Galixfera.com el portal gallego de información y servicios

El mayor directorio gallego de empresas y profesionales. Direcciones, teléfonos...

Alimentación Animales Arte y cultura Artes gráficas
Asesorías y laboral Asociaciones, colegios oficiales y profesionales Automoción Comercio varios
Comercio, banca y finanzas Construcción Deportes Enología
Enseñanza Espectáculos y eventos Establecimientos hoteleros Estética y belleza
Flores y plantas Hogar y muebles Imagen y sonido Industria
Ingeniería Inmobiliaria Instalaciones y mantenimientos Joyería y relojería
Justicia y servicios legales Maquinaria Náutica y servicios navales Ocio
Publicidad, márketing y medios Religión y servicios funerarios Restaurantes y hostelería Salud
Seguridad y vigilancia Seguros y mutuas Servicios a empresas Servicios hogar
Servicios sociales Servicios y suministros Tecnología y comunicaciones Textil y complementos
Transportes y logística Turismo Viajes

Noticias publicadas:
O príncipe herdeiro de Xapón visitará o 15 de xuño Santiago de Compostela
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

A súa Alteza Imperial o príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, chegará a Galicia o sábado 15 de xuño para visitar a cidade de Santiago de Compostela.

A presenza na Comunidade galega do príncipe herdeiro de Xapón enmárcase dentro da súa viaxe a España, que se encadra no calendario de actos do Ano Dual España-Xapón.

Ambos os dous países queren con estes actos, segundo sinala a Delegación do Goberno, afondar no coñecemento mutuo aproveitando que este ano se cumpre o 400 aniversario do establecemento das relacións bilaterais entre os dous países.

Recentemente un grupo de militares e representantes protocolarios de Xapón visitaron as instalacións aeroportuarias de Santiago de Compostela para comprobar que cumprían os requisitos de seguridade ante visita do herdeiro do trono nipón.

Salvamento remolca a Camariñas (A Coruña) un pesqueiro con tres tripulantes tras rexistrar un fallo no motor
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

Unha embarcación de Salvamento Marítimo remolcou ao porto coruñés de Camariñas a un pesqueiro con tres tripulantes tras rexistrar un fallo no motor.

Segundo informaron a Europa Press fontes de Salvamento, ás 9.30 horas deste xoves recibiu a chamada do pesqueiro 'Carballo' que pedía asistencia porque quedara sen motor.

O pesqueiro atopábase a unhas cinco millas de Cabo Vilán cando sufriu un fallo no motor, polo que deu aviso a Salvamento Marítimo.

Por iso, foi mobilizada a embarcación 'Salvamar Altair', que localizou e remolcou o pesqueiro ata o porto de Camariñas, onde chegou sobre as 11.30 horas.