Bisutería: Establecimientos en Pontevedra
El mayor directorio gallego de empresas y profesionales. Direcciones, teléfonos...
Noticias publicadas:
María Quintas avoga porque o PSOE da cidade faga "o posible" para que Ourense estea gobernado pola esquerda
O alcalde di que intentou 6 veces, sen resposta, reunirse co BNG e apela á súa autonomía para tomar as decisións oportunas
OURENSE, 6 (EUROPA PRESS)
A secretaria de Organización do PSdeG e membro da executiva provincial socialista ourensana, María Quintas, dixo este xoves que o PSOE "está obrigado en Ourense a facer o posible e necesario para que haxa un entendemento da esquerda, porque esta cidade non necesita que a gobernen uns empregados de Baltar".
Así manifestouno a preguntas dos medios sobre a situación política e de gobernabilidade no Concello, 24 horas antes dun pleno no que o PP pedirá a reprobación do alcalde, o socialista Agustín Fernández, co apoio dos dous votos de Democracia Ourensana e os tres do BNG, tal como anunciaron xa os voceiros, e tras as reiteradas peticións do alcalde ao Bloque para que se sume ao equipo de goberno e as negativas por "comportamento desleal" achacado polos nacionalistas ao rexedor local.
A secretaria de Organización engadiu que "os socialistas nunca, en ningún momento" facilitarán "un goberno do PP" e, no caso de Ourense, dixo que os representantes políticos están obrigados a reunirse, falar, chegar a acordos. "E se é preciso facer unha remodelación, que se faga", concretou.
Manifestou ter claro que non será o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nin o seu partido quen traia a rexeneración democrática "nin os Baltar nin os seus alcaldes os que traerán o desenvolvemento desta provincia, que xa conta con 30.000 parados".
ALCALDE AUTÓNOMO
Pola súa banda, o alcalde visitou con parte do equipo de Goberno socialista o claustro do mosteiro de San Francisco para anunciar que se abrirá a finais de xuño para usos culturais e veciñais, e alí respondeu a preguntas sobre posibles cambios na situación política municipal e á afirmación do secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, de que os socialistas ourensanos moverán ficha.
"O alcalde ten plena autonomía neste ámbito e tomará as decisións máis oportunas e mañá no pleno debaterase todo", explicou Fernández. Ademais, reiterou o convite ao BNG para que se sume ao goberno municipal no traballo de desenvolvemento de "tantos proxectos importantes nos que o BNG participou antes de ser oposición e se non o fan, pois o terán que seguir intentando con mocións", agregou.
Tamén explicou que intentou en seis ocasións reunirse tanto cos responsables locais do BNG coma cos autonómicos, sen obter resposta, e dixo que no escrito que lle pasaron hai un mes, coas condicións para non apoiar a primeira petición de reprobación do PP "se pedía que depurásemos responsabilidades políticas pero non prescindir de persoas".
Así mesmo, afirmou que sexa cual sexa a decisión do pleno do venres, no que está anunciado o apoio á reprobación por parte de todos os concelleiros non socialistas, el seguirá gobernando aínda que estea reprobado e preguntouse: "¿Que se consegue con iso? ¿que solucións achega iso aos problemas dos veciños?".
O rexedor aludiu a proxectos pendentes como o da instalación dun hotel-balneario na cidade, no edificio da antiga prisión como exemplo "de proxectos primordiais para a cidade e decididos co BNG, fronte á proposta do PP que foi tapar as fontes de As Burgas cun edificio produto da especulación salvaxe", detallou.
A resposta a preguntas sobre as esixencias do BNG e sobre actuacións futuras do grupo de goberno en relación á crise de gobernabilidade que se pode presentar, o alcalde dixo que todo se debaterá no pleno.
Falecen dúas persoas en senllos accidentes cun tractor en Malpica (A Coruña) e Bóveda (Lugo)
SANTIAGO / LUGO, 6 (EUROPA PRESS)
Dúas persoas faleceron en senllos accidentes cando se atopaban traballando cun tractor nas localidades coruñesa de Malpica e lucense de Bóveda.
O primeiro dos sinistros tivo lugar ás 13.22 horas deste xoves, no lugar de Barizo, na estrada que vai cara ao faro de Punta Nariga, segundo indicaron a Europa Press fontes do 112.
Os servizos sanitarios indicaron que o home se atopaba "bastante mal" e, posteriormente, o 061 confirmou o falecemento desta persoa.
Foron mobilizados efectivos dos Bombeiros de Carballo, aínda que non foron necesarios os medios de excarceración, de Protección Civil e da Policía Local de Malpica.
EN BÓVEDA
Por outro lado, outra persoa faleceu no lugar de Rubián, no municipio lucense de Bóveda, tras envorcar co tractor que conducía. Foi necesaria a excarceración, posto que quedou atrapado.
Neste caso, un particular avisou sobre as 13.35 horas á Central de Emerxencias do 112 para alertar do acontecido, "asegurando que a persoa atrapada estaba verdadeiramente grave". Foron mobilizados efectivos dos Bombeiros de Sarria e da Garda Civil.