Galixfera.com el portal gallego de información y servicios

El mayor directorio gallego de empresas y profesionales. Direcciones, teléfonos...

Alimentación Animales Arte y cultura Artes gráficas
Asesorías y laboral Asociaciones, colegios oficiales y profesionales Automoción Comercio varios
Comercio, banca y finanzas Construcción Deportes Enología
Enseñanza Espectáculos y eventos Establecimientos hoteleros Estética y belleza
Flores y plantas Hogar y muebles Imagen y sonido Industria
Ingeniería Inmobiliaria Instalaciones y mantenimientos Joyería y relojería
Justicia y servicios legales Maquinaria Náutica y servicios navales Ocio
Publicidad, márketing y medios Religión y servicios funerarios Restaurantes y hostelería Salud
Seguridad y vigilancia Seguros y mutuas Servicios a empresas Servicios hogar
Servicios sociales Servicios y suministros Tecnología y comunicaciones Textil y complementos
Transportes y logística Turismo Viajes

Noticias publicadas:
Vence incide nos argumentos de BNG e PP en Ourense son diferentes e insiste ao PSOE que resolva o "desgoberno"
Afirma que "de ningunha das maneiras" o BNG "vai contribuír ao control total e absoluto do PP" na provincia

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, incidiu en que os argumentos dos nacionalistas para a reprobación do alcalde de Ourense, Agustín Hernández, non son os mesmos que inspiran aos populares, e insistiu, así mesmo, en que o PSOE debe resolver o "desgoberno" interno.

Preguntado en rolda de prensa polo debate da reprobación ao rexedor ourensano que terá lugar este venres, o líder nacionalista avisou de que o BNG "non vai ser cómplice en absoluto do desgoberno" na capital ourensana, pero tampouco iso pasa por "ningún apoio ao PP, que sería sen dúbida moito peor que o desgoberno que hai".

Neste sentido, advertiu de que "de ningunha das maneiras" o BNG "vai contribuír ao control total e absoluto do PP" na provincia, na que puxo de exemplo a Deputación de Ourense como xestión que desaproba.

Xavier Vence fixo fincapé en que o BNG non está no goberno municipal, que precisamente abandonou cando saltou a 'Operación Pokémon' e o anterior alcalde, Francisco Rodríguez, foi detido. Así, sinalou que o goberno da cidade "depende única e exclusivamente do Partido Socialista, que ten que resolver o problema de desgoberno polas dificultades de coordinación interna e (cumprir) cos compromisos adquiridos cos demais grupos e a cidadanía".

Deste xeito, expresou que o BNG "non vai apoiar ningunha iniciativa do Partido Popular", senón que argumentou que o que fará esta formación é "posicionarse e falar de como está a ir o goberno ou o desgoberno de Ourense". Con todo, os nacionalistas si anunciaron que votarán a favor da reprobación do alcalde, ao respecto de Vénce incidiu na diferenciación das razóns que motivan a un e outro grupo municipal subliñando que o BNG se posicionará "cos seus argumentos".

ESPERA QUE O PSOE RECONDUCA A SITUACIÓN

Xavier Vence tamén manifestou que espera que o PSOE "sexa capaz de reconducir a situación e faga todos os cambios que a cidade merecer para volver a un bo ton de goberno". "Pero en ningún caso pasa por ningún tipo de apoio ao PP, que sería sen dúbida moito peor que o desgoberno que hai na actualidade", resolveu.

Así as cousas, o voceiro nacional do BNG concluíu que "a responsabilidade está única e exclusivamente nas mans do Partido Socialista" e indicou que o BNG explicará este venres a súa postura ante a marcha do goberno, ao respecto do que ten "muchísimas críticas pola mala xestión dos últimos tempos".

Luz verde á fusión de Oza e Cesuras, que deixa o mapa municipal galego con 314 concellos
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 (EUROPA PRESS)

O Goberno galego aprobou este xoves a fusión legal dos concellos coruñeses de Oza dos Ríos e Cesuras, que dará lugar ao nacemento de Oza-Cesuras e deixará o mapa territorial da comunidade cun total de 314 municipios. Tras superar o trámite do Consello Consultivo, a Xunta comunicará a decisión ao Executivo central e a unión farase efectiva tras a súa publicación no boletíns oficiais provincial, autonómico e estatal.

"A fusión de Oza e Cesuras é unha medida histórica", proclamou o presidente Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, na que manifestou que o paso "valente" dado por ambos os dous municipios permitirá que Galicia se sitúe "á cabeza" dun camiño que, ao seu entender, debe marcar a reforma local. Non en van, entende que esta debe ir pola "fusión legal" de municipios e a "cooperación necesaria" dos que non opten por esta vía.

A xeito de argumento, Feijóo esgrimiu que tanto en España coma en Galicia hai "un número excesivo" de concellos e remarcou que o seu Goberno proporcionará "apoio político" a todos os que decidan unirse e cooperar, ademais de darlles "prioridade" en investimentos e subvencións públicas. Ademais, admitiu que en Galicia se está "traballando" en novos proxectos de fusión, aínda que evitou concretar en qué concellos posto que facelo "corresponde aos alcaldes".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)