PARA EL HOGAR: ESTABLECIMIENTOS
ROPA PARA EL HOGAR: FABRICANTES Y ALMACENISTAS
ROPA PARA TRABAJO: ESTABLECIMIENTOS
ROPA PARA TRABAJO: FABRICANTES Y ALMACENISTAS
ROPA VAQUERA: ESTABLECIMIENTOS
SEX-SHOPS
SUELAS
SOMBREROS Y GORRAS
TEJIDOS: ESTABLICIEMENTOS
TEJIDOS: FABRICANTES Y ALMACENISTAS
TEXTILES: MÁQUINAS Y EQUIPAMIENTOS
TINTORERÍAS
TRAJES DE NOVIA: ESTABLECIMIENTOS
UNIFORMES
SASTRERÍAS
GÉNEROS DE PUNTO: ESTABLECIMIENTOS
LENCERÍAS Y CORSETERÍAS
ALFOMBRAS, MOQUETAS Y TAPICERÍAS: LIMPIEZA
BISUTERÍA: ESTABLECIMIENTOS
DEPORTES: NUTRICIÓN Y COMPLEMENTOS

El mayor directorio gallego de empresas y profesionales. Direcciones, teléfonos...

Alimentación Animales Arte y cultura Artes gráficas
Asesorías y laboral Asociaciones, colegios oficiales y profesionales Automoción Comercio varios
Comercio, banca y finanzas Construcción Deportes Enología
Enseñanza Espectáculos y eventos Establecimientos hoteleros Estética y belleza
Flores y plantas Hogar y muebles Imagen y sonido Industria
Ingeniería Inmobiliaria Instalaciones y mantenimientos Joyería y relojería
Justicia y servicios legales Maquinaria Náutica y servicios navales Ocio
Publicidad, márketing y medios Religión y servicios funerarios Restaurantes y hostelería Salud
Seguridad y vigilancia Seguros y mutuas Servicios a empresas Servicios hogar
Servicios sociales Servicios y suministros Tecnología y comunicaciones Textil y complementos
Transportes y logística Turismo Viajes
LO MÁS LEIDO

El abogado de la madre de Asunta la visitará esta tarde en prisión para formalizar su renuncia
El abogado de la madre de la niña hallada sin vida el pasado día 22 de septiembre en Santiago, Juan Guillán, acudirá esta misma tarde a visitar a Rosario P.O. a prisión para formalizar su renuncia a seguir con el caso.
Detenida una mujer por hurtos en tres perfumerías de A Coruña y un joven de A Estrada acusado de robar en un alpendre
La Policía Nacional ha detenido a una mujer como presunta autora de varios hurtos en tres perfumerías de una misma cadena en A Coruña y a un joven vecino de A Estrada acusado de un delito de robo con fuerza en un alpendre del citado municipio.
Popular vende la gestión del negocio inmobiliario a Värde Partners y Kennedy Wilson por unos 800 millones
Banco Popular ha alcanzado un principio de acuerdo con Värde Partners y Kennedy Wilson para la venta de la gestión de su negocio inmobiliario por aproximadamente 800 millones de euros.
El BNG pregunta en el Parlamento gallego por la exposición sobre Teresa de Calcuta en la sede viguesa de la Xunta
El BNG ha presentado este viernes en el Parlamento de Galicia una pregunta sobre la exposición que podrá verse en la sede viguesa de la Xunta hasta el próximo 31 de enero, y que repasa la vida de Teresa de Calcuta, para conocer el coste de organizar esta muestra para las arcas públicas y la razón por la que se hace en un edificio de la administración.
El Igape impulsará la movilización de 12 millones de euros para facilitar el acceso a liquidez a 500 pymes gallegas
La Consellería de Economía e Industria, a través del Igape, impulsará la movilización de 12 millones de euros para facilitar el acceso a liquidez a las pymes gallegas mediante el programa ReSolve, en colaboración con las sociedades de garantía recíproca y varias entidades financieras. El programa prevé beneficiar a unas 500 pymes.

Noticias publicadas:
Cañete nega redución de medios na loita contra os incendios e espera que esta campaña sexa "máis tranquila"
Anuncia un acordo para que a BRIF con base en Laza (Ourense) realice labores de prevención durante máis tempo durante o ano

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

O ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, negou que este ano o Goberno achegue menos medios ao operativo da loita contra os incendios forestais e, ademais, esperou que esta campaña sexa "máis tranquila" en comparación coa do ano pasado, cando concorreron "os peores factores" en canto a temperaturas, sequidade, grao de humidade e vento.

Preguntado polos xornalistas antes de clausurar un congreso sobre pesca en Compostela, Arias Cañete reivindicou que o Executivo "mantivo" a súa achega no dispositivo contra o lume "malia as dificultades presupostarias".

Hai, segundo dixo "as mesmas cantidades para combater os incendios forestais e asistir as comunidades autónomas" posto que non se acometeu "ningunha redución presupostaria".

Ademais, o ministro defendeu que durante o inverno se desenvolveron traballos de prevención "en todas as provincias galegas". Ao respecto, avanzou que "se chegou a un acordo" para que a brigada de reforzo de incendios forestais (BRIF) con base en Laza (Ourense) incremente "os tempos de traballo ao longo do ano para estes temas".

En canto a medios aéreos, o titular de Agricultura asegurou que haberá "o despregamento habitual" de hidroavións, e citou os que teñen base en Xinzo de Limia (Ourense) e Lavacolla, en Santiago. "Á marxe de que todos os hidroavións da flota do Estado están a disposición de todas as comunidades autónomas cando fose necesario", puntualizou.

En 2012, de feito, "houbo momentos en que nalgún incendio forestal se concentraron nove medios aéreos", recordou. Así as cousas, o dispositivo, segundo subliñou o dirixente, "está en marcha".

"MÁIS TRANQUILO"

"Esperemos que este ano sexa un ano máis tranquilo que o ano pasado, en que a conxunción de todos os peores factores que poden concorrer nun lume -- altas temperaturas, vento e un chan moi seco pola seca e moi baixa humidade -- levaron a que os incendios fosen difíciles de combater", apuntou.

E é que malia o "esforzo que fixeron" as BRIF, a UME, Protección Civil, as comunidades e o Goberno, que valorou Cañete, "queimáronse demasiadas hectáreas". Neste escenario, o ministro felicitouse por que "ata agora se tivo sorte" e "ata xuño non houbo incendios importantes". "Polo tanto, espero que sexa unha campaña máis tranquila. Pero o dispositivo está preparado", finalizou.

Detidos seis individuos relacionados con 42 roubos en domicilios en Santiago
A Policía interveu todo tipo de xoias de ouro, 11.300 euros en efectivo e tres armas de fogo

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

Axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Santiago de Compostela detiveron nos últimos días seis individuos aos que se lles imputan 42 roubos en vivendas da capital galega.

Segundo informa a Policía, o pasado mes de xaneiro recibiuse unha primeira denuncia de roubo nun domicilio. A esta seguíronlle outras tantas co mesmo 'modus operandi' que consistía en que os ladróns entraban en casas nas que nese momento non había ninguén, mediante o método do "esvarón", é dicir, a apertura da porta de entrada aos domicilios eféctuase con algún obxecto plástico duro que se introduce á altura da rañura da porta e, con habilidade, fai comprimir o ferrollo, aproveitando que os moradores non daban unha volta de chave ao fecho.

Os ladróns entraban a roubar, xeralmente, en pisos de estudantes. Estas vivendas en réxime de aluguer, segundo indica a Policía, son accesibles porque os moradores non adoitan pechar con chave os inmobles, limitándose a tirar da porta ata o seu peche quedando suxeita unicamente co picaporte do fecho.

Os asaltantes aproveitaban, ademais, que os estudantes se adoitan desprazar durante as fins de semana ao seu domicilios familiares fóra da capital compostelana. Tamén adoitaban aproveitarse en franxas horarias nocturnas dos xoves que é cando os estudantes saen pola noite.

APARATOS

Os elementos que subtraían estas persoas eran na súa maioría aparatos electrónicos, aínda que tamén se apoderaban das "poucas cantidades de diñeiro", segundo relata a Policía, que os estudantes deixaban nas vivendas.

Estes inmobles obxecto destes roubos, na súa maioría, están situados na zona do Ensanche compostelano, aínda que tamén actuaron noutros puntos da cidade.

Os detidos cometían os roubos de xeito organizado, perfectamente sincronizados entre si, mentres uns roubaban, outros vixiaban e outros transportaban os efectos para posteriormente darlles saída no mercado negro.

Nalgunha ocasión, os ladróns chegaron a entrar en domicilios nos que se atopaban os inquilinos no seu interior, polo que, poñendo a escusa de confundirse, pechaban a porta e se ían do lugar a toda présa.

Os investigadores, culminando as indagacións levadas a cabo, realizaron nos últimos días tres rexistros nos domicilios dos detidos, dous en Santiago e outro en Ames, onde acharon grande cantidade de efectos de todo tipo, como televisores, DVDs, ordenadores portátiles, cámaras dixitais, discos duros, videoconsolas, teléfonos móbiles, tablets, reloxos, todo tipo de xoias de ouro e 11.300 euros en efectivo.

Ademais, nun deses rexistros, a Policía incautouse de tres armas de fogo en perfecto estado de funcionamento, unha delas co número de serie borrado. Tamén se interviñeron cargadores e diversa munición.

ANTECEDENTES

Os detidos, de idades comprendidas entre os 28 e 38 anos e residentes en Santiago Compostela e Ames, contan con diversos antecedentes por feitos similares. Pasarán o venres a disposición do Xulgado de Instrución número 3, en funcións de garda.

A Policía segue coa investigación aberta para poder coñecer o paradoiro doutros obxectos que foron subtraídos e non recuperado ata a data, así como a orixe das pistolas intervidas "por se as mesmas puidesen estar involucradas noutro ilícito penal", precisan as mesmas fontes policiais.

O Corpo Nacional de Policía aconsella os cidadáns que, antes de abandonar os seus domicilios, comproben que as portas e ventás están ben pechadas e, polo menos, cunha volta de chave.