Galixfera.com el portal gallego de información y servicios

El mayor directorio gallego de empresas y profesionales. Direcciones, teléfonos...

Alimentación Animales Arte y cultura Artes gráficas
Asesorías y laboral Asociaciones, colegios oficiales y profesionales Automoción Comercio varios
Comercio, banca y finanzas Construcción Deportes Enología
Enseñanza Espectáculos y eventos Establecimientos hoteleros Estética y belleza
Flores y plantas Hogar y muebles Imagen y sonido Industria
Ingeniería Inmobiliaria Instalaciones y mantenimientos Joyería y relojería
Justicia y servicios legales Maquinaria Náutica y servicios navales Ocio
Publicidad, márketing y medios Religión y servicios funerarios Restaurantes y hostelería Salud
Seguridad y vigilancia Seguros y mutuas Servicios a empresas Servicios hogar
Servicios sociales Servicios y suministros Tecnología y comunicaciones Textil y complementos
Transportes y logística Turismo Viajes
LO MÁS LEIDO

Conde Roa espera sentenza tras ser xulgado por suposto fraude fiscal e recorrerá se a resolución non é 'favorable'
O exacalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, atópase á espera de sentenza tras celebrarse o pasado venres na capital galega o seu xuízo por suposto fraude fiscal ao non aboar 291.000 euros do IVE pola venda de 61 vivendas en 2010 que fixo a promotora da que era administrador.
El BNG dice que la actitud del PP 'causa vergüenza ajena' y que 'la única salida' es derogar el decreto del gallego
La diputada del BNG Ana Pontón ha afirmado que la actitud del Partido Popular al frente de la Xunta de Galicia en relación con las sentencias que anulan parte de dos artículos del decreto el plurilingüismo en la enseñanza "causa vergüenza ajena".
Los precios industriales caen un 0,4% en Galicia en septiembre
Los precios industriales han caído un 0,4% en Galicia en septiembre, en relación con el mes anterior, y registran una bajada del 1,5% en la comparación interanual, de acuerdo con los datos difundidos este viernes por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
El BNG exige a TVE que no emita corridas de toros en horario infantil, pues 'vulnera' la Ley de Comunicación Audiovisual
La portavoz del BNG en el Congreso, Olaia Fernández Davila, ha exigido a TVE que "retroceda" en la decisión de emitir corridas de toros en la franja horaria de programación infantil ya que "vulnera" la Ley de Comunicación Audiovisual.
Besteiro avisa de que la Diputación de Lugo no será 'hombre de negro' del Gobierno, como pretende la reforma local
Confronta su gestión con la de la Xunta entre críticas de Balseiro por "discriminar" al PP y de AGE sobre la "televisión" de la Diputación

Noticias publicadas:
Tres clusters de enerxías renovables únense para colaborar e reclaman á Xunta manter a aposta por estas fontes
O Goberno galego asegura que as renovables son unha "prioridade"

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 (EUROPA PRESS)

Os clusters de Xeotermia, Autoconsumo Enerxético e Enerxías Renovables de Galicia formalizaron este mércores un acordo para colaborar e aproveitar "sinerxías", nun acto no que reclamaron á Xunta que aposte por este tipo de fontes.

O presidente da agrupación de xeotermia, Manuel López, destacou que o acordo colaboración entre os tres clusters lles permitirá "rentabilizar" as súas accións e colaborar, dado que comparten obxectivos. Cooperarán en ámbitos como as accións de comunicación, colaboración entre asociados, interlocución coa Xunta ou exportación.

Manuel López protestou pola "discriminación" que ao seu xuízo se fai con este tipo de fonte de enerxía, dado que foi excluída nas últimas dúas convocatorias de subvencións autonómicas.

En declaracións a Europa Press antes de participar no acto, López dixo que trasladan as súas reivindicacións "constantemente" á Xunta e indicou que as empresas de enerxías renovables piden que o Goberno galego "siga apostando" por elas e pola eficiencia enerxética. "Somos un sector que pode achegar moito nese sentido, en emprego, en eficiencia enerxética, en aforro e, en definitiva, á economía. É dos poucos sectores que teñen un futuro claro", asegurou.

Así, considerou que as políticas das administracións neste sentido son "xeralmente correctas", pero "nalgún caso", como o da propia xeotermia, se produciu unha "discriminación". "Sentímonos prexudicados porque nas últimas subvencións ás enerxías renovables se nos excluíu --á xeotermia--. Non entendemos por que, pero isto foi así", protestou.

Ademais, incidiu en que esta é "a única" enerxía "excluída" e considerou que "non hai escusa nin xustificación que ampare o que se está a facer coa xeotermia". "Para nós non hai unha explicación coherente", sinalou e indicou que, polo tanto, unha das súas peticións é que se volvan conceder subvencións para estas instalacións.

A falta de axudas, subliñou, disuadiu familias e empresas interesadas na tecnoloxía de apostar por esta enerxía. Nas convocatorias anteriores, nas que si se incluíu a xeotermia, recorrían ás subvencións autonómicas entre o 40% e o 50% dos clientes que fixeran este tipo de instalacións.

O sector, en calquera caso, "vai ben, pero non deixa de estar afectado pola crise", dixo López, que explicou que a eliminación das axudas se uniu ao contexto de recesión e levaron a que as empresas do cluster viran baixar "considerablemente" o seu volume de facturación. Ningunha das asociadas pechou, pero si se aplicaron expedientes de regulación de emprego e producíronse despedimentos, explicou

Non obstante, o presidente de Acluxega confía en que o acordo asinado cos outros dous cluster permita detectar novas oportunidades de negocio. "Estamos convencidos de que os empresarios, independentemente das axudas, dependemos de nostros mesmos e os esforzos en colaboración darán os seus froitos", afirmou.

FORTALECER O SECTOR

Pola súa parte, o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Anxo Bernardo Tahoces, que acudiu ao acto, indicou que a Xunta aposta pola "cooperación entre cluster galegos como a mellor forma posible para que aproveiten as súas sinerxías". Así, asegurou que o acordo deste mércores "servirá como basee para un traballo en común" que leve a "fortalecer o sector galego da enerxía".

O pacto, dixo, inclúe medidas para facilitar a cooperación entre as tres agrupacións en aspectos como a vixilancia tecnolóxica, a internacionalización ou a incorporación de I+D+i ás empresas e entidades representadas.

Ademais, o director xeral dixo que o fomento das enerxías renovables é "unha das prioridades" do Goberno galego, motivo polo cal se desenvolven cada ano diferentes programas de impulso a estas fontes.

Un 'tribunal' montado pola CIG obriga a retirar a Lomce e condena a Wert e Vázquez a "abandonar" o sistema educativo
A resolución da 'xuíza' baséase no seu "odio" á lingua e cultura galegas e na súa "entrega" ao Opus Dei

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 (EUROPA PRESS)

O ministro de Educación, José Ignacio Wert, e o conselleiro do ramo, Jesús Vázquez Abad, 'foron condenados' este mércores por un 'tribunal' recreado pola CIG nun acto de protesta a retirar a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce) e a "abandonar" o sistema educativo.

No seu veredicto, a 'xuíza', a profesora Dores Fernández, estimou as acusacións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e "condenou" ao ministro e ao conselleiro a "apartarse dos labores de goberno" ante o seu "manifesta incapacidade", as súas "agresións" á educación pública, o seu "odio" á lingua e cultura galegas e a súa "entrega" ao Opus Dei.

Así mesmo, ante as dependencias da Xunta en San Caetano, esta simulada 'maxistrada' condenou a ambos os dous dirixentes políticos a "defender un ensino público galega, laica e democrática", a "defender as plenas competencias educativas" de Galicia, a "restituír todos os dereitos laborais e profesionais recortados ao profesorado", a "dotar aos centros de máis profesorado" e a reducir a ratio de alumnos por aula.

A maiores, tras constatar que a Lomce "pretende acabar co ensino público, convertela nun negocio e privatizala", a titular deste improvisado 'xulgado' impuxo a obriga de que se "redacte e negocie" unha Lei do sistema educativo galego, a volta ao Plan Xeral de Normalización Lingüística e que o presuposto público para educación alcance "o sete por cento" do Produto Interior Bruto (PIB).

E é que, segundo o seu criterio, a Lomce suporía "eliminar a educación en galego para españolizar todo o currículo" e "reforzar a confesionalidade", dado o peso que se confire á materia de Relixión. "É un atentado contra a sociedade galega", resumiu, en declaracións aos medios, Doures Vázquez.

"SUPRIMIR O ENSINO EN GALEGO A POQUITOS"

Esta resolución foi lida publicamente despois de escoitadas as 'partes'. De feito, ante o tribunal non só compareceron a mencionada Plataforma "en nome do profesorado, os pais e o alumnado galegos", senón tamén o "presidente da patronal" do ensino privado, un cardeal figurado e dous cabezudos que daban vida a Wert e Vázquez.

A quenda de declaracións comezou co conselleiro, quen explicou que o Goberno estatal conta con todo o seu "apoio" para "eliminar o galego". "Temos que lavarlle a cabeza á xente para que se convenza de que o galego non vale para nada", argumentou, antes de resaltar que, pola súa banda, xa foi adiantando normas para "suprimir o ensino en galego, así, a poquitos".

"Españolícenos totalmente, que é o que necesitamos", lanzou a un Wert que, tras fundirse nun abrazo con el e entoar un 'españolizar, españolizar, é o que nos gusta ao Partido Popular', presentouse ante a 'maxistrada' como "un touro bravo que se crece co castigo".

O finxido cardeal aproveitou a súa quenda para agradecer o "empeño" posto polo Goberno para que se poida "rezar na escola", "adoutrinar" os alumnos e construír "mulleres obedientes, guiadas polos homes polo camiño do recato e a submisión".

Dende o ensino privado, o xefe da patronal mostrouse marabillado pola "capacidade de entrega" de Wert aos seus "intereses", de forma que estas empresas poidan seguir metendo máis diñeiro" nos seus petos". Ante iso, comprometeuse a estar "aí" sempre que o PP "necesite financiar algunha campaña en A, en B ou en C".

VISIÓN DA ACUSACIÓN POPULAR

Fronte a iso, os argumentos da acusación popular chegaron ao unísono das aproximadamente 50 gargantas que congregaron ante a Xunta para censurar a política educativa dos executivos central e autonómico.

Coa fórmula "acuso o ministro" non só se opuxeron a unha lei, a Lomce, "uniformizadora e españolizadora" que persegue o "adoutrinamento", senón que lle recriminaron tamén que "desprece" o traballo docente e que promova "centros de elite" para "seleccionar" o alumnado.

Previamente, o secretario de Educación da CIG, Anxo Louzao, explicara aos xornalistas que o obxectivo desta "parodia" é evidenciar "as bases ideolóxicas" dunha lei "letal" para o ensino e a "actitude totalmente servil" do conselleiro ante o ministro malia a invasión de competencias.

DESPLANTE A WERT

Tamén a profesora que actuou como 'xuíza' neste tribunal público tivo un momento para analizar o desplante público que recibiu onte o ministro, cando varios estudantes que recibían os premios fin de carreira decidiron negarlle o saúdo no acto.

"En determinados momentos, é o que hai que facer, aínda que haxa quen pense que é desconsideración, descortesía ou mala educación,", esgrimiu, convencida de que se trata "dun xesto" para evidenciar "cál é a situación, da educación e en xeneral".

De feito, referiu que eses estudantes "brillantes e traballadores" teñen por diante "un futuro moi negro". "Ven que todo o seu esforzo, posiblemente, non valerá para nada, e teñen que facer ver a súa situación", remarcou, antes de apostilar: "eu aplaudo ese xesto".